Nacemento da Fundación Rogelio Groba
por MANRIQUE FERNÁNDEZ
Extraído da reista Pregón do Corpus 2003 (editada polo Concello de
Ponteareas)
Non é unha idea nova. Fai tempo que viña
rolando nos miolos do músico Rogelio Groba a inquedanza de que facer co seu
patrimonio musical, un dos máis salientables de Galicia tanto en cantidade coma
en cualidade, a dicir de tódolos
especialistas. A situación da chamada "música culta" en Galicia mellorou
notablemente nos últimos anos, pero aínda así, as carencias son importantes
respecto, sobre todo, dos autores. Mellorou notablemente a situación e cualidade
dos intérpretes; creceu o número de bandas, orquestras ou coros; aumentaron os
conservatorios; mellorou a pedagoxía... Pero ¿que foi dos compositores, baluarte
esencial desta arte? ¿Por que non se interpreta ós autores galegos? ¿Por que
apenas se editan as súas obras? ¿Por que existen tan poucas partituras a
disposición das orquestras?
Groba atopábase perante o temor de que todo o traballo feito ó longo de medio
século de vida xirando arredor dunha partitura, quedase esquecido, agochado en
sabe Deus que arquivo, enchéndose de po. Nalgunha ocasión chegou a especular coa
posibilidade de ceder o seu catálogo a algunha institución estranxeira que o
soubese valorar un pouco máis do que se está valorando en Galicia, pero esa
alternativa, lonxe de tranquilizalo, aínda lle resultaba máis dolorosa. Hoxe,
Galicia aínda ten que soportar a vergoña de que unha das mostras máis
importantes do seu patrimonio musical, as cantigas de Martín Codas musicadas no
chamado "Pergamiño Vindel", fosen atopadas nunha librería portuguesa, servindo
de forro a un códice do século XIV, e arestora descansen en Nova lorque. Así
valora Galicia o seu patrimonio. Repetir ese erro sería, simplemente, de parvos.
Por iso, e despois de moito pensalo, Rogelio Groba decidiu que unha boa
alternativa para difundir a soá música sen que fose necesario levala forra podía
ser a creación dunha fundación. Desa inquedanza nacería a "Fundación Rogelio
Groba Groba", creada en Ponteareas o 13 de decembro de 2002, declarada "de
interese cultural" pola Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia por orde
do 19 de febreiro de 2003 (DOG do 4 de marzo), e declarada "de interese galego"
pola Consellería de Cultura, que exercerá o seu protectorado, por orde do 7 de
marzo de 2003 IDOG do 19 de marzo).
Segundo reza nos seus estatutos, a fundación ten por obxecto "a protección,
estudio, coidado e difusión da obra musical de Rogelio Groba Groba'' malia que
na súa redacción se deixa unha porta aberta á difusión da chamada "música culta"
en xeral. Tamén se especifica neste texto que representará "unha actividade de
especial importancia a catalogación, estudio, edición, interpretación, gravación
e difusión do patrimonio musical de Rogelio Groba Groba".
Baixo este enunciado, á Fundación quédalle un longo traballo por diante. 0 seu
primeiro obxectivo será, por decisión dos seus patronos, a catalogación
"definitiva" da obra de Rogelio Groba. "Definitiva' entre comiñas, xa que ás
seus 73 anos, o músico gulansés aínda segue a traballar no eido da composición.
Ata o de agora, figuran no seu haber arredor das 300 composicións que supoñen
máis de 60 horas de música, entre as que atopamos óperas, sinfonías, concertos,
cantatas, ballets, música sinfónico, para piano, de cámara, relixiosa, profana,
para banda, para grupos enxebres, himnos... Ordear e clasificar todo ese
material será esencial para continuar o traballo.
Paralelamente, a Fundación Rogelio Groba tamé0 tratará de recompilar todo tipo
de material relacionado co músico gulansés. Dende as gravacións xa feitas das
súas obras ata recortes de prensa, escritos seus, material audiovisual,
fotografías... Iranse editando, na medida das súas posibilidades, as partituras
que aínda permanecen inéditas (a maioría), iranse- gravando algunhas obras, e
iranse facendo concertos, seminarios, exposicións e todo tipo de actividades que
se consideren axeitadas para a consecución dos fins descritos. De feito, existen
xa varios proxectos en marcha para a gravación ou reedición dalgunhas das súas
obras, nas que se colaboraría con agrupacións musicais de prestixio de dentro
@de fóra de Galicia.
Nunha segunda fase, a Fundación Rogelio Groba pretende abrir 6 público un, local
no que se poda poñer a disposición de tódolos interesados o material recompilado
e clasificado para facilitar a estudiosos ou curiosos a posibilidade de
profundizar no seu coñecemento, e no que se podan organizar actividades
diversas, dende conferencias a concertos de.cámara.
Claro que, polo momento, o fundamental será o asentamento da fundación e a
catalogación da obra de Rogelio Groba. Logo, sen presas pero sen pausas haberá
tempo para facer o resto do traballo.

www.galespa.com.ar