Plásticos  galegos

 

Ulises fingal (Lugrís)
 

 É un dos artistas fundamentais do século XX galego. Pintor, poeta, ilustrador e escenógrafo, especie de moderno romántico, Lugrís deixounos un particular e colorista universo mariño próximo ó mito e á lenda

Jorge Castro
XANEIRO 2002


 
 

O pintor do mar

"Lugrís, fillo de Lugrís Freire, o grande amigo de Eduardo Pondal, non era Urbano Lugrís somentes. Era, sobre todo, Ulises Fingal: Ulises, o navegador do mundo e do trasmundo, o grego de cando os gregos ainda non sucumbiran ao logos do puro razonar, se é que algunha vez Platón sucumbira; Fingal, o heroe gaélico que lle ordenaba coa sua rixidez cerúlea o camiño do Outro Mundo, os vieiros escusados dos Thuata Dé Danan, as xentes irlandesas de debaixo da terra, o misterio de Brigadoon que cada cen anos emerxe da néboa dun val de Escocia para vivir a normal vida dunha cidade.

 

 

.
 
Non pretendo decir aquí miña verdade, porque podería ferir os gostos e as preferencias (ou os prexuicios ideolóxicos) de moitas boas persoas. Non pretendo decir que Urbano Lugrís / Ulises Fingal sexa o meu mellor pintor galego do século XX. Pero é así como penso e como gozo. Toda a súa xeneración -como a dos seus contemporáneos mexicanos- elexiu en Galicia un retábulo de feiras e romaxes, de vendedoras de pan e de peixeiras arquetípicas de redondas caras, de luz de paisaxes patrióticas e de mostración do pobo galego.
 
 .

 
Mil veces máis nacionalista que os seus silenciosos detractores, Urbano Fingal sabe pintar cunha dureza que pode producir o calafrío. Como Chagall, pertence a aquela raza de pintores que abren vías para seguir imaxinando, ao mellor unha vida enteira, a estoria que empeza, se cadra, na esquina de calquer pintura aparentemente plana.".
 
(Xosé Luís Méndez Ferrín. Faro del Lunes, 22 de outubro de 1984)

 

 

Fuente: www.riasbaixas.com 

www.galespa.com.ar