|
|
XESÚS
LORENZO VARELA
VÁZQUEZ |
|
ç
Volver |
Traballo de investigación feito para Revista
Raigame |
O TERCEIRO EXILIO : BOS AIRES
Nesta cidade de Bos Aires se reencontra co seu pai, José Ramón Varela García que
vive alí, e con amigos intelectuais como Luís Seoane, Carmen Muñoz, Rafael
Dieste ou Arturo Cuadrado Moure. A este grupo se lle sumaran, logo, algúns
outros (Rafael Alberti, Eduardo Blanco Amor, Federico Rivas, Xosé Suárez,
Colmeiro, Antonio Baltar, Otero Espasandín, Nuñez Búa, Gumersindo Sánchez
Guisande). Comparte cos exiliados as tertulias do mítico café "Tortoni" da moi
española Avenida de Mayo. .
Dos poucos que están ó tanto do seu traballo cóntanse Fernández del Riego,
Aquilino Iglesia Alvariño e Otero Pedrayo.
A súa obra non se dá a coñecer nin en España nin en Galicia ata moi tarde,
quizabes pola censura, non chegando o autor a publicar logo, por exemplo, o
anunciado "In
memoriam"
a Aquilino Iglesia Alvariño.
Tamén fan xuntanzas na “Casa de la Troya”, o restaurante de Elpidio
Villaverde, ó que asistía algunha vez Castelao. Neste cruceiro atópanse
novamente quen elixiu o víeiro ideolóxico máis democrático, deixando
enterrando o seu amigo Bóveda no camiño, e o vieiro máis radical da
extrema esquerda e das armas.
Como o fixo en México, en Bos Aires codirixe e funda unha revista, neste caso
"De mar a mar" (con Dieste, Seoane e Cuadrado Moure, todos eles galegos coma el,
que o animan a escribir nesta lingua), revista desaparecida durante a primeira
presidencia de Perón. Publica nela "Duelo en tres cantos por la muerte de Miguel
Hernández" e sete poemas que logo Seoane incluiría postumamente en "Homaxes".
"Rafael Alberti fue el primer poeta que homenajeó a Miguel Hernández tras su
muerte. Fue con "Égloga fúnebre a la memoria de Miguel Hernández", que publicó
durante su exilio en la revista "De Mar a Mar" de Buenos Aires. Ambos autores
compartieron mucho más que poesía. Coincidieron en "El Mono Azul" y en "Caballo
Verde para la poesía". (1942)
"Un grupo de exiliados, entre quienes se cuentan Arturo Cuadrado, Lorenzo
Varela, Arturo Serrano Plaja y los plásticos Luis Seoane y Manuel Colmeiro,
comienza a publicar en Buenos Aires la revista "De mar a mar".
El precepto modernista, que hace suyo la vanguardia, de que el libro es un
objeto de arte en sí, en su encuadernación, tipos, tintas y grabados es
especialmente defendido en Séneca aunque con la sobriedad de las dos tintas,
creando así un precedente que será imitado por muchos editores del exilio: desde
Costa-Amic en México a Lorenzo Varela en Argentina y Arturo Soria en Chile.
(Fonte: La imprenta peregrina: escritores y editores en México ww.uab.es )

En 1942 publica "Torres
de amor" e en 1944 "Catro
poemas pra catro grabados", a súa primeira obra poética nesa lingua.
Esta obra histórico-nacionalista foi coñecida como "María Pita e tres retratos
medievais" (Roi Xordo, o bispo Adaúlfo e María Balteira) formando parte dunha
obra de ilustracións de Seoane (foi reeditado en 1951 con música de Julián
Bautista).
No tema da arte plástica, que o apaixona, publica en 1945 "El
Renacimiento" , (Editorial Atlántica).
En 1946 "Murillo"
(Editorial Poseidón), facendo ata os 50 numerosos limiares en prosa mantendo o
contacto con numerosos artistas, entre eles o de "Juan Martín el empecinado" de
Benito Pérez Galdós (Editorial Pleamar, 1945).
No xornal "La Razón" é critico de arte varios anos pasando logo a "El Mundo" e
colabora nas máis importantes publicacións arxentinas como nos xornais "Clarín",
"La Nación" e revistas como "El Hogar" (que dirixe e na cal xa tiñan publicado
prestixiosos escritores como Roberto Arlt), "Del arte", "Sur", "Primera plana"
"Correo Literario" e "Cabalgata".
É fundador e director do exitoso programa radiofónico "Hora once" xunto co
fotógrafo Horacio Cóppola quen ilustrara de mozo un libro de Borges. En 1943
publica o seu poema "Cita" con música do compositor arxentino Carlos Guastavino.
Tamén nese ano fai a antoloxía "Actualidad de la obra crítica de Beaudelaire",
baseada na súa traducción dos ensaios beaudelereianos sobre a arte. Para ela
escribe o limiar.
|

|

|

|
|
Horacio Cóppola |
Igor Stravisnky, Juan José Castro
e Julian Bautista
(de esquerda a dereita) |
Retrato de "O Aleijadinho" |
En 1954 publica o seu estudo "Seoane" a través da Editorial "Botella al mar" de
Arturo Cuadrado Moure. "Lonxe",
outro libro de poesía que se publica en 1954, é considerado por algúns como o de
maior calidade literaria coa temática da guerra civil e o exilio. Hai numerosos
poemas editados en distintas publicacións.
Coma poeta en castelán recibe eloxios de esixentes autores como Cernuda e o
premio Nobel de Literatura Juan Ramón Jiménez.
Varela ten influencias da xeración do 25 e tamén do 27 españolas (polo emprego
das formas tradicionais lembra a práctica desta última), xuntando o seu interese
pola obra literaria coa plástica, quizais esta última unha vocación frustrada.
Aínda a súa paixón artística, do mesmo xeito que Castelao, brega pola causa da
xustiza e dos oprimidos, en toda a súa obra e na súa vida ademais.
Lorenzo Varela practica unha poesía de denuncia ó estilo de Ferreiro onde non
faltan os temas sociais, do pobo, revolucionarios, como ser poemas das
guerrillas galegas, dos maquis dos anos 40, a revolución irmandiña do século XV,
o asoballamento do traballador galego, etc.
"Como xa se ten aclarado non é Ferreiro o poeta que acende na posguerra o facho
da poesía cívica. Desde o exílio americano Luis Seoane e Lorenzo Varela e no
interior Manuel Maria -con Documentos persoais, de 1958- poñen os cimentos
daquel canto belixerante, épico ou intencionadamente prosaista. Pero hoxe
resulta xa incuestionábel a decisiva forza de estoupido, tanto pola derivación
en escola como polos valores próprios de súa fala, que tivo a publicación en
1962 de Longa noite de pedra". ( Fonte: Asociación de escritores Galeuzca,
1991)
A obra de denuncia de Varela é consecuente coa súa vida, ó estilo de Miguel
Hernández.
Os temas das dores da emigración galega (endexamais deixa de lembrar á súa terra
natal fora onda fora) é parte desta denuncia na que non soamente atribúe á fame
á mesma senón tamén á humillación dos que foron buscar emprego e recibiron trato
de marxinados.
Na súa obra a muller é obxecto de admiración e tenrura, nun mesmo plano que o
home concordando coa súa ideoloxía esquerdista, figuras femininas de loita
popular contra a represión e protagonistas como por exemplo María Pita e María
Balteira.
En Bos Aires, cidade do exilio galego, o artista e amigo Luís Seoane recupérao
para a galeguidade. Afastárase de mozo polo seu radicalismo ideolóxico pero non
de ser galego senón do xeito de loitar.
Dirixe "El Pueblo Español" (órgano portavoz do Partido Comunista); sempre é
prolífico na súa actividade cultural e intelectual, aínda que non o fora coa súa
obra editada.
Adivíñase na obra de Varela os tres pilares da súa paixón: a súa lealdade
republicana por España e Galicia, a súa obra poética e a admiración dos artistas
plásticos (que ficou soamente na crítica) combinando eses pilares con poemas
dedicados a artistas coma Picasso, Seoane, Carybé, Alonso, Laxeiro ou Luis
Falcini.
Viviu este exilio sen renegar dos seus ideais políticos e facendo critica da
vida intelectual que o rodeaba. Recupera tamén a súa actividade política
militante. No ano 47 é censurado en Estados Unidos xa que tendo un contrato
cunha universidade dese país lle denegan o visado por ser comunista.
|

|
En 1956 despois dun conflitivo romance con Estela Canto, pretendida de Jorge
Luis Borges, (vivindo con ela nunha casa prestada por Rafael Alberti en Uruguai
entre 1947 e 1950), casa con Marika Gerstein, muller xudía, culta, profesora de
idiomas.
Afastado do partido Comunista Español polas súas divisións comeza a militar no
partido Comunista arxentino colaborando en "Frente Cultural", alí comparte a súa
militancia con destacados intelectuais e artistas arxentinos: Bruzzone, Raul
Larra, Horacio Guarany, Mercedes Sosa, Tejada Gómez, Raul González Tuñon,
Alfredo Varela, Alvaro Yunque, Hector Agosti, Hector Negro, etc.
Os xoves porteños progresistas admírano falando nos cafés de literatura e dos
sonos revolucionarios pero non esquece á Terra sumándose a proxectos:
|
|
Lorenzo Varela e Estela Canto |
""Varios intelectuales, que luego de la Guerra Civil vivían exiliados en
Argentina, tomaron contacto con la Fábrica de Porcelanas La Magdalena
(Sargadelos). Entre ellos estaban Luis Seoane, Rafael Dieste, Lorenzo Varela,
Núñez Búa, Antonio Baltar, Blanco-Amor, Laxeiro, Arturo Cuadrado y Alberto
Vilanova Rodríguez. La intención de todos ellos fue trabajar por la recuperación
cultural y económica de Galicia y uno de los proyectos plasmados fue el
Laboratorio de Formas (1963), constituido por el artista argentino-gallego Luis
Seoane, Isaac Díaz Pardo y el arquitecto Andrés F. Albalat...
Edicións do Castro es otra creación del Laboratorio de Formas, en 1963, que en
la actualidad lleva más de 1000 (mil) títulos publicados entre temáticas que
incluyen poesía, ensayo, narrativa, filología, economía, teatro, etnografía,
arte, historia, etc. El trabajo editorial no constituye una novedad en ese grupo
de intelectuales, ya que Luis Seoane, junto con Lorenzo Varela y Arturo
Cuadrado, son los creadores de editoriales como Nova, Citania, las colecciones
Hórreo e Dorna (en Editorial Emecé), la tradicional de poesía Botella al Mar,
entre tantas otras". (Fonte: www.almargen.com.ar )
En 1966 editase unha monografía da obra en Buenos Aires de Seoane con textos de
Mujica Láinez, Lorenzo Varela e outros.
É tamén traductor do portugués sendo máis lembrada a impecable traducción da
obra de Jorge Amado, "Dona Flor e seus dois maridos"(1975) o cal só se lle
critica a falla da incorporación dun glosario que describa as típicas comidas de
Bahía (Brasil), lugar onde transcorre a historia.
www.galespa.com.ar