A noite do 31 de outubro
Entre os antigos celtas , "Semaín"
Semaín" ( 31 de Outubro, a noite dos mortos,
Halloween
para os
americanos)
era a última noite do ano e considerábase coma un momento propicio para
presaxia-lo futuro.
Os romanos engadiron a esta celebración á da colleita que se celebraba o
día 1 de Novembro na honra da deusa
Pomona, deusa das froitas e árbores.
Os cristiáns, o 31 de Outubro, celebran a véspera de
"Todos os Santos", recordan ós seus
mortos e axúdanlle a saír do purgatorio e alcanza-la luz eterna.
Ten a súa orixe nos costumes celtas. Por iso moitos pobos da península que
mantiveron contacto coa tradición celta, conservan na celebración da
noite de defuntos algúns dos seus rituais. Estes rituais chegaron
a nós mesturados coa tradición cristiá.
Os druídas, que eran os sacerdotes
celtas, crían que esa noite
"Saman, o señor da morte",
provocaba ás hostes dos espíritos malignos. Os druídas acendían entón
grandes fogueiras, co propósito de suxeitar a todos eses espíritos.
Os celtas tamén crían cós espíritos da morte (a nosa
Santa Compaña Galega)
visitaban as súas moradas terreais esa noite.
Os romanos, despois de conquistar territorios habitados por celtas,
engadiron ó Samain elementos da súa
festa da colleita, celebrada o 1 de Novembro na honra de
Pomona, deusa dos froitos e das árbores.
A tradición celta de acender fogueiras o 31 de Outubro, sobreviviu ata
épocas modernas en Escocia e Gales, e o concepto de pantasma e bruxa
segue sendo común en tódalas celebracións relacionadas co día de Samain.
Sobreviven pegadas (vestixios) da festa romana da colleita no costume,
habitual en E.E.U.U. e Gran Bretaña, de facer xogos utilizando froitas,
como sacar mazás dun caldeiro de auga.
En Galicia consérvase o costume do
Magosto,
consistente nunha festa onde se comen sempre castañas.
Estas castañas cócense con anís para as ánimas do purgatorio e outros
espectros. Aliméntanse e acéndense pequenas candeas
que flotan dentro de cuncas de auga e aceite. Cando estas candeas se
consumen, sábese, que unha ánima do purgatorio alcanzou, por fin, a luz
eterna.
Mónica Beatriz Suárez Groba
Bibliografía consultada:
"Fonte: "Los celtas", Manuel Yánez Solana.
Temas relacionados :
"Halloween e o ano novo celta en Galicia"
www.galespa.com.ar