|
|
XESÚS
LORENZO VARELA
VÁZQUEZ |
|
ç
Volver |
Traballo de investigación feito para Revista
Raigame |
O PRIMEIRO EXILIO
Os
pais de Xesús Lorenzo Várela Vázquez (segundo outros Xesús Manuel Varela ou Xosé
Manuel Lorenzo Varela) emigraron do seu pobo en Monterroso, Lugo, cara á Habana,
Cuba como facían centos de miles de galegos vítimas da fame, do atraso e
illamento de Galicia, ou logo, do exilio. Entrando na baía do porto da Habana a
bordo de "La Navarre" o 10 de agosto de 1916 (outros din 1917) nace o
homenaxeado das Letras Galegas 2005.
Pouco dura a decisión aventureira do pai xa que Cuba está a pasar unha crise
económica e o tórrido verán caribeño diametralmente oposto á fría provincia de
Lugo, empurran á familia ós tres meses de estancia a retornar.
En Monterroso viviu os seus sete primeiros anos pero como bo galego o pai de
Lorenzo insiste coa emigración, esta vez a Bos Aires, Arxentina en 1923 (segundo
outros en 1920).
O rapaz pasa a súa infancia no barrio sureño de Nueva Pompeya onde cursa a
escola primaria tendo así a súa primeira vantaxe posto que en Monterroso
posiblemente estivera destinado ás tarefas rurais.
A finais de 1930 retorna novamente a Lugo onde Lorenzo chega co aceno porteño
feito que lle fai gañar o alcume de "arxentino" (moitas biografías din 1920 pero
facendo conta dos anos e considerando que a escola primaria leva uns sete anos e
afirmándose que chegou pouco antes da II República entón non podía comezar o
Bacharelato en Lugo ós catro anos sendo nado en 1916).
En 1931 cursa o bacharelato no Instituto de Ensino Secundario. Comeza a ter a
súa primeira actividade política matizada con tertulias literarias.
Nun
acto do Partido Galeguista o 22 de marzo de 1932 no Teatro Principal de Lugo
coñece a Castelao, Paz Andrade e Suárez Picallo que interveñen nese acto,
achegándose ó Nacionalismo e participando con Fernández del Riego, Celso Emilio
Ferreiro, Carvalho Calero e Ramón Piñeiro na Federación de Mocidades Galeguista
fundada o 11 de xaneiro de 1933 coa presenza de Servando Gómez Aller e o
deputado pola emigración Ramón Suárez Picallo. Outros compañeiros de militancia
son Xosé Velo (quen en 1961 secuestraría un transatlántico repudiando o fascismo
ibérico) e Ramón de Valenzuela
.
Os mozos galeguistas van máis alá que os seus maiores, Castelao e Suárez
Picallo, e proclámanse "arredistas". A Lorenzo Varela gustábanlle as ideas do
galeguismo pero cría que no social se debía ir máis lonxe. A súa radicalización
vai achegándoo ó trotskismo que daquela estaba representado polo Partido Obreiro
de Unificación Marxista (POUM). Nesta época afonda a súa amizade con Anxel Fole
quen edita en Lugo a revista esquerdista "Yunque"
|

|
 |
|
Alegoría da República
|
Afiche do Partido Obreiro
de Unificación Marxista (POUM).
|
Produto das súas conviccións xa en 1934 participa nos sucesos revolucionarios (1)
e é perseguido pola policía fuxindo a Madrid: "viaxa cun petate de lona nun
camión de peixe, deixando esquecido na percha dun café o seu sombreiro"
(2).
Sucesos como este perseguiríano coma un sino ata a súa morte
www.galespa.com.ar