|
Cronoloxía da familia
CASTRO-MURGUÍA
A FAMILIA CASTRO-MURGUÍA, 1884
1833: 17 de maio. Nace Manuel Murguía no Froxel, parroquia de Oseiro. É
bautizado o 18 de maio seguinte na parroquial da Pastoriza, en Arteixo.
1833: 27 de xullo. Casan Juan Martínez de Castro e María Concepción
Murguía.
1837: 24 de febreiro. É bautizada Rosalía de Castro na capela do
Hospital Real de Compostela.
1858: 10 de outubro. Casan Manuel Murguía e Rosalía de Castro en San
Ildefonso de Madrid.
1859: Nace Alexandra Murguía de Castro.
1868: Nace Aura Murguía de Castro.
1871: Nacen os xemelgos Gala e Ovidio Murguía de Castro.
1873: Nace Amara Murguía de Castro.
1875: Nace Adriano Murguía de Castro.
1876: Morre Adriano Murguía de Castro.
1877: Nace (morta) Valentina Murguía de Castro.
1885: 15 de xullo. Morre Rosalía de Castro no lugar da Matanza,
parroquia de Iria Flavia, en Padrón. É soterrada o día seguinte no cemiterio
parroquial.
1897: Casan Aura Murguía e Francisco Prats.
1900: Morre Ovidio Murguía, solteiro. Sen sucesión (?).
1921: Morre Amara Murguía, solteira.
1922: Casan Gala Murguía e Pedro Izquierdo.
1923: Morre Manuel Murguía.
1937: Morre Alexandra Murguía, solteira.
1942: Morre Aura Murguía, sen sucesión.
1964: Morre Gala Murguía, sen sucesión.
volver a: rosalía de castro
FONTES DE INFORMACIÓN:
Cronoloxía realizada a partir do Libro de Familia dos Murguía. Estudiada por
J. M. Monterroso Devesa e Francisco António Vidal na revista Agália, nº 47,
1996]
"Follas Novas" , Rosalía de Castro, Edición de H. Monteagudo e Dolores
Vilavedra, Editorial Galaxia, 1993.
Especial Letras Galegas Ano 2000, Manuel Murguía, publicado polo xornal "O
Correo Galego".
"Galicia 2001", editado pola Xunta de Galicia.
www.letrasgalegas.org
|