Virxina Pereira
Este fragmento, sobre esta extraordinaria muller, forma parte dunha carta
escribida en Bos Aires polo galeguista Rodolfo Prada o día 20 de febreiro de
1950 dirixida a Ramón Otero Pedraio en Galicia, trala morte de Castelao o día 7
de xaneiro dese ano
"No
Sanatorio do "Centro Gallego" asináronlle a millor sáa, na que ficóu, coa
compaña de Virxinia día e noite. ¡Virxinia...: santa, valerosa,
estraordinaria muller! Non pode haber verbas dabondo espresivas pra daren idea
de cómo coidóu ao seu Danieliño..., como decote ela lle chamaba. ¡Con qué
ternura, con qué adicación, con qué desvelo, con qué subrime abnegación! Ela
daba a sensación ser pra Castelao todo canto pode ser unha muller: esposa, nai,
filla, irmá, amiga. Todos eses aspectos, con tódolos sentimentos, con tódalas
características, dábanse nela nos longos e tristeiros días da súa enfermedade.
De xeito, pois, que el tivo a ledicia de se sentir agarimado e consolado pola
fidelidade e a paixón da esposa, pola ternura e mimosidade da nai, pola
querendosidade das irmás, polo amor da filla, pola afeituosidade dunha amiga...
E ademáis foi o seu anxo tutelar. Con maravillosa forteza de ánimo afogaba as
súas angurias diante del, pra lle aforrar sofrimentos, pra lle manter acendidas
as ilusións de millorar. ¡Deus manifestóulle ao noso Castelao a súa predileción,
percurándolle a compaña de tan santa muller! O casamento que o 19 de outono do
1912 consagróu na eirexa da Estrada o ilustre crego e poeta ourensán Antón Rey
Soto, foi perfeito. Castelao e Virxinia estiveron forte e garimosamente
xunguidos nas boas e nas malas, como Deus o manda. No longo ano que duróu a
enfermedade de Castelao, práticamente Virxinia non durmiu máis de dúas horas
seguidas. Era un permanente desvelo... Un deitarse un potíco i erguerse
deseguida... Unha másima pun- tualidade en lle adeministrar as meiciñas, no
ponerl1e as inxecións, no darlle os alimentos, no arranxarlle a miudo o leito e
as almofadas pra lle percurar posturas de sosego e alivio... Foron vás as nosas
constantes insistencias de lle poner unha criada, pra lle poñer unha enfermeira
de noite. Foron vás os ofrecimentos, reiterados i enérxicos da miña muller, da
muller do bó e gran irmán Abraira e de outras amigas, pra se relevaren en lle
axudar nos traballos do fogar, pra se quedar de noite a fin de que ela poidera
descansar algo... ¡Inútil, inútil! Non ademitía ren. Todo o tiña que facer ela:
a comidiña pra Castelao tíñana que preparar as súas mans, e as súas mans
tíñanlla que dar na boquiña, e tíñanlle que dar as meiciñas e as inxecións... E
o mesmo foi no Sanatorio, nos poucos días que alí sobrevivíu. Por todo elo
-aparte de ter sido a súa manífica compañeira na noitada do esilio por Francia,
por New York, pola Habana e por Buenos Aires-, Virxinia é pra nós persoa sagra
que terá o noso agarimo, a nosa ademiración e a nosa gratitude namentras viva. E
terá de o ser pra tódolos bós galegos e pra Galicia. ¡E Deus ha de a abenzoar e
protexela sempre!
Fonte de información:
www.museocastelao.org
www.galespa.com.ar