O navío Santa Liberdade
O día que o comandante da
Sexta Flota Norteamericán
se cadrou para escoitar o himno galego
Margarita
Ledo Andión súmase a Xan Pérez Leira na construción documental da historia que
se estudará no futuro, engadindo a súa película Santa Liberdade á lista de
documentais que rescatan figuras e epopeias do fociño da censura.
Perfectamente agachado ata agora,
este feito histórico dende que se produciu no ano 1961 é pouco lembrado, a pesar
de ser unha epopeia de liberdade..
Como David contra Goliat un grupo
de galegos e portugueses, coa intención de facer coñecer o mundo que os Aliados
"esqueceron" as dictaduras ibéricas ( Franco foi aliado de Hitler ) tomaron o
navío Santa María que facía o traxecto de Galicia a Venezuela.
Con armas prestadas e cuns poucos
cartos para conseguir algunhas pasaxes ( outros entraron de polisóns ) o grupo
entre o que se contaba o celanovés Xosé Velo tomou o buque e renomeouno Santa
Liberdade, en protesta polas ditaduras de Franco en España e Salazar en
Portugal.
Este feito tivo en vilo a opinión
mundial poñendo en un brete ao mesmo Kennedy, que mandou a Sexta Flota
Nortemericana a interceptar o barco. Cos seus canóns desenfundados pronto
tiveron que decatarse que nada tiñan que temer e o comandante americano rematou
cadrado quince minutos facendo a veña mentres escoitaba os himnos galego,
portugués e ata o da República.
A
aventura remata co asilo político en Brasil, na cidade de Recife.
Tres membros do comando do DRIL (
Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación ) reencóntranse para contarnos
como foi o caso.
Quen queira entender o tempo que
vivimos, como Occidente mutou da democracia ao fascismo sendo cómplice de
Franco, ten que ter en conta este feito histórico e esta película, que como Xosé
Velo e os seus compañeros logrou bulrar a censura da súa época.

www.galespa.com.ar