XESÚS LORENZO VARELA VÁZQUEZ

ç Volver

Traballo de investigación feito para Revista Raigame

 

 

O DERRADEIRO EXILIO : MADRID

 

 

A historia volve a repetirse para Lorenzo Varela cumprindo unha vez máis o seu sino de exiliado: morto Perón, a "Triple A", cabeza da subversión da ultradereita arxentina, ven asasinando militantes de esquerda. Co golpe de estado de 1976 producíronse os homicidios de numerosos escritores. 

 

Convencido polos seus amigos ten que fuxir unha vez máis. Segundo testemuño de Arturo Cuadrado Moure: "Lorenzo tivo que seguir o camiño do seu segundo exilio saíndo pola fronteira de Brasil, onde permaneceu unha tempada ata poder trasladarse a España".

 

 

 

Lorenzo Varela na Galería Sargadelos de Madrid

 

 

Produto desta emerxencia chega a Madrid en maio de 1976, onde ten as únicas posibilidades de traballo.
Descoñecido e illado en España sobrevive gracias a Isaac Díaz Pardo, María Victoria Villaverde e Ramón de Valenzuela. Na capital hispana dedícase ás traduccións e colaboracións xornalísticas pasando o seu tempo refuxiado na galería Sargadelos onde lembra o seu querido Bos Aires xunto coa retornada Inés Canosa ou nos encontros esporádicos das tertulias do café Gijón co seu reducido grupo de amigos: Lueiro Rey no Grove, Paco Lores, Cuadrado , Laxeiro, Lala, Marcial Suárez ou Celso Emilio Ferreiro.


Tivo tres xuntanzas no domicilio de Ramon Piñeiro con el, Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane, Xosé Luís Rodriguez Pardo, Celestino Fernández de la Vega e Valentín Paz Andrade co obxectivo de crear un medio de comunicación independente pero que non chegou a cristalizarse. O seu derradeiro exilio á súa terra prodúcese ante a indiferenza da intelectualidade da época. 


Lois Pérez Leira na excelente Enciclopedia da Emigración Galega di que: "as novas xeracións non tiñan ningunha referencia súa, era un auténtico descoñecido na súa propia terra".


Quizabes o illamento, o impedimento na concreción dos proxectos, foino conducindo a resignación que o levou segundo algúns a unha morte case buscada.


Na madrugada do 25 de novembro de 1978 esvaece na rúa e morre na ambulancia camiño ó hospital, pobre como moitos xenios da humanidade, 


"Arroupado por bos e xenerosos no seu exilio madrileño de 1976, como Isaac Díaz Pardo ou Celso Emilio Ferreiro, decidiu morrer cando camiñaba pola rúa pois non soportaba tanta vergoña, tantos favores. Deixou no piso que lle prestara Díaz Pardo para vivir en Madrid, como únicas pertenzas, cinco libros e dúas mudas de roupa." (Fonte: Enciclopedia da CIG, Lois Perez Leira)



Nunha das súas poesías e unha lenda que se formou arredor dela, Varela espera dende a súa sepultura no cemiterio familiar en Monterroso que os seus amigos o lembren cunha cesta de mazás, pedido que adiviñamos produto dunha morriña de eterno exiliado lembrando os seus primeiros sete anos de vida en Lugo.


En abril de 1979 fáiselle unha homenaxe non participando o seu grande amigo Luís Seoane por morrer o día anterior, quen logo da morte de Varela recompilou en "Homaxes" os poemas dos últimos anos, publicados por Ediciós do Castro en 1979. 


Tamén desta editorial é "Poesía" , libro que contén "Torres de amor", "Catro poemas pra catro grabados", "Lonxe" e "Homenaje a Picasso" logrando por primeira vez, despois do seu pasamento, a chegada ó público.


A súa obra vese reeditada postumamente: "Poesías" (1979) e "Poesía galega" (1990), que agrupa os libros anteriores e diversas colaboracións poéticas en revistas e homaxes.


No cabodano do seu pasamento "Mundo Obrero" publica un artigo de Santiago Alvarez e outro de Xesús Alonso Montero. No mesmo ano José Bergamín dedícalle o soneto "A Lorenzo Varela, poeta galaico, inesquecible amigo" :



"Lo que dejó de ser sin haber sido, volverá a ser como si no lo fuera, dándose en lo ganado por perdido".



En 1986 o Partido Comunista de Galicia instaura o premio de poesía Lorenzo Varela que está a recuperarse.


A Biblioteca do Exilio publica a súa "Obra Poética Completa", e da obra en castelán "Ensayos, conferencias e outros escritos". Un dos grandes promotores da súa obra é o membro da Real Academia Galega, D. Xosé Luís Axeitos quen tamén seguramente terá promovido o seu nome como figura homenaxeada do Día das Letras Galegas 2005.

 

 

REFERENCIAS Y FONTES BIBLIOGRÁFICAS

 

(1): La entrada de tres miembros de la CEGA en un nuevo gobierno de Leroux, en octubre de 1934, y la situación caótica de la economía del país desencadenaron una situación revolucionaria que se exteriorizó principalmente en Cataluña y en Asturias....

En Asturias el movimiento revolucionario se caracterizó por la unidad de todas las organizaciones proletarias, pero la intervención de las fuerzas de la Legión permitió al Gobierno dominar la situación. Una violenta represión sucedió a los acontecimientos de octubre del 34.

Fonte: Enciclopedia Salvat, Salvat Editores, 1999.-

(2) Voces da esquerda: Voceiro da Agrupacion Comarcal EU-IU de Vigo. Artigo de Carlos Portomeñe, secretario xeral do PSG

(3) En la 2da quincena de julio, Madrid es un gran campamento donde predomina ya el "mono" azul , el correaje improvisado y los automóviles requisados. (Fonte: La Guerra Civil Española, Hugh Thomas.-)

(4) Así pues, es innegable la presencia del sentimiento del ser español en todos los exiliados, principalmente en su relación con respecto al medio mexicano en el que debían intentar integrarse. La revista Romance fue ejemplo de que no era imposible la tarea de la asimilación a la realidad  americana. La decisión de cortar las alas a ciertas tendencias se refleja con claridad. No se habla de España tanto como podría haberse esperado. Con honestidad reconocen: "Cometimos sin embargo el gran error de permitir, aunque ello no fuera en verdad una decisión deliberada, que todos los miembros de la redacción de Romance fueran refugiados españoles, lo cual además de grosero, era sin duda inconsistente con nuestro proclamado deseo de colaborar íntimamente con los mexicanos".

El equipo de redacción fue cesado y dirigieron una carta al público bajo el nombre de "El caso de Romance", en donde declararon que la empresa cultural iniciada por Romance continuaría libremente. Firmaban el escrito Juan Rejano, Miguel Prieto, Lorenzo Varela, Antonio Sánchez Barbudo, Adolfo Sánchez Vázquez y José Herrera Petere, con fecha del 5 de octubre de 1940.

Entre las causas del rompimiento de Romance con el cuerpo directivo de españoles exiliados, además de los intereses particulares de los patrocinadores, están las desaveniencias con los jóvenes redactores que tardaron poco en aflorar.

(Fonte de información: Utopía y profecía del Nuevo Mundo en el exilio republicano en México, Claudia Macías Rodríguez)

(5) www.revistasculturales.com :  Balance y memoria del cuento en el exilio, por Javier Quiñones. (Quimera, Nro. 252, enero 2005)

   

- Gran Enciclopedia Gallega Tomo XXIX páxinas 243-244 Editores: Silverio Cañada, impreso en España  (asinado K.N.M.)

- Xesús Alonso Montero, "Escritores, desterrados, namorados, desacougantes, desacougados", Sada, A Coruña, 1981

- Xosé Luís Méndez Ferrín, "De Pondal a Novoneyra", Vigo, 1984

- Luis Seoane: limiar en Lorenzo Varela "Homaxe", Sada, A Coruña, 1979

- Pilar Vázquez Cuesta en : J. M. Díez Borque, " Historia de las literaturas hispánicas no castellanas", Madrid, 1980

- LÓPEZ, José Ramón: "Torres de amor, la arquitectura exiliada de Lorenzo Varela", en I, pp. 35-49.

- CAUDET, Francisco: "Lorenzo Varela… en mi recuerdo", en I, pp. 289-304

- BREA REI, Xosé Ramón: "Lorenzo Varela: a voz solidaria do exilio", en I, pp. 19-33





www.galespa.com.ar