No pequeno segmento da tradición oral, se atopa recollido a tempada do
ano na que se deberán celebrar Santos, índa que se prolongue por toda a
primeira quincena de Novembro o paréntese festeiro admitido popularmente
para estas celebracións.
Certamente que os Magostos nos mostraban o sentido máis pleno naquela
vella sociedade predominantemente campesiña e agropecuaria, que está a
piques de rematar.
Nestas datas de Outono, os labregos da vella sociedade rural xa teñen
ben almacenada a colleita de millo nos hórreos e canastos do fogar, e na
ADEGA doméstica as pipas cheas de viño novo. Agora están metendo nos
Sequeiros de castañas este froito do castaño que rematan de apañar nos
soutos do lugar. As colleitas do ano foron boas como se esperaba e os
paisanos observan contentos o froito dos cultivos de cereais, os
sequeiros de castañas, e os moios de viño no lagar, cós que pasar con
fartura o resto do inverno. A vida vaille ben e se pode celebrar
consumindo colectivamente a castaña, protagonista da derradeira
recolección, acompañándoa coa proba do viño novo que xa serve para
beber.
III
Se facemos caso á tradición oral, ben pouco se precisa para celebrar un
verdadeiro magosto: basta
con xuntar-se varias persoas para asar e comer castañas acompañadas duns
grolos de viño canto máis bon mellor. Persoas, castañas, e viño
abundante son, polo tanto, os tres elementos necesarios e suficientes
para a conmemoración dos máis enxebres e autóctonos magostos.
A partir desto que nunca pode faltar nun magosto popular, todas as
demais biandas e licores que agora se asocian á paparota ben vidas sean,
e se fai frío no lugar do cerimonial culinario, mesmo se lle podería
engadir ó viño, algo de azucre ou mel para que quente os corpos e saiba
mellor ós que non acostuman beber. Así tamén lle facemos caso a este
outro vello dito popular:
"Pra quitalo
frío e fartarte ben podes comer castañas e viño morno con mel".
A nivel de ruralía e vecindade, esta sencilla cerimonia étnicolocal se
levou a cabo a miudo, perante a tempada da recolleita e seca das
castañas nos sequeiros de castañas, unhas instalacións preparadas para a
seca deste fruto que os veciños disponen nas propias casas, nas aldeas,
e mesmo sobre os propios soutos de castaños. As veces alguén das
familias ían vivir a eles por algúnha tempada mentras se adicaba a
recolle-las castañas, secalas e clasificalas antes de se utilizare na
alimentación humán e dos animais domésticos. Mentras se levaban a cabo
todos estes labores, a miudo se xuntaban mozos e mozas para facer
fiadeiros e paparotas que ían desde come-las castañas asadas con viño,
até chourizos envoltos en berzas, e en papel de estraza e asados na
cinsa quente, ou mesmo cocidos nunha potiña con viño branco. Estou
seguro que saberían que daría gloria mascalos. Despois, por suposto,
continuaría a troulada aldeán a miudo baixo a atenta vixilancia das
velliñas do lugar.
IV
¿Que tentan comunicarnos estas celebracións xeneralizadas do Magosto, ó
conxunto dos cidadáns que participan neles e demais membros integrantes
da sociedade tradicional?
Eís no que segue algúns dos mensaxes que esta vella sociedade parece
querer trasmintir por medio da arraigada celebración tradicional.
Podemos empezar por este que parece estar relacionado co día principal
da súa celebración, que a nivel xeral ven sendo o 1 de Novembro: "Día de
tódo-los santos".
Que
os magostos se veñan celebrando neste día tan siñalado pode que non
obedeza á casualidade, senon a que se trata duna xornada festiva e, polo
tanto, na que a xente ten tempo para se xuntar; en segundo lugar se
trata dun día no que a maioría das recolleitas de castañas xa están
feitas, ou se están rematando de facer. Pero do que realmente se trata
coa institucionalización da celebración, neste día tan sinalado, é de
lembralle a todos aqueles membros da localidade que teñen soutos con
castaños sen rematar de recoller, que se den presa en facelo se non
queren que lle lo fagan aqueles vecinos que non teñen a sorte ter soutos
de castaños en propiedade.
A partires dese día "oficial" do magosto xa estes máis probes da aldea
ou da parroquia, quedaban autorizados a entrar nos soutos, e facer unha
segunda recolleita sen que os propietarios os poideran castigar,
denunciar, etc.
Estamos, pois, diante unha forma moi intelixente de lembralle ó pobo
desde cando o que existe na aldea pertece ó común máis que ó particular.
Pero se agora nos paramos a observa-lo modo de cómo se viñan
desenvolvendo os Magostos que se celebran en cada aldea e parroquia
rural, durante esa xornada anual adicada á celebración, se poden chegar
a descubrir unhas peculiaridades novas, que tamén son portadoras de
contidos e mensaxes culturais que os participantes trasmiten
inconscentemente a tódolos demais ausentes na celebración.
Desde esta perspectiva, os Magostos tamén nos aparecen como un mecanismo
que utiliza o pobo para seguir conservando e trasmitindo aquelo que cree
debe perdurar, por detrás das apariencias externas, é alén da propia
comensalía festeira. Neste aspecto, a importancia da celebración dos
Magostos se atopa máis no que non se observa a primeira vista, que
naquelo que todos vemos no espacio da celebración popular.
Tentarei de me expricar subliñando a este respecto, que dunha mirada
atenta da festa popular, do proceso de desenvolvemento do Magosto, dos
comportamentos que obxectivan os participantes, dos espacios variados
nos que se veu levando a celebracións, etc., da observación e análise de
todo esto é fácil deducir outra serie de mensaxes culturais que a festa
proxecta para quen os saiba descifrar, e, tamén, esa lección que
mediante o desenvolvemento da festa o pobo imparte, mesmo sin ser
conscinte, sobre os fundamentos da maneira de ser, sentir, e vivi-la
nosa galeguidade. En efecto, a pouco que un se fixe no proceso dun
Magosto tradicional poderá comprobar como dita celebración se atopa
perfectamente marcada e delimitada por unhos tempos e espacios
concretos, por unhos controles e normas de acción específicas e, polo
demais, ben adaptadas ó contexto da comunidade campesina que os está a
celebrar. De outro lado, calquera celebración do magosto popular se
presenta con unha forte capacidade de vencellamento entre os membros que
participan nel, pero ó mesmo tempo coa forza capaz de separa-los das
restantes categorías de membros que non se deixan formar parte da
comensalía étnico-grupal.
Dou por suposto que no transcurso da vida, quen estea lendo esto, terá
participado alomenos en dous tipos de magostos: de pequeno, na
celebración dos chamados "Magostos de nenos" ou magostos
infantís; de xoven na dos ditos "magostos de mozos", que son os
que fan os xóvenes e adultos da comunidade. Pois se atendemos ben ó que
alí ocorre, pronto nos damos conta que os membros participantes en cada
un destes magostos -infantís e adultos- están facendo algo máis que
comer, beber, e se divertir a pracer. Tamén se están sentíndo parte
integrante dun grupo de idade diferenciado do outro, e sabéndose
compoñentes dunha categoría concreta de persoas coas que conta a
comunidade.
Deste feito se desprende que o Magosto compartido, xungue ós seus
participantes para mellor diferencia-los dos demáis componentes da
comunidade, e que aquél que saia dun "magosto de nenos" para entrar nun
"magosto de mozos", está facendo algo máis que cambiar de lugar de
celebración. Eses actos de saír e de entrar, implican sobre todo a
decisión de deixa-lo mundo, tipos de comportamento e mentalidade
infantís, para se mergullarno mundo, comportamentos mentalidade da
poboación adulta da comunidade, con todas as implicacións e
consecuencias que elo traerá consigo. É desde esta perspectiva que se
pode entende-la celebración do magosto tradicional, como un auténtico
ritual social que a sociedade tradicional dispón para mostralle ós
membros o lugar que ocupan no seo da propia estructura social.
Pero aínda hai outro aspecto na celebración dos Magostos tradicionais
que me gustaría destacar aquí. Me refiro a aqueles tipos de magostos que
en moitos povos se levan a cabo arredor das Igrexas, ou ceminterios e
adros parroquiais o "Día de tódo-los Santos".
O sentido sacro do espacio donde se decide ir facer-lo magosto e o
sentido simbólico que conleva esta comida agraria son evidentes. Tamén o
é a lección que se nos quere explicar por medio destes magostos
celebrados en tan escollido lugar, e que podería sintetizar decendo que
se trata de reintegrar na festa, anque dunha forma simbólica, a todos
aqueles membros da comunidade que xa non poden participar físicamente
porque se teñen ido para sempre.
Velaí como por medio destas celebracións populares do Magosto en
espacios cargados de sacralidade e simbolismo, se tenta facer partícipes
a todos: vivos e mortos da comunidade. Non coñezo unha forma mellor de
vencellar ás trouladas dos vivos os mortos da comunidade local, que esta
de ir levarlles a festa a ese espacio tan simbólico e cargado de
sacralidade. Pero tamén é o mellor modo de deixarnos claro ós demais,
que no máis profundo do noso espirito permañece sempre fortemente
enraizada esa nostálxica lembranza dos xa falecidos.
V
Mediante un achegamento ós nosos Magostos como o que propoñemos, se
comprende como esta ancestral celebración popular serve, ó tempo que
para pasalo ben e para sentir-se membro dunha categoría de idade
distintiva, tamén para lembrar ós que participan na comensalía, que nen
siquera naquelas gozosas xornadas festivas caracterizadas polo bó comer,
beber e vivir, que se distribúen ó longo do ciclo anual de traballo, os
galegos somos capaces de eliminar do noso espirito esa nostálxica
lembranza que conservamos de todas aquelas persoas, familiares e amigos,
que xa non están entre nós.
A celebración do Magosto que tódolos anos nos visita, o fai como algo
máis que un acto culinario e de divertimento popular. Tamén se achega a
nós con ese colorido festivo, creativo e típicamente popular, para por
medio dél, lembrarnos a tódolos membros da sociedade que estamos a
revivir, consciente ou inconsciente, uns espacios e situacións sociais e
relixiosos cargados de sentido e significado cultural específico, e para
contribuir a conservar e a trasmitir toda esta serie de rasgos propios
da nosa cultura popular observados, entre os que este da "comensalidade"
galaica que aflora en calquer momento anual, se aprecia como un típico
mecanismo reforzador dos nosos valores e sentimentos étnicos.