"É un cañoto grande dun árbore, que
nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de
Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan
queimar deica a mitá, e o que queda gárdano pra cando hai treboada; entón,
bótano de novo a arder na lareira, pra arredar o pedrazo e os raios. Nalgús
lados, semella que aproveitan a borralla pra botaren nos eidos, o cual sí
que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén
relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do
lume.
O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en
moitas partes de Hespaña. En Cataluña vén ser o que chaman o tió, no que
baten os nenos da casa pra que lles bote dulces, que os pais lle meten
dentro.