 |
| | | |
Emilia Pardo Bazán
De La educación del hombre y de la de la mujer:
"Desgraciadamente en España, la disposición que autoriza a la mujer para recibir
igual enseñanza que el varón ..es letra muerta en las costumbres... Las
que permiten a la mujer estudiar una carrera y no ejercerla son leyes inicuas."
"Para mí es evidente que la educación completa y racional, totalmente humana, de
la mujer, no dañará, antes fomentará, la verdadera virtud. Pero admitid
que sucediese lo contrario: aun así, habría que dársela, so pena de declarar
preferible a la cultura y la civilización el estado de barbarie primitiva,
triste paradoja de los retrógados más o menos disfrazados, como Juan Jacobo
Rousseau."
"Y si en un lema pretendiese encarnar mi ideal, sería en el lema a que se debió
en tanta parte el descubrimiento de América; el lema que señaló la mayor época
de prosperidad y florecimiento para España; el lema que recuerda la intervención
gloriosísima de la mujer en los más altos destinos de la humanidad y en los más
arduos problemas de la ciencia y de la política: el lema de la gran Isabel:
Tanto monta.
Del prólogo de la obra de Stuart Mill, Tratado de la esclavitud femenina:
"Mi inolvidable padre, desde que puedo recordar cómo pensaba, profesó siempre en
estas cuestiones un criterio muy análago al de Stuart Mill, y al leer las
páginas de La esclavitud femenina, a veces me hieren con dolorosa alegría
reminiscencias de razonamientos oídos en la primera juventud..."
De La mujer española:
"Este sistema educativo, donde predominan las medias tintas, y donde se evita
como un sacrilegio el ahondar y el consolidar, da el resultado inevitable;
limita a la mujer, la estrecha y reduce, haciéndola más pequeña aún que el
tamaño natural, y manteniéndola en perpetua infancia. Tiene un carácter
puramente externo; es, citando más, una educación de cascarilla; y si puede
infundir pretensiones y conatos de conocimientos, no alcanza a estimular
debidamente la actividad cerebral."
"Hemos convenido en que las señoritas no sirven para cosa alguna. Quédense
en la casa paterna, criando moho, y erigidas en convento de monjas sin
vocación."
Deste xeito, Emilia Pardo Bazán (**) expresábase nunha das tantas
publicacións (galegas, madrileñas, barcelonesas...) do século XIX, que a
tiñan de colaboradora, con relación á muller galega, á campesiña do cal
horizonte de vida e de futuro non se estendía moito máis alá dos límites da
súa pequena aldea...
“Non desminte a muller galega as tradicións daquelas épocas afastadas en
que estando dedicádo-los varóns da tribo ós riscos da guerra ou ás fatigas
da caza, recaía sobre as femias o peso total, non só das faenas domésticas
senón da labor e cultivo do campo. Hoxe coma entón, elas cavan, elas
sementan, regan e esfollan, baten o liño, tórceno, fíano e téceno no xemente
tear; elas cargan nos seus rexos ombros o saco repleto de centeo ou maínzo,
e lévano o muíño; elas amasan despois a grosa fariña mal triturada, e
acenden o forno despois de cortar no monte o feixe de leña, e enfornan e
cocen o amarelo tortón de boroa ou o negro molete de mestura. Elas, antes de
que a pubertade desenvolva e ensanche o seu corpo, levan en brazos o irmán
recén nacido, que berra que da medo; elas, rústicas pegureiras, apacentan o
boi e comprimen os grosos ubres da vaca para muxila; e cando ven cheo un
tanque de leite cándido e escumoso, en vez de bebela, con sobriedade
exemplar e relixioso coidado colocan o tanque nunha cesta de vimbias que
acaban de encher cun par de polos atados polas patas, cousa de dúas ducias
de ovos, unha morea de follas de verza e tres ou catro queixos de tetilla, e
sentando na cabeza a cesta, diríxense o mercado da vila máis próxima, onde
venden os seus artigos regateando ata o último miserable oitavo. Así vive a
muller galega, afanándose sen tregua nin repouso, loitando corpo a corpo coa
fame que a axexa para metérselle na casa e sentárselle na metade da pedra do
lar humilde.
Pobre muller, que de todos é criada e escrava, do avó refungón e despótico,
do pai mullereiro e amigo de andar de taberna en taberna, do home brutal
quizais, do rapaz enfermizo que se aferra as súas faldras choromicando, da
vaca ante a que se axeonlla para muxila, do tenreiro, o que lle trae no
regazo un feixe de herba, do porco para o que coce un caldo non moi inferior
o que ela mesma come, da galiña á que asexa para recoller o ovo que
cacarexa, e ata do gato, o que lle serve nunha escudela de barro as poucas
sobras do frugal banquete.
Mentres a galega permanece en estado de solteira, aínda é tolerable a non
escasa ración de traballo que lle toca; pero o casar empeora a súa
situación. Só o imperioso mandato da natureza, a lei que forza o xerme a
brotar, a espigar ó cereal, a árbore a render o seu froito e á materia toda
a sacudi-la inercia e animarse, poden obrigar á muller galega a constituír
unha familia”.
(“A galega”, publicado en El Eco de Galicia ).
(**)
Emilia Pardo Bazán, escritora coruñesa, naceu o 16 de setembro de
1851 no seo dunha familia de nobre avoengo. Era dona dunha personalidade
aberta e profundamente inclinada á curiosidade intelectual. A ben nutrida
biblioteca de seu pai sen dúbida serviulle para espertar a idade temperá a
súa vocación literaria e tamén o seu interese no proceso renovador da novela
europea.
Ós dezasete anos casa. No ano seguinte, 1869, o seu pai foi elixido deputado
e toda a familia se traslada a Madrid. A partir de aí a xove Emilia é unha
asidua concorrente ás tertulias literarias, as veladas no Ateneo e tamén ós
salóns aristocráticos da capital española. En 1870 viaxa a Francia, logo
Italia, Inglaterra, e asiste á Exposición Universal de Viena. Desta
época son as súas obras “La revolución y la novela en Rusia”
(1887), “De mi tierra”
(1888), “Polémicas y estudios literarios”
(1892), “La literatura francesa moderna”,
“El lirismo en la poesía francesa”,
e “Mi romería”, escrita
logo da experiencia vivida na súa peregrinación a Roma. Polo ano 1883
Emilia Pardo Bazán métese na literatura naturalista, e escribe unha novela,
“La tribuna”, onde a que exerce o
protagonismo é a muller obreira, inmersa no complexo medio social de A
Coruña.
S
eguindo con esta
mesma liña, en 1886 publica “Los
pazos de Ulloa”, continuada o ano seguinte con “La madre naturaleza”. Os
protagonistas destas obras viven entre a rudeza e a maxestosidade da
natureza, inmersos no primitivo ambiente do mundo campestre galego. A
escritora establece aquí un nexo entre a nobreza rural e o pobo aldeán,
entre a unidade de cultivo dos pazos e o minifundismo. Pero ademais aporta
interesantes datos sobre as condicións ecolóxicas, as formas de asentamento,
as áreas de poboación dispersa, o inmobilismo, e a precaria existencia de
boa parte da poboación rural.
En
1891 regresa
novamente o mundo urbano coruñés con
“La piedra angular”, do cal argumento transcorre nas zonas habitadas pola
burguesía e o barrio marxinado que bordeaba o cemiterio. Previamente, en
1889, Pardo Bazán escribe “Insolación” —que se pode considerar coma un
anticipo da novelística do século XX e “Morriña”, que se desenvolve nunha
casa burguesa madrileña, moi directamente relacionada coa autora.
Ademais da narrativa, Emilia Pardo
Bazán cumpre un importantísimo papel como crítica literaria, sobre todo no
derradeiro tercio do século XIX e comezos do XX. A gran cantidade de
análises redactados pola escritora foron publicados nas mellores revistas
españolas e nos fascículos do Nuevo Teatro Crítico. A súa primeira
gran contribución como crítica son os artigos publicados en La Epoca,
recompilados en 1883 no libro “La cuestión palpitante”. E non debemos
esquece-los seus estudios sobre o padre Feixóo, Dante, San Francisco, e
sobre o folclore galego.
Pese a
que en 1891 foille rexeitada a súa candidatura á Academia Española, dona
Emilia non detén a súa intensa actividade, a que inclúe presentarse en
centros culturais de distintas cidades para dictar conferencias co seu
estilo directo e punzante. En 1906 foi elixida presidenta da sección de
Literatura do Ateneo madrileño, e o rei Alfonso XIII concédelle o título de
condesa. En 1910 é nomeada conselleira de Instrucción Pública, e en 1916
ocupa a cátedra de Literaturas Neolatinas da Universidade Central. Emilia
Pardo Bazán morreu en Madrid o 12 de maio de 1921.
www.galespa.com.ar
|
|
|
| | | |
|
 |