|


|
I. NOCIÓNS ETIMOLÓXICAS:
Un ghrande número de topónimos ghaleghos, entre eles a denominación do
noso país -Galicia-,
baséanse en nomes de antighas divindades. As antighas divindades
desempeñaban o papel de padroádegho para persoas, asentamentos e
cidades. Ademais, daban o seu nome a ríos e outros accidentes
xeoghráficos. Tal consideración débese a que na época antigha a
concepción máxica-relixiosa se estendía por tódolos eidos vitais do ser
humano.
A verba Galicia
provén da deidade
Cal-Calo,
Calon.
Estes nomes fan referencia á antigha deidade solar do ocaso. Co
transcorrer do tempo estes vocábulos sufriron unha latinización:
CALUS, CALE.
Dende a perspectiva etimolóxica observamos diferentes acepcións, ás
veces en aparente contradición, ó tratarse dunha deidade polivalente
dependendo de cada unha das súas funcións (a linghua da colectividade
que lle profesaba culto, etc.).
Tras ve-lo vencello do topónimo coa antigha deidade solar cómpre que
teñamos en conta que
CALLAECIA,
probablemente, non é unha denominación celta, polo menos na súa orixe,
debido á súa presenza en culturas alleas ó fenómeno celta (como a
cultura etrusca, a ibérica e incluso outras do ámbito precéltico:
véxanse os nomes, entre outros, de Calahorra -nome ibérico-, Calatorao
-nome etrusco-, Ourense -nome precéltico-...).
II. CONSTATACIÓN ESCRITA DO TOPÓNIMO:
Facendo unha viaxe polo tempo, o territorio que ocuparon os suevos
continuou a denominarse
GALLAECIA.
Tal denominación xa existía no S.I a.C. cando a este territorio
chegharon os romanos. E da verba Gallaecia derivaron os étnicos
Gallaici, Callaici e Callaeci: vocábulos que designaban pobos con quen
se mesturaron os celtas no noroste peninsular.
A denominación GALLAECIA evoluiría á de Galicia posiblemente no S.VI
(para a verificación disto remito á "Cosmographia Aetichi dicta" de
Istro Aetico -S.VI-). A mencionada evolución, sendo a máis antigha
documentada, tería unha serie de mudanzas posteriores:
Gallicia
e Galiza
e, tamén,
Gallitia e
Galliciense
Regnum (estas
dúas últimas denominacións fighurarían na "Historia Francorum" de
Gregorio de Tours, obra que data de mediados do S.VI aproximadamente).
III. EVOLUCIÓN FONÉTICA DA VERBE TOPONÍMICA
O nome de Galicia
e o resto de vocábulos documentados fan alusión á
denominación dos poboadores previos á conquista romana.
Na Idade Media coexistían as dúas formas:
Galicia -a forma máis antigha- e
Galiza -forma documentada un
século despois ó ighual ca Gallicia- (na documentación medieval
tamén se observaron outros vocábulos para aludir ó territorio
ghalaico:
Gallizia, Galizia...).
Co paso do tempo observamos que o topónimo territorial ghalaico,
ó ighual ca noutras palabras, adoptou a terminación -CIA. As
razóns que alicerzan esta solución como a única válida son:
a) A única forma empreghada por tódolos falantes para desina-lo
espazo territorial é GALICIA.
b) A verba Galicia non é un vocábulo castelán. Respecto disto
cómpre ter en consideración que nesta linghua GALLAECIA debería
dar *Gallicia ou *Galleza.
Trala lectura deste punto plantéxase* unha preghunta: ¿entón que
pasou na linghua castelá? Nas denominacións dos países cercanos
o castelán, lonxe de toma-la súa solución, adoptou a forma
empreghada polos habitantes do territorio correspondente.
c) A terminación -CIA é patrimonial na zona oriental do
ghalegho.
d) E se todos estes arghumentos non foran suficientes obsérvese
que a recuperación da terminación mencionada, ademais da outra
terminación: -CIO, se debe á ghrande abundancia de cultismos
introducidos na linghua ghalegha dende a época medieval.
Esta última explicación deixa albiscar a fidelidade da linghua
ghalegha respecto da matriz latina.
Por último, facendo un pequeno bosquexo a evolución que teriamos
sería a seghinte: CALLAECIA > GALLAECIA > GALICIA
1- O paso de Callaecia a Gallaecia reposa, quizais, nun afán
remodelador etimoloxizante.
2- O derradeiro paso plantexa* unha serie de inconvintes: a
simplificación da consoante palatal lateral, a evolución do
ghrupo vocálico -AE- a -I- (a raíz disto cómpre dicir que no
ghalegho actual tal ghrupo debería dar ou vocal anterior
semiaberta ou vocal semipechada), a terminación -CIA responde a
unha evolución patrimonial.
|