Galicia espallada é o nome que a historia lle puxo a nosa realidade, e é polo tanto o nome que herdou a nosa web.

O logo que eliximos representa esta emigración implicita nese nome, coas catro frechas ós catro puntos cardinais onde fuxiu a nosa raza dos desprezadores que se din propios aínda que polo asoballamento.

O hórreo no medio do logo representa a mellor semente gardada que é unha metáfora do noso pobo; un hórreo cos seus tornarratos para deixar fóra os inimigos, un hórreo elevado do chan, da mediocridade do mundo, un hórreo rematado nunha cruz que se nos obriga a levar ata hoxe ...

O hórreo isolado no medio do campo coma Galicia de Hespaña durante séculos.

 O hórreo que foi unha sinxela ferramenta dos humildes labregos e nembargantes o símbolo da súa riqueza obtida polo traballo.

Galegos, traballo, humildade, xoias que despreza o paifoco mondo fardante, emblemas desta web que luce con orgullo.

 

 

www.galespa.com.ar