Trinta anos do O Tren de Andrés Do Barro
Chegou a número un de vendas no franquismo cantando en galego
por Horacio Villande
En 1999 cúmprense trinta anos da edición do disco de
Andrés Do Barro 0 tren, un síngle en galego que coñeceu unha circunstancia
inédita, como é chegar ao número un das vendas e facelo durante a ditadura
rnália estar en galego. Tras o éxito, o réxime tratou de asimilar a un cantautor
de letras sen mensaxe, pero detrás desta faciana, estaba un home que non
renunciou ao idioma pésie saber que en castellano haberia de ter abertos todos
os caminos.

O ferrolán mantívose fidel ao galego apesares das presións
Se hoxe representa unha circunstáncia insólita que un disco en galego chegue ás
listas de éxit os, que o fixese Andrés Do Barro con 0 tren no franquismo e que
ademais acadase unhas vendas tan importantes, dá idea da dimensión da fazaña do
cantante.
Nado en 1947 no seo dunha família da Armada en Ferro¡, Andrés Do Barro non
estaba chamado para o mundo da canción, e moito menos se esta estaba
interpretada en galego. Foron as amizades e o entorno sócio-económico quen
levaron a Do Barro a abrazar a língua como forma de expresión. "O meu foi un
intento de promocionalo dalgun xeito", explicaría posteriormente. Para seguir
ese camiño renunciaría a seguir a tradición familiar, no seu caso na marina
mercante, xa que a sua indolencia impediulle aceder á Escola Naval de Marin.
Os primeiros pasos deunos Andrés Do Barro tentando conquistar algun corazón.
Case sen quereló atopou os ánimos dos seus amigos Xavier Alcalá e Xosé Manuel
Silva. "Eramos tres crios de dezasete anos tratando de montar recitais',
contaba. Pero non habia xeito, topou coa censura guvernativa as primeiras veces
que tentou subir ao cenário. A ditadura franquista non gostaba do galego e as
autoridades non amosaban a sua disposición para ermitir actuacións no noso
idioma. Curiosamente e precisamente por culpa da censura das suas actuacións, a
primeira vez que cantou profisionalmente foi nun estudo de gravación. Fíxoo tras
várias tentativas frustradas de actuar en público. A sua oportunidade chegou
gravando un disco de catro cancións que non atopou promoción e cuxas vendas
foron ben exiguas: noventa ejemplares. A razón de semellante trunfo non foi
outra que o disgosto da casa discográfica polo feito de cantar en galego.
A segunda oportunidade veu da man da compañia RCA, coa que gravou "0 tren", un
single que seguidiño haberia de ven.der un feixe de cópias para chegar ao número
un nas principais cadeas radiofónicas do Estado.
Aí estaba Andrés Do Barro radiante de éxito. En galego, para pasmo do
franquismo. Ainda hoxe, con democracia e bilingüísmo harmónico non se volveu ver
tal. Algunha canción Xoán Pardo e de Antón Reixa acadarian posteriormente postos
relevantes nas listas, pero non un número un e menos un número un tan flamante
como aquel tren correndo pola beira do Miño.
"Se non podes co inimigo, únete a el", debeu dicer o franquismo, abraiado
polo trunfo dunha canción en dialecto. Sobre isto, recentemente fixo unha
reflexión o músico de Siniestro Total Xulián Hernández, no seu libro Hai vida
intelixente no rock & roll?: "Na Galiza até tentouse unha ofensiva para
contrarrestar o nacionalismo radical de tanto cantautor malencarado e
desagradecido (a Universidade de Santiago de Compostela era un fervidoiro) con
alegres melodias e letras amábeis a cargo do malogrado Andrés Do Barro,
compositor de estribillo fácil e ideoloxia neutra en língua vernácuia".
Si, o franquismo tentou asimilar a un home que posteriormente publicou temas tan
populares como Corpiño xeítoso, Pandeirada, San Antón ou Meu amor. Máis que
acadar o seu obxectivo, conqueriu, aos poucos, ir anulándoo, emborrachándoo de
éxito e de alcol.
Falsa imaxe
Pero a imaxe que quedou de Andrés Do Barro, como cantautor maleábel, cómodo para
o réxime, desdise cando se presta atención ás suas palabras. El mesmo afirmou
que "les de verdade as letras e dis: pero isto non ten nada". Pero tiña todo e
el sabíao porque sufrira nas suas carnes a persecución ao idioma.
Unha entrevista concedida en 1973 a Enrique Barrero para o libro "El oficio de
cantar', ilustra o compromiso de Do Barro co idioma. "O problema entón era
cantar en galego simplemente,non estaba proibido oficialmente nen legalmente nen
nada, nen sequera unha orde guvernativa (... ) era [como] dicer: ai! en
galego, estes empezan como a ETA", contou nesa entrevista, na mesma na que deu
conta de como unha incursión no castellano teria aberto moitas portas: '"tentei
gravar con varias compañias de discos e moitas me dixeron que non; que si
cantase en castellano que si, pero que en galego que non; gostaban as cancións
pero non gostaba que se cantase en galego".
Pero Do Barro teimaba co galego e con Galiza. Se cadra non se podo dicer que
fose un patriota, se cadra si. 0 certo é que confesaba a sua admiración por
escritores como Castelao ou por pintores como Seoane. E con estes dous nomes,
non podía sinalar máis arriba, no cerne mesmo do corazón intelectual do país.
Sobre Castelao dixo que " é o grande xénio, e cántame cousas nos libros que ás
veces fanme chorar". No que atinxe á arte, afirmaba que "do que máis osto é dos
pintores galegos da nova onda porque son tremendos, Seoane e toda esta xente".
Andrés Do Barro, adernais de cantautor era un horno. Atinou na defensa do galego
como língua de expresión, non renunciou a el nen sequera para conquistar o
mercado español. Pero foi vítima de ngados, como o que padeceu cando
protagonizou, xunto a Concha Velasco, "En la red de mi canción', se cadra unha
das piores películas do cinema español. Non queria iso Andrés Do Barro,
pero foi como lle veu dado. Como cando probou co castellano para
conquistar o mercado latinoamericano pero errou no intento. Ou como cando se
abandonou, como tantos artistas, para rematar os seus días como unha estrela que
non encaixou o éxito.
Fonte:
A Nosa Terra,
11-feb-1999, Nro. 869, Ano XXII, IV Xeira
www.galespa.com.ar