Demos íntimos do pobo
galego
por :
Elvira Afonso Pérez
Ismael Afonso
Pérez
Montserrat Nóvoa Vázquez
Artigo publicado na revista "RAIGAME",
Nro. 10 (Maio-2000)
editada pola
Asoc. Castro Floxo de Ourense
e impresa pola Dep. de
Ourense
Debuxo: Luís Cid
1. INTRODUCCIÓN
Se o coñecemento dos deuses peculiares do pobo Celta permite establece-la
identidade dos mesmos, non nos presentan o verdadeiro cadro das crenzas
relixiosas dos nosos antergos; pois a Historia relixiosa de Galicia preromana
quedaría reducida a ben pouco sen as supersticións, crenzas, festas e prácticas
especiais que aínda conservamos.
A nosa mitoloxía popular é fecundísima e extensa e de fondas raíces no corazón
do galego. A educación puramente tradicional dos nosos campesinos, o apegados
que están a todo o seu, o aillamento no que vivían tradicionalmente, con falta
de grandes poboacións foi causa de que tanto nas montañas coma na beiramar
permanecesen costumes, prácticas e crenzas que escondan as fórmulas e cerimonias
do pasado culto,que tendo unha moi lonxana orixe,encóntranse fortemente ligadas
ó culto católico.
Conforman esta mitología:
• O culto á auga
• O culto ó lume
• O culto ós astros
• O culto á Natureza inanimada
• O culto ós antergos
• O druidismo
• O culto ós SERES SOBRENATURAIS
Sobre estes últimos imos falar neste traballo.
2. CULTO ÓS SERES SOBRENATURAIS
O panteón popular galego está poboado de espíritos bós ou malos que o campesino
ou ben individualiza ou os deixa en estado de tales espíritos e os conta como
potencias superiores. Non son puras ficcións nin simples produtos da imaxinación
do pobo, senón seres sobrenaturais no poder dos cales crése e a súa influencia
deséxase ou teme.
Fillos da noite, só nela viven, errantes, livianos, misteriosos,
secretos,multiformes,maliciosos comprácense en atormentar ás criaturas con
temerosos anuncios ou conartes diabólicas, descubríndose así o carácter
demoníaco do que están dotados.
Hai ocasións nos que estes seres amósanse como entes amigos e benéficos, que
contrabalancean o triste influxo dos que se presentan como produto do temor e da
noite. Non se coñece ben o mundo infinitamentepequeno no que se
moven estes seres impalpables e incorpóreos. Os nosos avós e bisavós coñecíanos
baixo tódolos seus aspectos, nós xa non. Os seres sobrenaturais na existencia
dos cales o pobo galego creu e cre, son os seguintes:
A.-ESPIRITOS DA CASA:as Almas, o tardo, o tango-mango
B.-ESPIRITOS DOS AIRES: o tronante
C.-ESPIRITOS DA TERRA EN XERAL: as fadas
D.-ESPIRITOS DAS AUGAS: as virxes, as doncelas, as damas, as labandeiras
E.-DO CAMPO E DOS BOSQUES: a pantasma a estadea ou compña, o canouro
F.-DOS ANTROS: os mouros, as lumias, os negrumantes, as ouvas.
Todos estos axentes sobrenaturais dan vida a seres intermedios, poderosos para o
ben e o mal, máxicos e augurales, que participan do carácter divino propio dos
espíritos, cos que se entenden e que sirven de mediadores con pobo. De aquí:
AS MEIGAS. Correlativas coas fadas, virxes e damas.
ON VEDOIROS: verdadeiros previdentes.
OS NUBEIROS: Unidos ós tronantes.
A conciencia popular confúndeos,vén ser unha mesma cousa, tanto na acción como
nos atributos, pois tan alá leva o vulgo esta facultade por esencia popular da
personificación dos obxectos inmateriais que o “MEIGALLO”
(produto da bruxería ) e o “ENCANTO” son non
dúas ideas a bo tratar senón seres materiais e activos que contan de antemán e
para sempre con poder e vontade. Isto é así porque no mundo do sobrenatural só
hai dous principios que o simbolicen: o ben e o mal,e divídese en dous grupos:un
SUPERIOR ou CELESTE, símbolo de canto nos agrada ou perxudica e outro INFERIOR
ou HUMANO, con tódalas condicións propias da pureza ou do pecado.
Así pois fadas benéficas, virxes, e damas concorren ó mesmo fin e son moitas
baixo o punto de vista da bondade, pureza e de todo o santo. Ó contrario, as
meigas representan o mal e o pecado. De aquí o indeciso da linguaxe que para
expresar dúas ideas antitéticas utiliza o mesmo nome.
Meigas e Fadas tanto
pode significa-lo bó ou perxudicial. O pobo as distingue co nome de boas e malas
fadas. Son a mesma identidade.
Ilustraremos ó lector sobre algunhas das características desta nómina de seres
do ultramundo tan penetrado na alma galega.
3.- ESPIRITOS
3.1.- ALMAS. A crenza das almas vén do culto dos nosos antergos e
desempeña un gran papel na vida afectiva do campesino. Rondan ó redor da casa,
penetran no seu interior, falan cos da familia, recórdanlle-los deberes que se
han cumprir, se non o fixeron; a súa derradeira vontade. Aconséllannos,
consólannos, pero sobre todo, ocúpanse con preferencia da cuestión de
restitucións, sufraxios que deben facerse na súa favor, etc. Estas son as almas
en
pena que andan pola noíte en torno á casa e deixan oí-los seus laios, levando á
alma do vivo non cumpridor toda sorte de medos e angurias.
3.2.- TARDO. Burlón e curioso pai dos pesadelos é un verdadeiro ser
diabólico que pousándose durante a noite sobre o peito dos que durmen, fatígaos
co seu peso. Para liberarse del, hai que deixar enriba da mesa unha chea de
trigo. O tardo entra e, como curioso que é, pónse a conta-los graus; pero como ó
chegar a cen perde a conta e ten que escomenzar, cansa e abandoa a casa.
3.3.- TANGO-MANGO. Alude en senso burlesco á enfermidade en xeral.
Aínda que outros autores din que é unha enfermidade dada sen nome coñecido, se
cadra o “Baile de san Vito”ou unha enfermidade imaxinaria froito da aprensión do
que a sofre.
3.4.- TRONANTE. É o verdadeiro xenio da tempestade. É un ser
extraordinario que vive nas alturas; e en casas de terra. Na provincia de
Ourense din del que é un monstruo pequeno e rechoncho que ferindo as nubes cos
pés, produce o ruxido dun trono: basta que un sacerdote lle bote auge bendita
para que caia ó chan e cese a tronada. En Bergantiños (Coruña) é o contrario,
alto e feo e viste de cabaleiro, vai ás fontes e levanta as augas, e no ceo fai
os tronos rodando caixas de ferro.
3.5.- FADAS. É a bondade e a pureza, que simbolizan coas vestiduras
brancas e evidénciase no seu estreito parentesco coas tres Marías e coas
virxes.A súa acción benéfica pódese comparar coa das Damas. Se as visitas ou
maltratas tórnanse malas fadas. De amigas tórnanse enimigas,tanto é agora o seu
poder para o mal como antes para o ben.As malas fadas son vengativas,
inclementes, cegas e implacables co destino.
O malfadado descoñece a dicha,a fatalidade o goberna. As malas fadas non só
presiden estas vidas, adiántase tamén a marcalas desde o seus primeiros
momentos. Igual cás vellas Enumérides, as malas fadas son vengativas,
inclementes, cegas e implacables como o destino.
“....Malas fadas me fadaron no ventre da miña nai...”
3.6.- DAMAS. Son xenios severos pero benévolos,dotados de gran
sabiduría e unha forza superior á das fadas. Distínguense destas por certa
liberdade que lles perm te obrar segundo a súa propia vontade. Estas
“fadas-nais” en
oposición ás “fadas-virxes” son protectoras e intelixentes. Teñen funcións
semisacerdotais e igual que as boas
e malas fadas aparecen no cancioneiro e no romanceiro galego. Unha delas é a
DAMA GELDA con capacidade para desfacer meigallos e obrigar a presentarse ante
ala, é obedecida e triunfa.
3.7.- ESTADEA ou COMPAÑA.
Son pantasmas, almas en pena, que nas sombras da noite emprenden a súa
infernal carreira, amosan especial inclinación por quen se aventura ás camiños e
corredoiras extraviadas á hora na que elas sean dos seus antros,
anunciando a morte daquel na casa do cal guindan unha pedra ó seu tellado. Toda
Galicia cre nela e nas súas siniestras aparicións. A lenda ten numerosas
variantes; na provincia de Ourense coñécese así:
“Pola noite os defuntos érguense das súas tumbas, e reunidas dentro de igrexas
saen xuntos pola porta principal tan axiña soan as doce. Un vivo, home se o
patrono da parroquia é santo; e home ou muller se é santa; precédelles nas súas
correrías nocturnas. O vivo leva a cruz e o caldeiro de auga bendita co seu
hisopo, non pode volve-la vista atrás, nin enterarse do que pasa ás súas costas;
as ordes que recibe comunícanllas sen que el saiba como. Cada pantasma leva nas
máns unha luz, pero non é por iso visible, só son sinais de que pasa a compaña,
un lixeiro vento e o cheiro a cera. O que vai diente non pode deixa-lo seu
cometido.
O que “anda con difuntos” como se lle chama ó portaestandarte da fúnebre
comitiva, ten mala cor, enflaquece e non se sinte ben de saúde. Estalle vedado
revelar nada do que ve, e menos dicir que anda coa compaña. Non pode rexeita-lo
seu cargo, e só estálle permitido facelo cando na súa excursión atopa a outra
persoa e lle entrega a cruz e o caldeiro, e este ten a obriga de desempeña-la
súas funcións. Só escapa a esta obriga o transeúnte que ó sentir pasa-la
compaña, traza un círculo e métase nel.Tamén queda libre botándose boca abaixo,
pero entón pasan as pantasmas por riba do seu corpo deixándoo maltrecho.”
Estas procesións anuncian a morte, con un ano de antelación, a aquel a quen a
hueste visita. Cando o seu final está próximo, as visitas menudean. En Ourense
asegúrese que estas procesións non se fan so de noite, senón que en ocasións
saen tamén polo día, pero só ás doce.
SANTA COMPAÑA: Pola noite os defuntos érguense das súas tumbas,
e reunidas dentro de igrexas saen xuntos pola porta principal tan axiña soan as
doce.
Debuxo : Luís Cid
3.8.- CANOURO. Espírito maléfico e masculino, parecido ó Rei dos
Elfos de Goethe. Non se sabe quen era este xenio do que descoñécese a súa orixe
e condicións. Sábese que fere de morte ós nenos nos brazos dos seus país. No
Canouro recoñecemos un espírito das augas. As valles mitoloxías presentan ás
almas indo cara aqueles lugares nos que as augas imperan. Fillo do delirio e do
medo, irmán das pantasmas que a imaxinación do enfermo crea nos seus insomnios,
ten un pronunciado sabor demoníaco. Únase ás supersticións relativas ás Almas, e
tamén ás da Compaña ou Estadea.
3.9.- MOUROS, LUMIAS, OUVAS, NEGRUMANTES.
MOUROS: En galego non só significa “árabe”senón o que ten cor parda
escura, confundíuselles con outros xenios de carácter demoníaco patente, pero
que non dicen que puideran ser.
UMIAS: Igual cós anteriores son seres maléficos e superiores en forza
ás ouvas.
OUVAS: Veñen se-las “OUVANAS” célticas ou as “oavas” do moderno
Exipto.
NEGRUMANTES: Son os feiticeiros formados en mal concepto ou como
inimigos.
3.10.- 0 DEMO E OS SEUS ACÓLITOS: TRASNO E DEMOUCHIÑOS.
O DEMO: Atribúenselle mil enganos e
trasnadas. As xentes otórganlle un poder divino. A proba da importancia que ten
en Galicia o Demo é a ristra de nomes cos que se lle ita: DONAY,ADONAY, O DEMO
MAIOR,DEMORO, DIAÑO, PERELLO.
DEMOUCHIÑOS, CACHÁN
(que é o nome que se lle dá ó home luxurioso e dado ás mulleres).O
pobo galego pensa que, sendo o demo a encarnación de Anxo Malo, expulsado por
Deus ós Infernos, conserva un poder case infinito por eso atribúenselle
capacidades de curar, indicar onde se encontrara tesouros ocultos, traérnoslo
amor, etc. Por eso son moitos os que tratan de entrar en relación co demo, pero
este non quere pactos verbais, senón escritos e en eles outorga o que se lle
pide a cambio da alma. Fírmanse co sangue sacado do brazo esquerdo seguindo a
lenda
popular son varios os modos de conseguir que o Demo acuda á nosa cita; pero
estos non son obxecto deste traballo.
O TRASNO. É un demo burlón que fai perderse polos camiños os
noctívagos que teñen o costume de andar de noite. Cando o trasno leva ós
viaxeiros perdidos por camiños de difuntos, dícese que é sinal de mal agüero,
pois a persoa así extraviada morrerá dentro do ano. Andar de noite non é
recomendable pois tamén debe morrer dentro do ano o que oía cantar tres noites
seguidas a curuxa. En galego chámanse trasnadas ás “bromas” feitas sen outro fin
que o de facer rir.
O TRASNO : é un demo burlón
Debuxo : Luís Cid
DEMOUCHIÑOS. Narra Lois Moure
Mariño no seu libro “La Galicia prodigiosa” que:“cando o Noso Señor expulsou do
ceo ós anxos malos,mandou que se abrisen a un tempo as portas do ceo e do
inferno. Foi así como empezaron a caer do ceo enxames de anxos que ían parar ós
infernos (...) San Miguel cansado de ver tantos anxos que ían ó inferno, dixo de
súpeto:¡SURCEN CORDE! (...) pechándose ámba-las dúas portas ó mesmo tempo; e foi
así como moitos demouchiños que caeron do ceo e aínda non tiveran tempo de
entrar nos infernos, quedaron a vagar por este mundo e viven refuxiados dos
humáns. Esos anxos vagantes, invisibles pero que habitan preto de nós, son os
DEMOUCHIÑOS (...). Hai miles,vixíannos e espíannos e aínda poden misturarse coa
mantenza que levamos á boca;por iso son tantos os “posesos”que estan habitados
por estos demos. Por eso cando se nos abre a boca, é cousa boa face-lo sinal da
cruz,para que non se metan no noso espírito (...).”
4. NUBEIROS e NUBEIRAS Segundo Plinnio, as sacerdotisas da illa de
Sen (Francia) teñen o poder de calmar ou levanta-las tempestades.A esta antiga
crenza céltica corresponden os nubeiros, con facultades para atrae-lo neboeiro e
a tempestade e facer que caia granizo enriba dos campos do veciño aborrecido. Os
nubeiros son os que chaman ó Tronante.
5. MEIGAS
Teñen moito máis interese na alma galaica. Un feito determinante das meigas é a
vellez. Tamén son boas ou malas aínda co predominio do demoníaco. “O pobo
temeas ou odiaas, pero as busca; a maxia é a súa condición primordial. Gracias
ós seus ditos e fórmulas curan as enfermidades, descubren o por vir
(“vedoeiras”), e exercen os seus maleficios. Aínda que moi perseguidas polo Sto.
Oficio e as Xusticias Civís, era tal o seu número que
os inquisidores dicían que Galicia estaba moi aflixida desta plaga.
Sabemos o que delas crían as xentes, mais non o que elas, no íntimo da súa
conciencia, crían ser. Estas mulleres tiñan absoluta fe nas vertudes
sobrenaturais de que se crían dotadas.
Segundo escribíu M. Murguía na súa “Historia de Galicia”:“escasos son os
datos que nos quedan sobre as meigas, supersticións ás que obedecían e prácticas
que lles eran propias. É imposible, logo xulgalas con pleno coñecemento”.
Segundo Michelet as meigas eran “como unha reivindicación relixiosa de
muller celta, unha protesta viva das tiranías de que era víctima”.
Durante a Idade Media a “bruxería” preséntense como unha verdadeira institución.
As meigas vivían como “colexiadas” nos Aquelarres. Tiñan a súa mestra, real ou
maxinaria, e esta era a “nai”, a primeira de todas; a que endoutrina, a vella, a
que facía seguir ás demais os escuros camiños que antes percorrera ela. ta
tarefa está impricado tamén “o
Canouro”, que xa vimos.
O poder da meiga é hereditario, vai de nai a fillas; nacíase meiga como se nacía
nobre ou servo.
Afástanse da Igrexa Católica, aínda que permanecen unidas a ela de forma
indirecta. De tal xeito é esto así que o rezo dominical que empregaban era
diferente ó dos cristianos; e igual que “O Noso Pai” abre as portas do ceo ós
crentes; o seu “O Noso Pai” goza do poder de abrir ós profanos as do mundo
sobrenatural na que elas viven.
ela, que mataba nenos, vellos, botaba o mal de ollo e facía o demais do oficio,
arrepentíuse e facendo penitencia, non só se salvou senón que foi santa. A
demonolatría das meigas levábaas a santifíca-lo sábado e adoralo “Cabrón” ou
“Carneiro”, símbolo do demo.
Non rexeitan, nin aceptan a situación de marxinación que sofren na
sociedade,pero manifestan un rencor, latexante nas súas prácticas e
supersticións contra os que non estaban con elas.
A súa patroa era
Sta. COMBA, porque o seu nome, que se traduce
“COLUMBA” permite o dobre equívoco de considerala como virxe e como
pomba. Como virxe, está engalanada de condicións proféticas, e como pomba, o
mesmo, aínda que en senso oposto.
Segundo GUBERNATIS a pomba ten un significado lúgubre e demoníaco e unha
simbolización fálica, o cal desconcerta ó recorda- la utilización de pomba como
signo de pureza e de paz, tan normal nos nosos días. Conta a tradición que Sta.
COMBA era meiga, e que andando polo mundo atopóuse co Noso Señor e este
díxolle:
-“Comba ¿onda vas? - Vou usar dun oficio”.
Xesús replicóulle: “enmeigar, enmeigarás, pero no meu reino non entrarás”. Entón
ela, que mataba nenos, vellos,
botaba o mal de ollo e facía o demais do oficio, arrepentíuse e facendo
penitencia, non só se salvou senón que foi santa.
A demonolatría das meigas levábaas a santifíca-lo sábado e adoralo “Cabrón” ou
“Carneiro”, símbolo do demo.
As súas reunións nocturnas foron célebres. Reuníanse os sábados pola noite e nas
súas principais festas: a noite de S. Xoán; de S. Pedro; de Santiago, e da Nosa
Señora. O Areal de Coiro, preto de Cangas,é dende antigo o lugar de reunión que
celebraban o pé dunha fonte no sitio chamado
AREAS GORDAS. En vésperas de S. Xoán
untábanse cun “cacho” –anaco de unto de porco– e saían polas chimeneas montadas
en vasoiras, rápidas como o ensamento, alí esperábaas o demo en forma de
carneiro ou de cabrón barbudo con tres cornos. Facíanlle as beiras, rodeábano e
por rigurosa orde íanlle bica-lo traseiro. Elas chámano Jan Moxico, nome que
alude ó fogo terrestre é a luz solar. As esceas do Aquelarre, verdadeiras orxías
carnais, concluían coa alba.
As meigas regresaban en forma de gato e cada unha espertaba na súa casa, no seu
leito solitario, cansadas. Tense a impresión de que, aínda despois de mortas, as
meigas xamais perdoan, non esquecen, baixan polas noites en forma de lobo
rabioso, polas corredoiras solitarias traspasadas dunha frenética ansia de vida,
que buscan no sangue dos nenos e dos xóvenes. Ese é o seu soma, a súa licor dos
deuses. Cando un cativo perde a cor e as forzas, languidece e
se extingue, é que a “Meiga Chuchona” chupóulle o
sangue. Nesta tarefa está impricado tamén “o Canouro”, que xa vimos.
Pero as meigas non son seres dos nosos ancestros.A revista “Cambio 16” no ano
1983 publicou a existencia de meigas en varios lugares, sobre todo en Cangas do
Morrazo, lugar tradicional de meigas.
Dise que a campá da igrexa da Coiro (en Cangas) tiña poder suficiente para
conxurar co seu son ás Meigas e A ompaña. Dita campá, si existe, é das mais
curiosas e antigas de Galicia, pertencería ó seculo XII segundo os estudios do
pai Sarmiento. Dito pai di que en Pontevedra,“vella”, “de Cangas” e
“meiga” era todo “un” polo que non é de estranar a
persecución que sofriron no s. XVII por parte da Sta. Inquisición.
A mala fama de Cangas e as súas meigas plasmouse no cancioneiro galego tal e
como recolle unha copia de Banda (Ourense) que di:
“Nise lugar Guginde
ó revolver das ladeiras
pasada ca á faldra fóra
po-lo mor das feitireiras”
Alude o romance á crenza popular fálica de que as meigas foxen dos homes que
levan as faldas da camisa enriba dos pantalóns. Son moitos os nomes de meigas
coñecidas ó longo da historia da nosa terra:
En 1609 ANA RODRIGUEZ chimpaba ó lume do fogar ás meigas, varrendo a lareira cun
angazo de liño, e reunidas as impurezas enriba do lume, apagábao con auga
bendita.
En 1627 ELVIRA MARTINEZ
En 1637 EUFEMIA MORZAS, aseguraba poder desmallar a unha persoa facéndolle
cruces na fronte, e sacalas do letargo apertando á persoa durmida.
MARÍA SOLIÑA: foi queimada viva pola Inquisición nos areais de Cangas xunto o
mar (aínda que este dato é incerto).
A MEIGA DE COBRES: como era coñecida a señora Celia, porque tiña a súa casa na
aldea de Cobres, da feligresía de San Martiño de Rianxo. Dicíase dela que
portaba “o mal de ollo”, que tiña “ pacto co demo” e achacábanlle a morte dunha
vaca ou as enfermidades de algún veciño. Bastáballe con odiar a unha persoa
para deixala enmeigallada,así fixo cun mozo estudiante que colleu amores coa súa
filla Dosiña, mandando ó mozo ó tumbo. Carecía de amigos porque a temían. Pasaba
horas na igrexa e só tiña trato co crego Don Teodolindo.
NIEVES ARROYO SAENZ: Nos anos oitenta (deste século) vivía en Vigo, e era unha
das meigas máis célebres de España.Adiviña o porvir e cura meigallos, mal de
ollo, e fai exorcismos.
NIEVES BORCERO:“La del Ché”, especialista na curación do herpes. Coñece tódalas
herbas que medran nos camiños, cóceas e aluméaas de poderes.
6. MEIGOS, DRUIDAS, BALOUROS ou VEDOIROS.
Se puideron ser considerada-las meigas corno druidesas, con maior razón
puideran os meigos ser mirados coma druidas, pois neles mistúrase mellor a dobre
crenza dos feitizos e a adivinación:
NEGRUMANTE (feiticeiros) E
VEDOIROS (adiviños). Neles, esta última
característica é o rasgo dominante pero amósanse baixo o primeiro aspecto.
Preséntanse con marcado carácter sacerdotal, ben por ser cregos que exerzan esas
artes, ou ben por ser “laicos” que se crían coa ordención necesaria para exercer
como tales sacerdotes. Por unha tendencia nas xentes sinxelas que pensan que é
máis escoitado o que se acha máis preto da adivinidade, estas prefiriron sempre
ós cregos, pois así os conxuros tiñan máis eficacia. Sen embargo, a igrexa
opúxose a estas prácticas; así o Canon LIX do II Concilio de Braga, prohibía ós
cregos “ser engaioladores e facer ligaduras”. Prohibíuselles dicir misa con
certo número de velas que se cría simbólica. A pesar das prohibicións
conciliares, seguían os antigos usos, de tal maneira que no S.XVI áchanse
testificados como meigas bastantes máis cregos que homes do pobo.
Os laicos simulaban prácticas que lles daban apariencia sacerdotal, un exemplo
son OS BALUROS: non só eran meigos senón que ofociaban como curas. Os meigos
eran menos numerosos cás meigas, ademais había mais fe nas mulleres que se
amosan ós ollos do pobo, como verdadeiras iluminadas.
7.- PASTEQUEIROS
Homes actuantes na cerimonia de desface-lo meigallo (MEIGALLO:
é estar posuído polos malos espíritos ou te-lo demo no corpo). Rompe feitizos.
Os pastequeiros teñen nome e apelidos ou mote e están en disposición de
quen queira os seus servicios.
O latín “pax tecum” é a raíz de “pasteco”, e seguintemente de
pastequeiro.
A consultarse con eles concorren enfermos, persoas en averiguación dos feitos
sucedidos ou por suceder; de noticias de individuos ausentes;de autores de
roubos; de causantes de enfermidades; de seres queridos, etc. e os enfermos que
van son na súa maioría do sistema nervioso, e o vulgo funde todas estas
enfermidades nunha soa doenza coñecida
como “meigallo”.O cerimonial realízase en diferentes lugares: igrexa parroquial
de Sta Comba, a Capela de San Cibrán en Pontevedra, etc.
A maioría dos patiqueiros herdaron dos seus antergos esas prácticas habendo
familias de abolengo pastequeiro: -La de Berjo, Carrizo, Santiago Rial... El
Manso de Tomenza, José del alma de Marcán... Así o tema do meigallo e a súa
vinculación co curanterismo aparece na vida do galego e é admitido nas máis
cultas e elevadas instancias da nosa sociedade.
BIBLIOGRAFÍA
-Murguía, Manuel; “Historia de Galicia”. Real Academia Galega.
-Moure Mariño, Luis. “La Galicia Prodigiosa; las ánimas, las brujas, el
demonio”. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. 1992.
-Sueiro, J.U; Nieto, A. “Galicia: Romaría Interminable”.
-Rof Carballo, X. “Mito e Realidade da Terra Nai”. Ed. Galaxia.
-Lusón Tolosada, C. “ Brujería, Estructura Social e Simbolismo en Galicia”.
-Martínez de la Riva Labarta, R. “Bruxas, Meigas e Meigallos en Galicia”.
www.galespa.com.ar