 |
| |
|
|
XESÚS
LORENZO VARELA
VÁZQUEZ |
|
ç
Volver |
Traballo de investigación feito para Revista
Raigame |
A GUERRA CIVIL
|

|
A penas chegado a Madrid amosa a súa precocidade participando nos círculos
culturais, intelectuais e literarios. Comeza os estudios na Facultade de
Filosofía e Letras de Madrid, pronto truncados pola guerra.
Apoiado polo músico Rodolfo Halfter (con quen gravaría as cancións dos
brigadistas internacionais) ingresa coma colaborador (na sección bibliográfica,
traballando coma crítico literario) do afamado xornal liberal republicano "El
Sol", dirixido entón por Ortega y Gasset, onde atopábanse os mellores escritores
da época.
Participa nas Misións Pedagóxicas e incorpórase ó equipo de redacción da revista
"PAN" (Poetas Andantes e Navegantes) onde publican Rafael Dieste, Antonio
Baltar, Fernández Mazas e Otero Espasandín.
|
|
Comparte debates no café "La granja del henar", de tradición republicana, con
artistas novos como Eugenio Granell, Laxeiro, Maside e Colmeiro.
Tamén asisten os irmáns Dieste, Antonio Sánchez Barbudo, Ramón Suárez Picallo,
Otero Espasandín, E. Fernández Mazas, e outros, coñecendo tamén a Manuel Azaña.
É co-fundador de "El Mono Azul"
(*)
sendo miliciano do "V Regimiento" e colabora en moitas publicacións de loita
como "Hora de España"..
(*) En la 2da quincena de julio, Madrid es un gran campamento donde
predomina ya el "mono" azul , el correaje improvisado y los automóviles
requisados. (Fonte: La Guerra Civil Española, Hugh Thomas.-) |

|
|

ENRIQUE LISTER |
Lorenzo Varela é un dos fundadores (e dos redactores do manifesto fundacional)
da “Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura” xunto con
Antonio Machado, Rafael Alberti, José Bergamín, Federico García Lorca, etc .
As súas actividades políticas e intelectuais non lle impiden ter varios romances
moi coñecidos no bando leal segundo testemuña Pilar Vazquez Cuesta.
Co gallo do alzamento fascista de Franco do 36 se sinte obrigado a enrolarse e
loitar pola República afillándose tamén ó Partido Comunista.
Tamén se evidencia a súa precocidade no eido militar segundo testemuña Santiago
Álvarez: "
con 21 anos de idade Lorenzo ocupou o posto de máxima responsabilidade
política dunha división do Exército Popular, a 46 División, integrante do 5º
Corpo do Exército".
(2)
Efectivamente en Madrid é comisario político do exército republicano e
comandante dunha brigada , a 11° División baixo ó mando do seu compatriota
Henrique Líster.
|
Durante a guerra percorre os frontes xunto con Alberti, Miguel Hernández e
Otalaguirre, dando folgos ós soldados co seu espírito revolucionario e as súas
publicacións xornalísticas.
|

|
No ano 37 forma parte do Segundo Congreso Internacional de Intelectuais
Antifascistas (Valencia, 1937) onde os escritores de todo o mundo
solidarizanse coas tropas legais, converténdoo no máis importante da
historia contemporánea con nomes como Pablo Neruda, Nicolás Guillen,
Ernest Hemingway, Cesar Vallejo, Raúl González Tuñon, Octavio Paz, André
Malraux, Louis Aragón, etc.
Fotografía: Heminway e Enrenburg, asistentes ó congreso, durante o
cal enfermou este último.
|
www.galespa.com.ar
|
| |
|
 |