A lenda do bispo Santo e as Invasións Viquingas
Na
Idade Media , Bizancio, Xermania e o Reino de Galicia eran os principais
imperios de Europa. Os escandinavos atraídos pola riqueza do reino organizaron
numerosas expedicións militares o entón chamado "País de
Santiago".
A primeira invasión viquinga a Galicia produciuse durante o reinado de Ramiro no
século IX, e a esta seguíronlle unha segunda e terceira invasións, ata a cuarta
e derradeira que se produciu no ano 1038. Estes ataques eran levados a cabo
principalmente tropas procedentes de Noruega, Dinamarca e das Illas Orkney e son
mencionados por textos históricos galegos, escandinavos, árabes e casteláns.
Hai unha lenda baseada nun feito histórico que pervive na tradición oral da
Britonia: O milagre do Bispo Gonzalo,
que liberou a Galicia do perigo dunha desas cruentas invasións viquingas...
O MILAGRE DO BISPO GONZALO
No tempo das últimas invasións viquingas ó Reino de Galicia, unha grande flota
normanda intentou
penetrar
nas terras bretoñesas aló polo século XI, a penas un século despois de teren os
viquingos destruída a capital do Bispado de Britonia. Trasladada polo Rei Afonso
III a nova capital dende a arrasada Bretoña ata Mondoñedo, era neste tempo Bispo
de Britonia o ancián Gonzalo, home moi respectado, querido e con sona de Santo.
A alerta de que fora avistada a flota normanda chegou axiña a Mondoñedo, onde,
perante o perigo inminente e dada a carencia de defensas necesarias para repeler
tal ataque masivo, os veciños pedían homes e armas. Mais o bispo non dispoñía
deles e só contaban con sachos para loitar contra os invasores. Entón, decidiu
que o mellor sería pedir axuda a Deus .
O Bispo Gonzalo decidiu
evacuar a cidade e refuxiarse nas montañas na espera de reforzos.
Comezou a marcha cara ó interior, axuntándose ó numeroso grupo os habitantes de
poboacións veciñas que tamén optaron por se refuxiar dun futuro incerto en mans
dos viquingos.
Asce
ndendo
ó Alto da Grela, os refuxiados empezaron a ver
no Cantábrico a inmensa flota normanda que se achegaba rapidamente ás costas de
Britonia. Así, o bispo, portando unha cruz, dirixiuse cara ó mar, seguido da
xente da vila. Nun momento piadoso, Gonzalo parou o paso e dispúxose a pregar
polas almas dos seus, sendo imitado polos seus fregueses.
Ó pouco de comezar o Bispo Santo as súas oracións, o ceo empezou a se
encarrapuchar, soprando o vento e levantando temporal no mar. O bo Gonzalo
mantíñase pregando en tanto os abraiados fregueses ollaban como o temporal
aumentaba de tal xeito que a flota viquinga empezaba a amosar dificultades para
entrar na ría. De cando en vez albiscábanse os barcos e o bispo axeonllábase e
pedía pola liberación das terras
As violentas ondas e o vento empezaron a afundir naves viquingas, que non podían
chegar á terra nin escapar ó mar aberto. Con cada pregaria afundíanse uns cantos
barcos, ata que xa non quedou ningún no mar.
O Bispo Santo logo abriu os ollos e, diante dos seus atónitos fregueses
exclamou:
- "Pidámoslle a Deus que nos permita sermos sempre libres e poidamos levar
por toda a terra da Galiza esta ditosa nova!".
Desde entón, celébrase na capela do Bispo Santo do Alto da Grela unha moi
popular romaría, en recordo e lembranza do milagre de Gonzalo.
Outramente, no Museo da Catedral de Mondoñedo de Foz exhíbense o sartego, o
báculo e o anel do Bispo bretoñés, e na Fonte da Zapata a tradición atribúelle
outra milagre a San Gonzalo, xa que ese manantial brotou a pedido do bispo
Santo.}
Mónica Beatriz Suárez Groba
Bibliografía consultada:
"Las
leyendas tradicionales gallegas", Leandro Carré Alvarellos; "breviario
enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez
VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ
www.galespa.com.ar