Pedido de apoio dun dos nosos
lectores para facer unha homenaxe
ó artista plástico Laxeiro
Veño por este medio falarvos da creación que teño en
proxecto. Estou preparando un espectáculo-performance sobre a obra de
Laxeiro. Presentovos en anexo un resumo da obra que ten como obxectivo
comemorar os 100 anos do nacemento do pintor. Busco apoios para a
realización deste espectáculo que pode ser adaptado a diferentes locais.
Gonçalo Penão Guerreiro
Anexo:
LAXEIRO en Movemento
Performance comemorativa dos 100 anos do nacemento de LAXEIRO
Concepción, Creación e Producción Executiva de Gonçalo Penão Guerreiro

A Performance
consiste en traducir nunha linguaxe teatral o universo do pintor. No entanto,
non se trata dun espectáculo teatral no sentido tradicional do termo. Non se
pretende que o espectador estexa sentado mirando unha función, máis que se
manteña de pé e en movemento como pasa habitualmente cuando apreciamos as obras
de arte nun museu. Con esa finalidade, está previsto dinamizar varias salas do
local onde se realize o espectáculo e en cada unha delas crear unha escena
diferente.
Esquematicamente, a performance estructúrase en tres grandes escenas máis ou
menos asociadas ás tres fases da obra do pintor:
1ª Escena
Referencia ao
rural, ao soño e ao Barroquismo. Cores terra e ocres.
Os actores en
atitude de estatua interpretan “La enana pintora”, “El amigo poeta”, “El niño”,
“Maternidad” e “Florisel”.
Nun segundo
momento as estatuas gañan vida e interactuan entre si e co público.
2ª Scena
Fase do Post-cubismo.
Este será, quizáis, o momento máis abstracto do punto de vista teatral, pero
máis próximo á lóxica plástica. Consiste na composición de liñas de grafismo
quebrado, tradución dinámica de cores planas e intensas co negro como dominante.
Os actores
transmitirán estas impresións pictóricas através dos movementos do corpo, dos
xestos, das atitudes, dos sons e eventualmente das palabras.
O público
observará os corpos dos actores a plano no chão. Desta forma recréase a mesma
perspectiva de visión dun cadro na parede, máis o sentido da mirada é vertical
en vez de horizontal. Os corpos evoluen no espazo sen a forza da gravidade, o
que lles dará total liberdade de movemento para escenificar as figuras
sillueteadas das obras sen título que Laxeiro creou en 1977.
3ª Escena
Do relixioso
ao folklórico. Concretamente, pretendo partir do relixioso, do ritual, da
procesión, para chegar ás manifestacións folklóricas galegas directamente
relacionadas co Carnaval. Como se de súpeto os personaxes do pobo, os xigantes e
os músicos de “Cencerrada”, “Concierto”, “Músicos”, “Bromas de aldea” ou “La
família Romea” saisen os cuadros, tomasem vida e terminasen a performance nun
ambiente festivo.
O Equipo
artístico é formado por sete actores, tres músicos, un creador de vestuario, un
atrezzista, un creador de máscaras e un director artístico/produtor executivo.
Gonçalo Penão Guerreiro
é actor, director e pedagogo.
Nacido en Lisboa en 1974, concluiu o curso de formación de actores no
Conservatorio de Lisboa despois de pasar pola Real Escuela Superior de Arte
Dramático de Madrid como becario. Antes do período que pasou en varios países
europeos traballou como actor en diferentes compañías portuguesas. Dirixiu
espectáculos do Teatro Escondido, da Compagnie Imagerie e da Compagnie
Blablablah na Bélxica. É diplomado pola École Lassaad, en Bruselas, onde herdou
a pedagoxía de Jacques Lecoq do Teatro de Movemento. Estudou Commedia dell’Arte
con Antonio Fava en Italia e Antropoloxía Teatral con Eugenio Barba na Polonia,
Dinamarca e Portugal. Apesar
de terse trasladado a Galiza, segue fortemente vinculado ao Labo (Laboratoire de
recherche pédagogique sur le théâtre et les mouvements) en Bruxelas. Gonçalo
Penão Guerreiro é actor e co-director da Compañía do Elefante Elegante con sede
na Coruña. Actualmente dá clases de Teatro na escola Santart de Santiago de
Compostela e na Universidade da Coruña.
Gonzaloguerreiro@gmail.com
Rúa Torreiro, 14
– 4º
15003 A Coruña
Telef.
663031778
www.galespa.com.ar
|