Apoio á candidatura de Uxío Novoneyra  para o Día das Letras Galegas 2010

       

Benqueridos amigos, 

aquí vos mando o texto que podedes encontrar en: www.uxionovoneyra.com

Prégovos a vosa adhesión. É agora o momento de manifestar o noso agradecemento polo seu gran legado. 

Moitas grazas

                      Pepe de requeixo

  

                 

Varios amigos do poeta Uxío Novoneyra decidimos facer honra  ao seu legado literario e humanista reivindicando ante a Real Academia da Lingua Galega o Día das Letras Galegas de 2010.

Con este fin, apelamos á cidadanía galega, e non só, que recoñece a súa obra e o seu pensamento como algo fundamental para abrir un debate ao redor deste inmenso escritor galego que foi Uxío Novoneyra.

Pedimos a túa adhesión para que o 17 de maio de 2010 sexa homenaxeado dedicándolle o grande Día das Letras Galegas. Grazas. 

 

Asina dende aquí e dá o teu apoio  www.uxionovoneyra.com

       

 

 

www.galespa.com.ar