breve historia da cidade de ourense
Nun
val formado polas augas do Río Miño, os
romanos atoparon o lugar ideal para asenta-la capital das terras do
ouro… e daquela cidade, chamada
"Auria" xurdiu a actual cidade
de Ourense, capital da provincia
do mesmo nome.
Hai
dúas hipóteses sobre o emprazamento orixinal de Ourense nos tempos
romanos: unha é a zona termal das Burgas e
outra a ladeira ó pé do cerro de Montealegre
. Tampouco se sabe cal foi a razón de que Ourense nacera: se do río, da
Ponte, das Burgas, ou do ouro, o quizais, dos catro elementos. Porque o
romano buscou e atopou nestas terras, construíu a vella ponte para
cruza-lo gran río, e gozou da auga cálida que se obtiña nas súas
fontes...
E
aquí nace Auria, a cidade de ouro, capital das
terras do ouro, na marxe esquerda do Miño, ó
redor das Burgas...
O seu nome pode vir do "Warm See" (Lago quente)
dos xermánicos, do
"Or Ens" (Auga quente)
(Auga quente) dos celtas; ou do romano "Auria"
(Cidade de ouro, ou lugar luminoso e
brillante).
Ourense foi importante para os romanos polo seu río, a súa ponte e as
súas fontes. E estes foron os núcleos ou orixes da primeira cidade.
O
seu río, O Miño, é enriquecido polo
Sil,
os irregulares caudais do Loña e o
Barbaña.
Aproximadamente no ano 100 da nosa era, quizais en tempos de
Traxano, ergueuse a súa ponte romana. Foi reconstruída en 1228
polo bispo don Lorenzo para o paso dos peregrinos a Compostela, e
reparada posteriormente en numerosas ocasións. Mide 370 metros de longo,
5 de ancho, e o seu arco central , hoxe de 37 metros de alto, e que
foi o de maior luz de todo o imperio romano. Tivo castelo, cadeas,
ramplas curvas de acceso... E é hoxe unha das grandes xoias de
Ourense...
No século IV, Ourense convertérase na cidade episcopal e ó longo dos
séculos desempeñou unha importante función como sede da monarquía sueva,
despois, no período medieval foi época dunha actividade monástica
intensa, comezando a florece-la función comercial, de tal xeito que ó
redor do século XIII a cidade era xa un centro de intercambio
importante, reconstruíndose o entramado viario e a ponte, esta vez como
camiño secundario cara a Santiago e, sobre todo, baixo o pontificado de
san Lourenzo, reinou a prosperidade.
Ata
o século XVIII a cidade debateuse entre preitos señoriais. Nese momento
existía un importante comercio do viño e do aceite. Foi en realidade no
século XIX, cando se reactivou o papel da cidade, sendo o factor máis
importante deste auxe o novo trazado da rede de comunicacións, moi
especialmente a raíz da chegada do ferrocarril . Cando en marzo de 1881
a locomotora Miño chegou a Ourense, estaba anunciada a creación dunha
cidade moderna que cruzaba o río para expandirse de forma definitiva...
No
século XX rematouse a construcción do trazado ferroviario
Ourense-Zamora e unha nova ponte, provocando un gran crecemento
da cidade.
Unha estrofa popular di:

Tres cousas hai en Ourense
que non as hai en España:
O Santo Cristo, e Ponte,
e a Burga fervendo a auga.
Mónica Beatriz Suárez Groba
Bibliografía consultada: "conociendo a galicia", xosé maría
manteiga.
www.galespa.com.ar