Inés de Castro: raíña despois de morta
O nome e recordo desta fermosa galega, cruelmente sacrificada por unha falsa
"razón de Estado", sobrevive no espírito e poesía de Occidente cun prestixio
tráxico e triste.
Inés
de Castro, naceu probablemente, en Monforte, provincia de
Lugo no ano 1325. Era filla bastarda dun dos máis grandes cabaleiros de
España, Pedro Fernández de Castro, alta figura luminosa e leal no sombrío
século XIV e de Aldonza Soares de Valladares, portuguesa.
Pasou a Portugal en 1340 no séquito da princesa dona
Constanza de Castela, quen era a súa prima e estaba desposada
con
Don Pedro, herdeiro da coroa lusitana. O infante
Pedro prendeuse da fermosa galega. Constanza morreu ó dar á luz ó seu
fillo, Fernando, que moitos anos despois sucedería na coroa a seu pai Pedro.
Os amores con Inés ocorrían nos "saudosos campos de
Mondego" (Coimbra).
Pero o ensoño idílico non podía durar. O rei pai, Afonso
IV, obedeceu o rumor da voz pública e dos cortesáns que vían no
futuro poder da galega un perigo para a independencia do reino.
Por instigación de Afonso IV, o Consello de Estado decretou a súa morte e tres
fidalgos portugueses realizárona o día 7 de xaneiros de 1355, nun xardín
preto do convento de Santa Clara de Coimbra.
Anos despois, ascendido ó trono, don Pedro, en
1367, mandou desenterra-lo seu cadáver que, posto ó seu carón, foi saudado e
honrado como de viva raíña polo clero, nobreza e pobo.
Hai moitos xeitos de "reinar despois de morrer"; o de dona Inés,
triunfo histórico da saudade, é dunha fermosura á tráxica ó exaltar a
dignidade do corpo podrecido e á alma liberada.
Na actualidade, Dona Inés e máis don Pedro xacen na gran igrexa de
Alcobaça
(Portugal).
Mónica Beatriz Suárez Groba
bibliografía consultada: "historia de galicia", ramón villares.
www.galespa.com.ar