María Balteira
María Balteira foi unha muller galega que viviu na Idade Media.O seu nome
real era
María Pérez e foi a "soldadeira" máis famosa da nosa época
medieval. As
soldadeiras eran mulleres que estaban adscritas á corte, e que tiñan
como oficio cantar e bailar. Por este traballo pagábanlles unha soldada e de
aquí vén o nome de soldadeira.
Sabemos que María Balteira naceu en Betanzos, probablemente na localidade de
Armea, e que frecuentou as cortes de Fernando II e maila de Afonso X. Esta
muller caracterizouse por levar unha vida que se pode cualificar de
'desordenada' para o momento.
Case tódolos datos que temos dela chegáronnos a través das
cantigas medievais; así, María Balteira é a protagonista de quince
cantigas de escarnio escritas por dez trobadores distintos, entre eles Pedro
Amigo de Sevilla e Pedro de Ambroa, os dous de Betanzos, Pero da Ponte e mesmo
de Afonso X O Sabio.
A través das citadas cantigas descubrimos que María participou nunha cruzada,
non se sabe con certeza se foi na que tivo lugar no 1248, ou na que iniciou
Xaime I de Aragón en 1269 e, sobre todo, coñecemos detalles do ritmo de vida que
levaba. Se facemos caso do que se di nas cantigas, María reunía tódolos vicios
condenables do momento: xogaba ós dados, aproveitábase da xente, mantiña
relacións sexuais de todo tipo con cregos, escolares, xograres, etc., transmitía
enfermidades... e, aínda por riba, burláronse da súa vellez.
Estes versos de
Joan de Baveca proban isto:
Por Deus, amigos, gran torto tomei:
Ca porque dixe dunha vella mal,
deostou-m'ora María Balteira.
Tantas críticas e atención ó que dicía ou facía María Balteira, fannos pensar
que se tratou dunha muller con peso na corte e na súa época.
Por C. Charamuscas Fte: O Correo
Galego
www.galespa.com.ar