OS 4 POBOS DA GALIZA
(Texto
en
castelán
)
Niste extenso documento estudiase u orixen dos pobos de Galiza e as suas tribus,
esive como a conexión cas tribus de Europa.
Eiquí poño as razós que me levaron a definir que Galiza tivo que chamarse
“ZAAR”
en tempos arcaos, e que iste pobo precelta deu orixen os celtas “Gal”.
Os
“ZAAR” despois chamados “Cal” e “Gal” serian unha misma
familia cos Galos, Galeses, Irlandeses, Escoceses, e os habitantes das illas
pretas (Chanel, Man, etc.); ou o que e o mesmo, o pobo oxe chamado “Celta”.
Istes pobos ou parte de iles foron unha gaia distinta dos celtas indoeuropeos
dos que falaban os Gregos, inda que compartiran moitas similitudes cos celtas,
po lo que fixeron trabucarse a moitos autores Gregos antigos.
Xa que os autores Gregos falaron de celtas Hiperboreos (Hiperborea oxe chamase
unha rexión do norde de Rusia preta a Cimmeria), de celtas a secas co que se
referían o conxunto de pobos de toda a Europa que non eran os mismos Gregos, e
de celtas “Keltoi” que sen dúbidas definían os celtas dos sul da península
Ibérica e de Galiza (e foron realmente os únicos que se chamaron Keltoi a se
mesmos en todo o mundo).
Estamos a falar de datas antelas a epoca dos Castros, coma por exemplo a
dispersión das “hachas de Talón” (machetas de calcaño) no occidente da Europa
durante a idade do Bronce, que aluma moi ben como partindo dun nucleo denso na
Galiza e en Argar se espallou por Aquitania, Galia, Gales, Irlanda, e Belxica.
Se esto non e proba suficente de quen son “celtas” e quen non, ei vai a miña
exposición sobre os Galegos, que penso e de sobra ilustrativa:
Xa dende arcaos tempos (1.000.000 de anos) constatase xente vivindo preto da
terra de Galiza (Atapuerca), e ai 100.000 anos que está datada a presenza de
ferramentas líticas nesta, e ai 18.000 anos que se pintou a coba de Altamira nun
conxunto de covas “Franco Pirenaico” que acadaba dende terras de Galiza deica o
sul de Francia.
Os escritos antigos falan de 65 tribus e 45 xentilidades (subtribus), mais en
xeral refirense a cidades, e non as distintas tribus orixinaes.
Co obxetivo de fixalas risquei da lista as que non son atopables, e tamen as
xentilidades e as tribus das cidades mais pequenas, ou sin cidades.
Despois estudiei a etimoloxia do resto dos nomes ollando que silabas eran
prefixos, cales sufixos, e quedeime ca raiz do nome, chegando a fixar cas tribus
eran 27 (o que por ventura cadra co dito por Estrabon: “preto
de trinta”).
Se nos atemos a etimoloxia o mais probable e que os pobos mais antigos sexan
catro, mais adiante esmiuzo cada un.
O chan distes catro pobos tiña unhes 60.000 km. cadrados de boa terra, onde
pasan os rios mais caudalosos de España: Douro, Ebro e Miño, dous dos cales
nacen na misma Galiza, ten cobas rupestres das mais bonitas do mundo (sobre todo
na Cantabria), ten unha arquitectura única en Europa (as pallozas rodas),
dominou a metalurxia dende datas perdas no tempo e tiña as mellores minas de
Europa de ferro, ouro e estaño; está xunto o xacimento arqueoloxico mais
importante e meirande do mundo (Atapuerca), e tamen, xunto dalgunhas das
primeiras culturas da ceramica (Epicampaniforme, e Cogotas).
Na “Idade do Bronce” (3.000 a 2.000 ane) istes pobos foron desasemellandose dos
outros da península, secuadra que po la colonización e o comercio co norde
occidental de Europa; coincidindo ca primeira cultura dos “Millares” ou ca
cultura “Argar” que se deron no sul da península, na actual provincia de
Almeria.
E que despois de saber isto alguien pense que eran pobos atrasados, os que
tiveron que vir a culturizar os celtas da Europa central alo po lo ano 600 ane,
da riso so de pensalo.
Craro que a contrapublicidade dos
Gregos e os Fenicios que querian ter pra eles soos o monopolio do comercio ca
Galiza, e que puxeron istes pobos pouco menos que coma demos, e o oceano
Atlántico pouco mais que o inferno, non e doado loitala; riba de todo, se non se
invirte na procura das raices nas evidencias arqueoloxicas que temos.
Mais nefasta secuadra foi a publicidade Roman xa que tiñan que convencer o
senado pra que dera cartos pra guerra contra os Galegos, co obxeto de ocupar
militar e políticamente iste chan. Dise feito puxeronos de “montañeses tolos,
parvás e mortos de fame”. Chegando Estrabon a “esquecer” que os Galegos xa
cultivaban trigo e mixo (millo pequeño), cociñaban moi ben o seu xantar ca
manteiga e, o pequeno pormenor, de que tiñan ouro (ollar as notas do final).
¡Bo!. Despois de 2.000 anos de evolucion cultural ollamanos que non ai tal, xa
que a estratexia publicitaria e a misma, so temos que ollar o que fai o imperio
do goberno USA nistes tempos, cando quere asoballar on pobo.
Por poñer un caso, o famosisimo Julio
César cando veu a Hispania coma propretor no ano 60
ane, adicuose a expoliar os indíxenas pra pagar a gran deuda que deixara en Roma
(25 millós de sextercios). Mais ainda, iste criminal cando caeu sobre a
Gallaecia, fixo moita alaraca en Roma dos seus exitos, mais xeralmente a
historia non di que foi acusado elí de achaiar cidades aliadas de Roma.
INDICE
|
UNHA SOA NACIÓN..........................................................................................
3
|
|
A DESFEITA...................................................................................................
5
|
|
OS 4 POBOS ARCAOS DE CALAEC...........................................................................
8
|
|
¿UN SO POBO?.................................................................................................
9
|
|
TRIBUS.........................................................................................................
11
|
|
AMACOS......................................................................................................
11
|
|
ARROS..........................................................................................................
11
|
|
CELTAS.........................................................................................................
12
|
|
ELENOS.........................................................................................................
12
|
|
RAICES ALEN DE GALIZA......................................................................................
14
|
|
RAICES NA PENINSULA IBERICA...............................................................................
14
|
|
O NOSO POBO NA EUROPA...................................................................................
14
|
|
ANEXOS..........................................................................................................
14
|
|
BIBLIOGRAFIA E FONTES DE INTERÉS........................................................................
15
|
|
NOTAS............................................................................................................
15
|
No periodo Roman por distritos a distribución sería a seguinte:
1.
LUGO.- 1 tribu amaca, 4 tribus arras, 1 tribu celtica, e 1 tribu elena.
2.
BRAGA.- 1 tribu amaca, 4 tribus arras, e 3 tribus elenas.
3.
ASTURICA.- 1 tribu amaca, 4 tribus arras, 3 tribus celticas e 1 tribu
elena.
4.
CANTABRIA.- 2 tribus celticas e 1 tribu elena.
Ainda que dende o encete da historia a Galiza formou parte do conxunto cultural
da península Ibérica occidental considerada “celta” (pra disasemellalos da
cultura Ibera), o certo e que fai unhes 4.500 anos foise desemellando do resto
de pobos “celtas” (Keltoi, Lusitanos, Vacceos, Vetós, etc.), por feitos
descoñecidos.
Preto de 2.000 anos tivo unha concencia de pobo única, asentada nunhas formas
culturaes, economicas, e idiomaticas únicas.
Políticamente considerabanse a parte dos outros pobos penínsulares inda que
foron bos aliados, e axudaron no que poideron cando viñeron mal dadas, mais
despois da malleira dos Lusos e Vettós, o cabo quedaronse soos contra o imperio
Roman.
Non tiñan un soio patron, non tiñan rei, amo, ou señor;
dividianse en “centurias”
(tribus), que funcionaban independentemente. Algunhas tiñan “princeps” (lideres)
outras secudra non, penso que mais ou menos o sistema era do mismo xeito cas
“Polis” Gregas; xeito no que se intue un chan comun para Galegos e Gregos,
inda que moi lexos no tempo.
¿Cómo se desfai un Pobo?
1.
¡Pois primeiro faise anacos! Coma fixeron os Romanos no ano 19 ane.
Primeiro fixeron dous toros e meteron os Cantabros na Tarraconensis, xuntandos
con outros pobos naquil intre xa de cultura celtibera o ibera (Edetanos,
Ilerxetes, Pelendós, Vascos, etc.), poñendolles a capital no sitio mais lonxe
(Tarraco dista 900 km.). Resultado: Os Cantabros deixaron de ser Calaecos pra
sempre.
Despois co resto fixeron tres toros, facendolles capitaes artificiaes en
Asturica, Braca, e Lucus.
2.
¡Despois dechananse!
Como fixeron os Romanos levando cachos das tribus a terra de outras tribus.
Resultado: Perdeuse a identidade territorial
3.
¡Despois faborecese mais a unha das partes!
Como fixo Alfonso II (alá po lo ano 791 a 842 dne) levando a capital a Oviedo
(cabe lembrar que o cronista Al-Razi chamaballe naquelas datas
"Afonso, rei dos galegos").
Temos que relembrar que as capitaes inantes foron Braga deica 700 anos, e Tui
outros 90 (o
rey Witiza fixo de Tui a capital do Reino de Galiza) onde vivia o nobre Fabila,
a sua muller y u seu fillo Pelaio, o mitico da “Batalla de Covadonga”.
Ben pois o feito de levar a capitalidade a Oviedo (fundada facia pouco),
secuadra que pra fuxir dos problemas con outros nobres galegos, fixo cos Astures
do norde fixeran corpo comun co Rei Alfonso, contra o resto de Galegos,
encetando a chamarlle “Reino Asturiano“ o que era nomeado de sempre como Reino
de Galicia, e inventando o mito do “Pelayo Asturiano”, pra diferenciarse como
pobo.
¡Caralludo! Os Astures do norde botaron fora da Calaeza pra sempre,
e penoso que dende fai ¡1.200 anos! non se reparara iste erro.
4.
¡Despois fanse anacos co resto!
Alfonso III ala po lo 910 dividiu o reino de Leon intre os 3 fillos: Asturias
pra Fruela, Galicia pra Ordoño, León, Alava e Castela pra Garcia (que puxo a sua
capital en León). Isto fixo que cando o rey de Galicia Ordoño se fixo co reino
de Leon (a morte do seu irman Garcia), se fora ca capital pra-lo. O feito da
capitalidade nun sitio ou outro se cuadra non foi relevante pero o feito da
division que xuntou Leon con Castela si co foi, pois a partir de eive os
Leoneses pasaron a ter cultura e idioma castelán.
Alfonso VI deulle en dote a “terra portugalense” entre Taxo e Miño on principe
feudal Enrique de Borgoña que casou ca sua filla Teresa. Esto fixo que os
Galegos do sul se separaran politica e economicamente dos do norde alo po lo ano
1.109. Ainda que fixeron a tenta de xuntarse con iles de novo, tentando unha
invasión, pero mal que nos pese perderon.
5.
Xa so faltaba “a Catolica” Isabel pra riscar o ultimo cacho aló po lo
1.480. Xa que os galegos opuxeronse ela por considerar que non tiña a
lexitimidade requerida pra ser a reina.
6.
¡E xastá! Xa temos 5 pobos en lugar de 1: Galicia ten autonomía
independente, Asturias ten autonomía independente, Cantabria ten autonomía
independente, e Leon esta arrexuntado ca Castela de forma ficticia na autonomía
de “Castela e León”. De otra beira a Portugalense non ten autonomía independente
dentro do estado Portuxes, ainda que fai pouco o tentaron nun referendum, mais o
pobo Portuxes repuxouno.
A verdade e que costou 1.500 anos espallar os pobos galegos en cachiños, e
mentalizalos de que eran pobos distintos.

¡Canto traballo perdido! Despois de outros 900 anos imos cio “pensamento único”,
total que con sorte omillor voltamos a ser “NOS”.
Isto e o que queda oxe de Galiza.
Agora vou falar dos pobos que tiña Galiza cando chegaron os primeiros cronistas.
Lembremos o vello mapa.
1.
AMACOS.- Considero que son os Astures basicos (non os chamados Asturianos
agora, senon os Astúricos de enton), xa que acadaban a maioria da terra de Leon
e Ourense, tiñan no seu terreo a capital ASTURICA, ademais a comarca de Iria
Flavia (SANTIAGO) sinalabase como xentilidade dos Ameos, e no norde de Burgos
tiñan unha cidade chamada Amaia.
2.
ARROS.- E o pobo mais notable tanto po-la dimensión como po-la cantidade
de nomes espallados po-lo terreo de Galiza. Baste sinalar que os Artabros
(sinonimo da tribu dos Arrotrebas) deu o nome o mar C’ARTABRICO, a provincia de
C’ARTABRIA, e de seguro a provincia de ASTURIAS (“ar-duria” ten que sinificar
pais dos AR), e o rio Douro (Duero) cal nome viria de “do-urr-o” variante da
raiz “arro” como logo falo, e o nome Ourense que viria de “o-urr-ense”.
Considero que son o sustrato das provincias de Lugo, Coruña, e o norde de
Portugal.
3.
CELTAS.- Ollase que poidera ser que chegaran mais tarde a Galiza,
secuadra dende a terra Keltoi do sul da península Ibérica, no tempo da cultura
de Tartesos, e colleran sitios apropiados pro comercio (beira atlántica, beira
cantábrica, camiño da meseta, e camiño ca zoa Pirenaica). Seguindo esa tesis ai
que engadir a este pobo as tribus que se chaman Beticas (nome que tiña a terra
dos celtas Keltoi), e se seguimos unha chea de libros celtistas, temos que
engadir a iste pobo tamen as tribus “LUG” xa que iste nome seria tamen celtico,
coma os nomes “Lugo” e “Lugones”, ou esive o afirman fontes Asturianas, e
temolas que respetar, inda que muitos xentilicios da tribu Lugones sexan “ar”
(Arganticae, Arronidaecos, Arnuminos,
Arganticaeni, e Argantorios).
Craro so reviramos ben sería doutro xeito, e cos celtas Keltoi foran de orixen
galego e chegaran a Betica despois da zoupada do imperio Tarteso, xa que según
as crónicas foron os que lle puxeron o nome de “Betico” o río que inantes se
chamaba “Tarteso”, e ise nome pode vir de “beturia” que a vez viría de
“be-duria”, que coma esmiucei inantes era o chan den riba do Douro.
4.
ELENOS.- E un nome curioso, os Gregos fixeronlle un feito escrito mais
“helenico” e puxeronlle a forma “Helenos”, mais o nome orixinal e sin a ache.
Son o sustrato de Cantabria, Pontevedra, Zamora, e a mitade do norde de
Portugal. Deron orixen os nomes “GALECOS” e “GALIZA” como contarei despois.
Isto en sintese e o que se coñece dos catro pobos, mais se xogamos un pouco cos
nomes pode sere que de feito foran un so pobo. Ou ben que estiveran tan
mixturados que esive o parecera.
AMACOS.- Non atopei na península outras grandes tribus con iste nome. O nome
“germanos” suxiere un posible orixen dos amacos, ou o reves, un posible orixen
dos “ger-ama-nos”. Se u origen estivera na “germania” temos que pensar na
posible chegada arredor do siglo VI ane., e serian celtas Hallstat (segunda
chegada dos “campos de urnas”), po lo que non serian o fondo arcao dos Galegos,
inda que e suficentemente antigo coma pra sere tamen Nos.
ARROS.- Ai unhes 6 nomes de pobos no resto da península ca raiz “ar”.
ELENOS.- Inda que algunhes autores lles poñen orixen Grego, penso que non. Ten
que ser unha dulcificacion de “arros” da seguinte maneira lingüística e
ortografica:
1.
A terra dos arros
-> “Ca-ar” reduciuse en “Car”, por exemplo nos “Carbaci”.
2.
Duceficación da erre in ele -> “Car” pasou a “cal”, por exemplo nos
“Calecos”.
3.
Duceficación da “a” in “e” -> “Cal” paso a “cel”, por exemplo nos “Celenos”.
4.
Simplificación del nombre “celenos” en “elenos”.
Atopase poucas tribus con iste nome na península Ibérica.
CELTAS.- Todos os autores falan diles coma celtas “Keltoi”, por que esive se
nomearon os da Bética (Andalucía), mais no Atlas Histórico Integral Spes
aparecen como Celtae e Celtici, por lo que pienso que el nombre viene de
“cel-tza” que significa “tierra de -cel-“. Niste xeito ollase que os Cel e os
Celen terían a mesma raiz.
Atopanse poucas tribus con iste nome na península, e case todas as outras virían
ca chegada dos celtas Hallstat (“campos de urnas”) dende centroeuropa.
Expor a parte temos que facer dos “LUG”. Eu penso que e craro que ven de unha
falla na pronunciacion de “LURR” co son “LUGG”, semellante a coma fan alguhes
franceses ca erre.
Mais Joaquin Caridad Arias no seu extenso libro sobre os “Cultos y Divinidades
de la Galicia Preromana” fala de que o nome “lug” ou “luc” ven do indoeuropeo
“*leuc”, e que en Irlanda unha parte de ise pobo foran os Galioin según unha
inscripcion ogamica. Mais isto inda que un pouco desasemellante ca miña proposta
no vai en contraposicion ca tesis dun so pobo.
Concluindo.- Os Arcaos Calaec son un soio pobo chamado “AR”.
Po lo que, a Calaec arcana escribiriase “ZAAR”, co son
“saar”.
Agora esmiuzarei as tribus mais sinificativas que formarian parte de istes catro
pobos:
1.
AMACOS (ama-cos).- Teñen a raiz do pobo que lles da nome. Acadaban dende
a Comarca de Astorga deica o río Esla. Na sua terra estaría a antiga cidade de
ASTURICA (agora Astorga) e a nova de León. A xentilidade dos Labacengos penso
que debe vir de “Lama-cengos”.
2.
LEMAVOS (l-ema-vos).- O nome viria da doceficación de “ama” en “ema”.
Ocupaban as comarcas de Chantada, e Lemos. Na sua terra estarían as agora
cidades de Chantada e Monforte de Lemos.
3.
LIMICOS (l-imi-cos).- O nome e unha doceficación sucesiva: Lama > Leme >
Limi. Ocupaban a comarca da Limia (Ourense). Na sua terra estaría as agora
cidades de Ourense, Ribadavia e Xinzo de Limia.
A raiz dos arros e “ARR” ou “AR.”
1.
ARROTREBAS (ARR-otrebas).- E a tribu mais sinalada pois conten moi crara
a raiz do nome, amais de ser un dos pobos meirandes do mapa de Galiza. Tamen se
lle coñece o nome ARTABROS (ar-ta-bros). Ista tribu foi a primeira coñecida da
Galiza.
Na sua terra estaría as agora cidades
de Carballo, Coruña, Ferrol, Ordes, Vilalba, Viveiro, etc.
2.
BRACAROS (contración de b-AR-ac-aros).- Ocupaban a extensa comarca de
Braga, e deron nome a Bragança.
Na sua terra estaría a
antiga cidade de Braga, e as novas de Guimaraes, Porto, etc.
3.
CARBACIOS (ca-ar-bacios).- Ocupaban os montes a cabalo intre Asturias e
Leon. Na Asturias de agora son os asturianos do centro.
Na sua terra estarían as agora cidades de Mieres e Pola de Lena.
4.
NARBASOS (na-ar-basos).- Ocupaban a zoa sudeste do norde de Portugal.
Na sua terra estaría a agora cidade de
Miranda de Douro.
5.
ALBIOS (ar-bios). E unha variación da raiz mediante a doceficación da “R”
na “L”. Ocupaban a zoa do rio Navia e a comarca do rio Eo. Falan Galego inda que
agora van xungidos na terra de Asturias. As agora cidades de Castropol,
Mondoñedo e Ribadeo estarian no seu terreo.
Unha variacion da raiz “AR” deu as raices “OR” e “URR” coma vese no nome da
cidade de SARRIA (sa-arra) cuyo nome ten que sinificar “terra dos arros”. Pois
ben a tribu de Sarria foi coñecida coma SEURROS (se-urros), po lo que vese con
claridade como se trocou a verba.
6.
CAPOROS (cap-or-os).- Ocupaban da comarca de Santiago deica a comarca de
Lugo, pasando por Palas de Rey. A comarca e Santiago chamabase dos Ameos.
Na sua terra estarían as antigas
cidades de Lugo, Padron e Santiago.
7.
CROVIOS (ca-oro-bi-os).- Ocupaban a zoa sud de pontevedra (sen chegar a
Vigo), e o noroeste de Portugal, por riba de Braga (xunto a costa). Algúnh autor
antigo dicía que chegaban a Porto, pero penso que metia no mismo capacho os
Grovios e os Bracaros, o sere da misma familia.
Na sua terra estarían as antigas cidades de Tui, Valença do Miño, e a do monte de Santa Tecla,
esive coma a nova de Viana do Castelo.
8.
EGURROS (eg-urr-os).- Tamen nomeados “Egorrorum” ou “Gigurros”. Ocupaban
as comarcas de Ponferrada e Valdeorras. Siguen falando Galego nistes tempos inda
que agora foron incluidos na provincia de Leon, e os Asturianos dicen diles que
falan Bable. Estarian na sua terra as agora cidades de A Rua, Ponferrada e
Vilafranca do Bierzo.
9.
ORNIACOS (or-niaos).- Ocupaban o val do rio Duerna (León), chegaban po lo
norde o rio Ernia e po lo sud o rio Ornia.
Na sua terra estaría a
agora cidade da Bañeza e o pobo de Santa Colomba de Somoza.
10.
SEURROS (se-urr-os).- Ocupaban case de seguro as comarcas de Fonsagrada,
Sarria, Quiroga e Taboada.
Na sua terra estaría a
antiga cidade de Tamalina, e a agora cidade de Sarria.
11.
TIBUROS (tib-ur-os).- Ocupaban as comarcas de Sanabria e Trives. Inda ca
Sanabria e agora parte de León en algunhes pobos ainda se sigue falando Galego.
Na sua terra estarían as agora cidades
de A Pobra de Tribes e Puebla de Sanabria.
E o último unha excepción:
12.
VADINIA.- Ainda que o nome non di nada relacionado cos Arros, si o din as
suas xentilidades: Arcadeunos (ar-ca-de-unos) e Aroniaecinos (arro-ni-aecinos).
Os Vadinienses son considerados a tribu mais arcaizante da Asturias, o cal e
case seguro se teñen iste orixe “ar”. Ocupaban o sudeste de Asturias, parte da
Cantabria e o norde de León.
Na sua terra estaría a agora cidade de
Cangas de Onis.
1.
NERIOS e TAMARICOS.- Plinio dixo de iles que eran Celtas. Os Tamaricos
facían distingos intre os do norde do Tamara (rio Tambre) que se chamaban
Supertamaricos, e os do sul que se chamaban Prestamarcos. Ocupaban a zoa da
costa dende o cabo de Fisterra, deica a ria de Vigo. Na sua terra estarían as
agora cidades de Muros, Noia, Pontevedra, Vilagarcia, etc.
2.
TAMARICOS.- O nome e igual cos de Galicia po lo que sen dubida teñen que
ser Celtas. Ocupaban o centro sud de Cantabria e a zoa norte de Palencia. Na sua
terra estaría a agora cidade de Cervera de Pisuerga.
3.
SUPERACIOS (ou SUPERATIOS).- Considero que son Celtas po la inscripción
atopada que poñía “celtico superatia”. Ocupaban o val do rio Tera.
Na sua terra estaría a
agora cidade de Benabente.
4.
CONISCOS.- Considero que son Celtas Beticos Koni (konis-cos), ou ben que
foron iles os que ocuparon a Betica Koni, calquera das duas razós pode ser
certa. Ocupaban a zoa xunto dos Autrigoes (Pais Vasco). No seu terreo estaría a
agora cidade de Reinosa.
5.
PESICOS.- Considero co nome ven de “Beticos” e que trocuse a Pesicos, xa que a
cidade de Beriso considerase que e Pesica. Ocupaban dende o rio Navia deica o
Nalon en Asturias, e as zoas de Babia e Laciana en León. Falan a variedade do
“Bable Occidental”. Na sua terra estarían as agora cidades de Cangas de Narcea,
Cudillero e Luarca.
6.
LUGONES.- Poños como Celtas po la raiz “Lug” e porque os Asturianos
poñenos niste conxunto de xentes. Ocupaban unha extensa comarca dende o rio
Nalon deica o Sella. Falan a variedade do “Bable oriental”. Foron un conxunto de
xentilidades non moi craramente definidas e con forte raiz “ar” (Arganticae, Arganticaeni, Argantorios, Arnuminos e Arronidaecos). Na sua terra estarían as
cidades de agora Aviles, Oviedo, Vilaviciosa, Xixon, etc.
A tribu dos LOUGEI na antiguedade non existía, foi una presa de xente que os
Romans fixeron ir a zoa de Vilafranca do Bierzo, e inda que os Romans os
chamaron Lougei eu penso que e unha mixtura de Egobarros e Lugones po lo que non
os considero tribu diferenciada dos Egobarros, xa que inda agora siguen falando
Galego, estando incluidos na provincia de León.
1.
AQUILAFLAVIENSES.- Considero que o nome ven du orixinal “ac-ela”, e a
terminación “flavia” dos Romans, po lo que o nome orixinal tería que sere
“ac-elanos”. Ocuparían a comarca de Chaves. Na sua terra estaría a agora cidade
de Chaves, e se cuadra o pobo de Monterrei.
2.
ELENOS.- Ista e a tribu que conten mais crara a raiz diste pobo. Outra
tribu da que falaban na antiguedade era a dos CELENOS (ce-ele-nos) que estaba o
norde de ista, na Estrada, pero eu considero que son a mesma tribu, e que os
Celenos foron nada mais os de arriba. Ocuparían a comarca da Estrada e po lo
interior deica preto do rio Miño, incluindo a comarca de Vigo. Na sua terra
estarían as agora cidades de A Estrada, Caldas de Reis, O Porriño, Ponteareas,
Redondela, e Vigo. En algunhes libros ven o nome HELENOS pero e froito dunha
“elenización” do nome feita po los Gregos.
3.
GALECOS.- Inda que non meirande e secuadra a mais famosa tribu, xa que
deu nome a toda a terra de GALIZA. A sua fama ven da loita que botaron co Junio
Bruto que, ainda que a perderon, marcou a lenda do bravío dos Galegos en xeral.
Ocupaba unha zoa por riba de Braga, no val do Limia na zoa do medio do
percorrido do rio, deica os rios Abedela e Homen. Na sua terra estaría a agora
cidade de Caldelas.
4.
ORGENOMESCOS.- Foron un conxunto de xentilidades non moi craramente
definidas, mais penso que en xeral tiñan que ser “elenos”, xa que algunhas
xentilidades foran
Caelionicae,
Pembelos, Salaenos, e penso que tamen os Plentusios nome que ten que vir de
“pe-elen-tusios”. Ocupaban a costa de Cantabria deica preto do Sella (Asturias),
e o norde de Burgos.
Na sua terra estarían as agora cidades de Laredo, Llanes, Ribadesella, Santander, e
Torrelavega.
5.
SALACIOS.- Iste nome no orixen tivo que ser “calacios”, xa que a silaba
antiga “za” (terra) deu lugar as silabas “ca”, “sa” e “ga”. Ocuparían a comarca
de Vila Real. Na sua terra estarían as agora cidades de Peso da Regua e Vila
Real.
6.
ZELAE.- Iste nome no orixen tivo que ser “Za-elenae”, reducindose despois
a “zelae”. Tamen foron coñecidos coma “Zoelas”. Ocupaban Zamora (por riba do rio
Douro, o oeste do rio Esla) e a comarca de Bragança. Na sua terra estarían a
antiga cidade de Bragança, e a nova de Zamora.
AMACOS.- Non se atopan na peninsula tribus grandeiras con iste nome.
ARROS.- Ai nomes de pobos no resto da peninsula “celtica” ca raiz “ar”: Arevaci
(sul de Burgos), Carpetani (Cuenca), Caristii (Alava e Vizcaya), Varduli
(Navarra), e secuadra tamen os Oretani (Ciudad Real) e os Olcades (Albarracin,
no Teruel). E importante ter en conta que nestas datas os vascos non estaban
onde agora, xa que se situaban no sul da Francia. Inda que o nome do rio Ebro
todo o mundo o achaca a raiz “Ibero”, non se pode rexeitar que mellor podería
vir de “eb-ur-o” simplificadose despois o son no “Ebro”, inda mais se temos en
conta que ten a nacencia na terra “ur” (sinonimo de “ar”).
ELENOS.- Atopanse poucas tribus co nome iste na Ibéria celtica, so os Pelendós
foron inequivocamente “elen”, inda que penso que os Belli (sudeste de Soria)
poderían ter un orixen posible en “bele”, ou us Vettós que poderían ter o orixen
en “be-ele-tos” simplificandose en “beltos” e despois en “bettos”, mais son so
suposiciós miñas.
CELTAS.- Foron celtas os Celtae (Cadiz) e Celtici (Algarbe e Huelva) que figuran
no Atlas nomeado inantes, e outras tribus celtas serían: Berós (Soria),
Turmodigi (Palencia), e Turboletas (Teruel), mais po la zoa onde se atopan istes
últimos outros autores poñenlles orixen nos celtas Hallstat, na chegada dos
“campos de urnas” dende centroeuropa. Sí serían LUG os Lusitanos que penso que
veñen da evolución sonora do nome “lug” - “luc” - “lus”.
E moi curioso o nome “TUR” que
penso ten que vir de “TZA-UR” cos antecedentes que falamos xa, e daria nome a
pobos como os Turodoros (t-ur-od-or) en Galiza, Turdetani, Turmodigi, e
Turboletas no resto da peninsula. Penso que tamen o nome “BETICA” que viria de
“BETURIOS” da consistencia a iste orixe da verba “tur”.
Dada a antiguedade do pobo de Galaec, e moi posible quiste pobo colonizara o
occidente europeo, e como proba seguimos as sinaes deixadas nos nomes dos pobos
Britános, Galos, Galeses, e Irlandeses:
GALEACIA (Irlanda).- Galeacia (ou Caleacia) foi o nome que os Romans escribiron
pra Irlanda. Seus arcaos veñen dende o 8.500 ane., e a sua idade do bronce
encetou intre 2.500 ane., deica 2.000 ane. Nomes como: Breta,
Briain, Cairbre,
Cairpri, Callraige,
Calry, Carbury, Ceallanaich, Cleireach,
Dartriage, Gailenga, Galaich, Galway, Kilconnell, Killian,
Loughrea, Lugdach, Luigne
Mac Giolla Ceallaigh (Kilkelly), Mara,
Moylurg, Muadee (ou Muirisce), Mugmedón, Muiredaich, Muredaich, Murrisk,
Partraige,
Ruarc, Tulla, etc.; non deixan lugar a duvidas de que fomos un
mismo pobo (cunha evolución distinta despois dos Romans, xa que Irlanda non foi
ocupada).
CALEDONIA (Escocia).- Foi invadida en epoca mais recente por tribus Caleaceas
(Irlandesas), que foron as que deron nome a nacion Caledonia, antes da chegada
dos Romans as illas Británicas.
GALIA (Francia) y BELGICA.- A Galia non foi toda a Francia, a Aquitania (sul de
Francia) non era parte da terra Gala. Foron tribus galas emparentadas cas de
Galeac as seguintes (intre parentesis vai a raiz en Galeac): Ambarri (arr),
Arecomici (arr), Arverni (arr), Atrebates (arr), Bellovaci (elen), Bituriges
(urr), Cadurci (urr), Caletes (elen), Carnutes (arr), Caturiges (urr), Cavares
(arr), Eburones (urr), Eburovices (urr), Helvii (elen), Lemovices (ama), Nerusi
(celt), Nervii (celt), Parisii (arr), Rauraci (urr), Salluvi (elen), e Sardós
(arr). E pode que haxa mais pobos ainda, xa co estudio non o fixen a fondo. O
último anaco da cultura gala agora estaría na península da Bretaña.
GALES y CORNWALLES (corn-gales).- Cornovii, Silures, Atrebates
BRITANIA.- Selgovae, Carvetii, Brigantes.
Causa enoxo que os Galegos non estemos plenamente recoñecidos como conxunto
celtano “gal” con istos antecedentes arcaos.
LA INVESTIGACIÓN PROTOHISTÓRICA EN LA MESETA Y GALICIA de Mª Dolores Fernandez -
Posse
CULTOS Y DIVINIDADES DE LA GALICIA PRERROMANA A TRAVES DE LA TOPONIMIA de
Joaquin Caridad Arias.
LA CIVILIZACION CELTICA DE GALICIA de Florentino López-Cuevillas.
HISTORIA DE GALICIA Tomo II de D. Benito Vicetto.
LOS CELTAS de Francisco Marco Simón.
APUNTES DE SARRIA de Luis Macia
Vazquez
HISTORIANNUM Historia Antigua
IRELAND’S HISTORY IN MAPS
LES PEUPLES CELTES
ATLAS HISTORICO INTEGRAL SPES editorial Bibliograf.
1.
Pro anális etimolóxico baseime nos estudos de
Carlos A.B. Castelo titulados “Formação
da língua Portuguêsa” e nos estudos de Jorge Mª Ribero-Meneses titulados “El
Kastellano no procede del latín”, moi apreciados por min xa que me abriron os
ollos onha nova maneira de entender os arcaos das inguas da península Ibérica.
Con iso e o meu bo coñecemento de galego podo atestiguar a evolución das letras
e os seu sones: “R” na “L”; “B” na “P”;
“Z” nas “C”, “Ç”, “X”, “S”, e “CH”; “C” na “K”, “Q”, “G” e “J”; “T” na “D”; “A”
nas “E”, e “I”; “O” na “U”; e “I” nas “Y”, e “LL”.
2.
“ane” despois de unha data sinifica “antes da nosa era” referindose o
sistema de datación Europeo occidental, no que o ano 1 e o da nacencia de
Cristo.
3.
“dne” despois de unha data sinifica “despois da nosa era”.
4.
Estrabón (Xeografia III, 3, 7).-
“Nas tres cuartas partes do ano os montañeses nutrense de bellotas, que secas e
trituradas moen pra facer o pan ... Beben zythos (bebida fermentada da cebada,
semellante a cerveza dos egipcios) e viño, que escasea pras festas ... No lugar
de aceite usan manteiga ... Usan vasos labrados en madeira, coma os Celtae”.
Copyright
Marcelino Somoza Sánchez (versión 06-10-2002)
Notas do autor:
Non está prohibido facer uso de textos de iste traballo en outros traballos
sempre que se poña referido expreso do meu nome.
Iste e o primeiro esbozo do traballo po lo que teñen que excusar os erros.
www.galespa.com.ar