 |
| |
|
LETRAS GALEGAS 2008
CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ
Etnógrafo, historiador.
Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, da ponencia de
Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, etc. É autor de
numerosas publicacións especializadas. Ven de publicar na
Editorial TOXO OUTOS Xosé María Álvarez Blázquez 1915-1985.
|

Xosé María Alvarez Blazquez
(1915-1985)
Poeta, novelista,
erudito, editor...
por Clodio González Pérez
|
 |
I. Tui e Pontevedra: a nenez e a mocidade
Xosé María Alvarez Blazquez nace en Tüi o 4 de febreiro de 1915.
Cursa o bacharelato por libre no Instituto de Pontevedra e
Maxisterio como alumno oficial na Escola Normal da mesma cidade, por
eso no "ínquérito" que lie fai Xosé Filgueira Valverde en 1935 para
a Escolma da lírica galega contemporánea, coa que o Seminario de
Estudos Galegos ía conmemorar o primeiro centenario do nacemento de
Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1937, di:
Vivín sempre en Tui e perto de catro anos en Pontevedra. Os meus
lugares preferidos son tamén Tui e Pontevedra1.
Dende neno senté unha irresistible atracción pola literatura, tanto
é así, que, segundo di no devandito "inquérito", fixen o pirmeiro
[verso] aos 10 anos. Aos 15 dá a coñecer os primeiros en xornais,
aos 17 publica o primeiro poemario castelán: Abril (1932), e xa
traballaba noutro en galego, Arco da vella (1932-1934), que non
chega a saír do prelo e, aínda que publicou algúns poemas
posteriormente, o conxunto orixinal continúa inédito.
Os anos pontevedreses son moi activos: ademáis de estudar, fai
poesía e dirixe xunto co poeta Xoán Vidal Martínez e Antonio Díaz
Herrera a revista Cristal, da que se editan dez números, entre 1932
e 1933, colaborando na mesma 55 escritores e varios artistas
gráficos, entre os que sobresae Federico García Lorca. Pola súa
banda, Xosé María inseriu na mesma dez poemas: sete en castelán e
tres en galego ("O merlo poeta", "Inmensidade" e "Romance do
afiador"), e un curto texto castelán:
O MERLO POETA
Da gorxa
algareira do
merlo aldeán
fuxían as horas
xuntiñas das
mans.
Co-as suas
muiñeiras y-os seus
alalás a todal-as
merlas ia namorar.
N-a ponía d'un
albre do meu
salgueiral morreu o
poeta...
(¡N-o papo nin grau!...) |
|

Xosé María aos 14 anos;
aos 15 publica os primeiros versos,
e aos
17 o primeiro poema-rio: Abril
(Arquivo da familia Alvarez-Cáccamo)
|
Tamén
é na capital do Lérez onde fai os mellores amigos, sendo un dos
principáis Alexandre Bóveda, que en 1930 casa coa súa curmá Amalia
Álvarez Gallego, filia do seu tío e padrino Xerardo Álvarez Limeses.
Moitos anos despois, xa na etapa derradei-ra da vida, dedicaralle unha
emocionada biografía na que recoñece todo canto lie debía ao ourensán,
dende que se afilia ás Mocedades Galeguistas en 1933, ata que o fai
logo no Partido Galeguista, cando xa cumprira os 21 anos. Por consello
seu pronuncia en 1933 o discurso conmemorativo do 88 cabodano dos
fusilamentos de Carral, editado inmediatamente como folleto: Berro en lembranza dos herois de Carral, e publica o primeiro artigo en A Nosa Terra o ano seguinte. Álvarez Blázquez, en Alexandro Bóveda. Apunte biográfico (1982)2, máis que no curmán, fai fincapé na amizade entre ambos os dous, como mestre e alumno:
Conocín a Alexandro Bóveda en Pontevedra, no San
Xoán de 1930, índome a examinar por libre do sexto curso de
Bachillerato. Residía durante aqueles días na casa do meu tío e
padrino Xerardo Álvarez Limeses, pai da miña curmá Amalia Álvarez
Gallego, noiva de Alexandro. Os dous eran membros da Coral
Polifónica de Pontevedra que dirixía Antonio Blanco Porto e prá que
pintara Castelao uns belidos decorados con motivos de vitráis e
rosetóns góticos.3
|
|

Xosé María Älvarez Blázquez, 1935
( Arquivo Histórico Universitario, Santiago de
Compostela )
|
Por estes anos enceta tamén a xeira da narrativa coa novela Os ruíns,
un conxunto de cinto pequeñas historias ou contos: "O anarquista",
"O suicida", "O asesino", "O ladroeiro" e "O sátiro", que publica a
revista Nos, no número especial correspondente aos meses de xullo-decembro
de 1935, dedicado pola Asociación de Escritores de Galiza a Ánxel
Casal Gosenxe: xerente da revista, fundador da Editorial Nos; editor
patriota, intelixente e xene-roso, que botou ñas oito enfilacións
dos ventos, co novo renacimento das nosas letras, as óptimas
sementes do rexurdir da Patria. Casal, alcalde de Santiago de
Compostela, será "paseado" ao pouco de comezar a Guerra Civil,
aparecendo o seu cadáver nunha beirarrúa o 19 de agosto de 1936.
E, por último, ao mesmo tempo leva a termo as primeiras escavacións
arqueolóxicas, descubrindo xunto con outros amigos o castro tudense
da Guía, a mediados de decembro de 1934:
[...] Os achádegos do día son istes:
- Os dous machados de coarcita, tipo de améndoa che-llense atopados
de camino ao castro.
- Uns vinte anacos de cerámica castrexa, con curva de cacharro.
- Meia duda de testos de boca e cus de cacharro.
- Dous anacos adubiados por incisión. [...]
- Un testo con novo adubío, duas liñas paralelas incin-didas e no
meio outra de puntos.
- Unha duda de anacos de bocas de cacharros, algún de grande finura.
- Mais ahondo dous testos sinxelos, sen traballo grande de curva.
- Duas pequeñas chapas de ferro 4.
II. A traxedia da Guerra Civil
A primeira escola que rexe é a das Olivas (Tui), a curta distancia
da súa casa, durante o curso 1935-36, acadan-do para o seguinte xa
como propietario definitivo a de Coia (Vigo), da que non chega a
tomar posesión pola sublevación militar franquista que estoura o 18
de xullo de 1936. Os anos seguin-tes serán os máis tristes da súa
existencia: o 17 de agosto era pasado polas armas en Pontevedra seu
curmán Alexandre Bóveda, o 30 de outubro seu pai en Tui, Darío
Álvarez Limeses, co desgusto finaba aos poucos días un tío, Xosé
Álvarez Limeses, en 1940 seu padrino e tío, Xerardo Álvarez Limeses,
e seu irmán Celso Álvarez Blázquez...
Tampouco el se libra do castigo: perde o dereito sobre a escola de
Coia, é sancionado con suspensión de emprego e soldó, e en 1938
destínano forzoso para a escola zamorana de Coreses. En 1940
laiábase así do seu desterro nunha "epístola" a Xoán Vidal, poeta e
amigo dos anos de Pontevedra:
[...] Pues bien, me han echado fuera de Galicia,
porque no gozara de tanta delicia;
y porque era insana mi sed soñadora
me han puesto en el yermo campo de Zamora.
Aquí, donde puedes tender la mirada
sin que el campo sepa responderte nada
y solo te sirve tu interrogación
para hacerte lazos en el corazón,
como esos que suele lucir la guitarra
del mal estudiante que sale de farra [...] 5
Páxina seguinte >>>
|
www.galespa.com.ar
|
| |
|
 |