MANIFESTO DA ASAMBLEIA NAZONALISTA DE LUGO (I)
AO POBO GALEGO
Máis sobre este tema:
Asamblea Nazonalista de Lugo, 1918
Os persoeiros das ‘Irmandades da Fala’ reunidos en Asambleia magna tida na cidá
de Lugo nos días 17 e 18 do mes da data pra conquerire do Goberno da Sua
Maxestade El Rey a autonomía integral da Nazón Galega e fixar n-un programa as
que coidan testas soluciós ós problemas que intresan d’un xeito fondonísimo á
vida nazonal da Galicia aprobaron e sosteñen co corazón ateigado de espranza e
os ollos postos no porvir da Nai Terra as siguentes conclusiós, que fan públicas
pra conocimento e meditazón do pobo galego nestora solemne do albeo das
nazonalidades que sinten tremelar a sua y-alma e fan xurdir a súa persoalidade.
I.Previa
Tendo a Galicia todal-as características esenciaes de nazonalidade, nós
nomeámonos de oxe para sempre, nazonalistas galegos, xa que a verbe
“rexionalismo” non recolle tódal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade
dos nosos problemas.
II. Problemas costituentes
Autonomía Integral pr-a Galicia.
Autonomía Municipal distinguindo o Municipio aldeán do vilego, axeitándose o
Concello aldeán sóbor da base do reconocimento da persoalidade xurídica das
parroquias, que terán as súas xuntas, elexidas antr-os cabezas de familia –
petrucios- homes ou mulleres, pra termaren dos seus bés privativos. Os
presidentes ou cabezaleiros d-estas xuntas serán vocás nados ou Concelleiros da
Corporación Municipal e nomearán, de antre eles o Alcalde que dirixa o Concello.
As parroquias, con persoalidade xurídica, poderán contrataren y-estableceren
seguros e instituciós de creto antr-os veciños e adeministrare os bés comús, que
o Poder Central terá de lles restituire, dispoñendo o seu aproveitamento.
Cooficialidade dos idiomas galego e castelán.
Federación da Iberia.
Dentro d-esta federación igoaldade de relaciós con Portugal.
Crendo n-a accidentalidade das formas de goberno, intrésanos acrarar que non
apelamos por ningunha, mais simpatizaremos, dende logo, con aquela que se
amostre mais doada pra chegare á federación con Portugal.
Ingreso das nazonalidades da Iberia na Liga das Nazóns.
III. Problemas políticos
Igoaldade de direito pr-a muller.
Custión eleitoral:
A función eleitoral terá de sere da responsabilidade do goberno e protexida
pol-o Poder público.
Representación proporcioal como sistema eleitoral
Non serán elexibles os elementos que non rendan unha función útil pr-a
colectividade.
A Asambleia decrara: que si nas eleiciós pra Cortes Constituentes Hespañolas non
se nos dera unha prenda en garantía exceicional pra que a vontade do pobo poida
manifestarse con toda libertade –pois co-as organizaciós oligárquicas de oxe non
sería abranguible – apelariamos ós representantes de Cataluña e Euskadi e, se
elo non abondara, ó Estado mais afín ó noso pra que na Liga das Nazóns defenda o
direito da Galicia á libertade cibdadana.
Acabamento das Diputaciós Provinciás.
Creación do Poder Autónomo, representado por un Xuntoiro ou Parlamento Galego,
elexido por sufraxio universal, con todal-as facultás que a reforma da
Constitución non garde pr-o Poder Central e sempre, pol-o menos as siguentes:
IV. Facultades do Poder Galego
Nomeamento da Xunta gobernadora, que terá de exerce-lo Poder executivo, composta
d-un Presidente e seis Segredarios encargados dos Departamentos de
Adeministración, Xusticia, Enseño, Obras Públicas, Agricultura, Industria,
Comercio e Facenda.
Toda-las funciós adeministrativas.
Lexislación social, agás n-aqueles casos nos que os problemas sociaes se
extendan ás diversas nazóns da Iberia.
Reximen tributario, sin intervención do Poder Central, ó que somentes pagará o
Autónomo a cantidade que se fixe n-os concertos económicos.
A potestade docente do Estado actual pasará enteira ó Poder Galego.
O reximen bancario, n-o que intervirá pol-a función social que oxe teñen os
bancos. A mesma facultade pr-a solución do Creto agrícola.
Correios e Telégrafos. O seu servicio ó carrego do Poder Central; a súa creación
será cárrego do Poder Autónomo; o servicio dos Teléfonos ó cárrego do Poder
Galego. A censura n-estes servicios non poderá ser exercida pol-o Poder Central
mais que no caso de guerra.
Ferrocarrís: a sua nazonalización. A lexislación sobor dos mesmos será facultade
do Poder Central; a sua construcción e adeministración en carga do Poder
Autónomo.
Portos Francos. A lexislación e regulación do tráfico marítimo en carga do Poder
Central.
Si ven co-a paz o acabamento dos exercitos permanentes e no caso de que somente
quedaran exércitos policías tambén será facultade do Poder Galego a fixación das
forzas que xusgue percisas pr-o orden interno de Galicia.
MANIFESTO DA ASAMBLEIA NAZONALISTA DE LUGO (II)
V. Cuestiós xurídicas
Sustantividade do Direito Foral galego.
Derogación do artigo quinto do Código Civil e reforma do seu articulado no que
se refire á sucesión abintestato.
A publicación das leises farase no idioma galego.
Igoaldade de direitos pr-a muller casada, pol-o menos no caso da emigración do
marido.
A función dos Tribunales de Xusticia romatará en recurso derradeiro en Galicia e
sempre realizada por funcionarios galegos.
As terras dos pequenos propietarios qu-a laboreen consideraranse instrumentos de
traballo pr-os efeutos do embargo.
O arrendatario terá direito a unha parte da supervalía do arrendado sempre que
sexa debida ós melloramentos producidos pol-o seu traballo.
VI. Problemas económicos
As custiós aduaneiras serán resoltas por concerto entre o Poder Autónomo e o
Central, salvo o libre cambio de cereaes.
Reintegración inmediata á propiedade privada, pol-o xeito mais doado dos montes
do Estado, dos pobos e de propios.
Repoboación forestal forzosa. Si os particulares non a fan faría o Poder Galego
por anualidades, gravando sobre a riqueza creada, o capital invertido mais os
intereses. Reforma da lexislación civil n-iste punto.
A Asambleia decrara de toda urxencia a resolución do problema dos gravámenes
sobor da terra en Galicia.
Tamén decrara sere un crime contra Galicia o permanente absentismo dos
propietarios da terra.
VII. Aspectos artísticos
Proclamar a soberanía estética da Nazón Galega que se exercerá:
Sobor as costruciós urbanas e ruraes, ditándose unha lei que obrigue os
propietarios a axeitare o estilo das súas costruciós ó estilo xeneral de cada
vila galega.
Na expropiación de moimentos e paisaxes.
Na organización do enseño artístico, con creación d-unha Escola Musical Galega.
Vede, irmáns galegos, o noso programa. Non é nin pode ser nosa verba difinitiva;
mais é, por decontado, un berro d’anguria que vos chama e a úneca afirmación
creadora feita na nosa patria galega.
Son chegadol-os tempos d’erquere a y-alma e o pensamento de Galicia, e sobor
todo a sua soberanía, compreta e sen cativeces. N-isto non caben discusiós:
Galicia ten direito, un direito fundamental, a ser dona ausoluta de si mesma.
Con vountade ceibe faremos nupcias d’amore con outras soberanías, contr’as que
non vai nin quér ire a soberanía nosa.
Pensade, pois, nas nosas concrusiós, feitas pra todol-os galegos. Pró, ademais,
sentídeas, practicádeas. Nosos brazos están abertos pr’a fecunda aperta. Todos
xuntos melloraremos a grande obra.
O ideal que nos aloumiña vos pide que sintades a Galicia, coma nós no recuncho
mais intenso das vosas almas.
Ninguén é inútil pra ista cruzada. A nosa mocedade tén unha santa obriga co-a
patria, e agardamos, ateigados do lume inmenso do noso amore, que todo galego
dino nos mande a súa adhesión á Santa Causa da Redenzón da Nai Terra.
Na cibdá de Lugo, a noite do dazaoito de Samartiño do mil novecentos
dazaoito.
*** Á Asemblea que aprobou iste manifesto asistiron persoeiros de tódal-as
Irmandades; estiveron representadas 67 sociedades agrarias, cinco centros
culturaes; e mandaron sua adhesión cinco federaciós agrarias, once Concellos,
mais de 40 asociaciós e numerosísimas persoalidades de Galicia.
www.galespa.com.ar