RAMÓN
OTERO PEDRAIO
(Ourense 1888-1976) de familia de carácter liberal ligada a vella
fidalguía.
Estudia en Ourense e se licencia en Filosofía e Letras e en Dereito.
En 1918 ingresa nas Irmandades da Fala. Máis tarde únese ó
Partido Galeguista sendo deputado por Ourense en 1937.
Coa guerra civil é destituido da súa cátedra e nos anos 50 aglutina
as novas xeracions galeguistas na Editorial Galaxia.
Narrativa:
Está centrada nos aspectos da historia e a realidade de Galicia. O
mundo rural en: "Pantelas, home libre" (1925), "O purgatorio de Don
Ramiro" (1926), "Contos do camiño e da rúa" (1928), "O mesón dos
ermos" (1936). Por figuras fundamentáis da historia de Galicia:
"Escrito na néboa" (1927), "os camiños da vida" (1928), "Arredor de
si" (1930), "Vidas non paralelas" (1930), "A romería de Xelmirez"
(1934) ou "Devalar" (1935). De cultura europea "Fra Vernero".
Teatro:
"A laragada" (1928) con temas semellantes o das novelas de fidalgos
e labregos, "O desengano do prioiro" (1952) con visión humorística
duna mutación na zona do Ribeiro e "O Teatro das máscaras" (1975)
cadros dramáticos onde se mestura a satírica e a exaltación lírica.
Poesía:
O principal da súa obra poética recollese no volume "Bocarribeira"
(1958)
Ensaio:
Múltiples temas. Os máis con motivo de Galicia, a súa historia e
xeografía en libros como "Síntese xeografica
de Galicia" (1933) ou "Pelerinaxes"
(1929). "O ensaio histórico sobre a cultura
galega" (1933) compendio do pensamento oteriano no que se
desdeña o percurso de Galicia dende a prehistoria ata o presente.