Nacida en Barcelona no ano
1976, Susana é a herdeira dunha das familias de
máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en
Galicia: a familia Seivane. Comezou a sua andaina musical ós 3 anos. O seu
avó, Xosé Manuel Seivane é un dos vellos gaiteiros aínda vivos que xunto a
Ricardo Portela ou Moxenas (xa falecidos), formaron parte dunha das
xeracións máis importantes de gaiteiros galegos, sendo mestres e guías dos
grandes de hoxe en día.
Influenciada por estos gaiteiros, conseguíu o respeto e admiración do mundo da
gaita e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuino, está
hoxe presente no xeito de tocar de Susana, unha muller que sintetiza como
ninguén as máis modernas técnicas có estilo enxebre dos vellos gaiteiros; un
estilo con sabor e con acento, un estilo con alma que arrecende a Galicia
dende a primeira nota.
Combina este valioso legado musical con influencias de outros estilos. Para
elo, rodéase dun elenco de xoves músicos que aportan gran frescura e
orixinalidade ó seu espectáculo.
No verán do 97 foi convidada polo mítico grupo Milladoiro a participar
en varios espectáculos retransmitidos pola T.V.G para todo o mundo, o que
sen dúbida, representa para a gaiteira a primeira das súas aspiracións
cumpridas: compartir escenario cun dos grupos máis admirados por ela;
Milladoiro significa para Susana a escola na que aprendeu toda unha xeración
de artistas na que ela se inclúe.Será Rodrigo Romaní, un dos membros
fundadores de Milladoiro, o que, sen dubidalo, propón a Susana a gravación
dun traballo discográfico en solitario no que Rodrigo faría as veces de
productor musical.
No 1999 edita o seu primer disco ("Susana Seivane", BOA Music) producido
porRodrigo, que reúne temas de Susana ó longo da sua traxectoria.Neste
traballo conta con temas de repertorio tradicional e tamén con temas de
gaiteiras e gaiteiros galegos.A colaboración máis emotiva para Susana no seu
segundo disco é, sen dúbida,a do seu avó Xosé Manuel.
Pero en "Alma de Buxo" tamén colaboraron outros recoñecidos músicos da escena
musical coma Uxía Senlle, Uxía Pedreira, Guadi Galego, Sonia Lebedynski,
Xavier Cedrón, Magoia Bodega, Brais Maceiras, Xurxo Iglesias,sta vasco
KepaJunkera, có que Susana ten colaborado en varios dos seus espectáculos.
Hoxe en día Susana Seivane está considerada como unha das máis firmes
realidades como gaiteira.
A nosa gaiteira máis internacional foi unha dos cinco finalistas dos
Indieawards 2001, os prestixiosos premios que cada ano otorga a Asociación
deMúsica Independente de Estados Unidos (AFIM), na categoría de mellor
artistade músicas contemporáneas do mundo.