XESÚS LORENZO VARELA VÁZQUEZ

 

 O POETA GUERREIRO

 

AGRADECEMENTOS ESPECIAIS

 

Non foi doado obter datos sobre Lorenzo Varela. Nos camiños lóxicos como na Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires, por exemplo, non tivemos éxito; tampouco serviu escribir ós partidos comunistas de Galicia e Arxentina.


En lugares máis inusuais chegamos a estar : no Congreso da Nación Arxentina (sector reservado) aínda que tendo que abrir infinidade de portas (igual ó noso agradecemento ó Estado arxentino). O noso agradecemento para Gabriela da Biblioteca do Centro Galego. Tivemos tamén a colaboración de Mary Castro da Fundación Xeito Novo de Bos Aires quen nos achegou a lembranza de Beade Dopico sobre o homenaxeado. 

 

Agradecemos á revista Raigame por confiarnos este traballo.


Pero si queremos agradecer moi especialmente e no fondo do noso corazón ós bos e xenerosos que xa cantou Pondal, os cales entenden que rescatar con xustiza a figura dun xenio como Varela, soamente minimizada polo fascismo, non é facer un favor a alguén que á súa vez está a facer un favor, senón un deber patriótico. Son eles o membro da RAG, D. Xosé Luís Axeitos e o crítico literario Javier Quiñones. 

ç Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    

 

 

 

 

www.galespa.com.ar