|
Rosalía
de
Castro
|
Prólogo
Grande atrevemento é, sin duda, pra un probe inxenio como o que me
cadrou ensorte, dar á luz un libro cuias páxinas debían estar cheias de
sol, de armonía e daquela naturafidade que, unida a unha fonda ternura,
a un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman a maior
belleza dos nosos cantos populares. Á poesía gallega, toda música e
vaguedade, toda queixas, sospiros e doces sonrisiñas, mormuxando unhas
veces cos ventos misteriosos dos bosques, brilando outras co raio de sol
que cai sereniño por enriba das auguas dun río farto e grave que corre
baixo as ramas dos salgueiros en frol, compríalle para ser cantada un
esprito subrime e cristaíño, si así o podemos decir; unha inspiración
fecunda como a vexetación que hermosea esta nosa privilexiada terra; e,
sobre todo, un sentimento delicado e penetrante, para dar a conocer
tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo raio de hermosura como
se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado a este pobo a
quen moitos chaman estúpido e a quen quisais xuzguen insensibre, estrano
á devina poesía. Mais naide ten menos que eu teño as grandes cualidades
que son precisas pra levar a cabo obra tan difícile, anque naide
tampouco se pudo acharanimado dun máis bon deseo pra cantar as bellezas
da nosa terra naquel dialecto soavee mimoso que queren facer bárbaro os
que non saben que aventaxa ás demais linguas en dozura e armonía. Por
esto, inda achándome débil en forzas e non habendo deprendido en máis
escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles
cantares,aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que
tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna e que foran
recollidos polo meu corazón como herencia propia, atrevínme a escribir
estos cantares, esforzándome en dar a conocer como algunhas das nosas
poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva,
e como o noso dialecto doce e sonoro é tan apropósito como o pirmeiro
para toda clase de versificación.
As miñas forzas, é certo, quedaron moito máis abaixo do que alcanzaran
os meus deseios, e por eso, comprendendo canto poidera facer nesto un
gran poeta, dóiome inda máis da miña insuficenza. O Libro dos Cantares
de don Antonio Trueba, que me inspirara e dera alento pra levar a cabo
este traballo, pasa polo meu pensamento como un remorso, e casi asoman
as bágoas ós meus ollos ó pensar como Galicia se levantaría hastra o
lugar que lle corresponde si un poeta como Antón o dos Cantares fose o
destinado pra dar a conocer as súas bellezas e as súas costumes. Mais a
miña infelizpatria, tan desventurada nesto como en todo o máis, tense
que contentar cunhas páxinas frías e insulsas, que apenas serían dinas
de achegarse de lonxe ás portas do Parnaso como non fose polo nobre
sentimento que as creou. ¡Que esto mesmo me sirva de disculpa pra os que
xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que o que se esforza
por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á súa
patria, é acreedore a algunha indulxencia!
Cantos, bágoas, queixas, sospiros, seráns, romerías, paisaxes,
devesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, todo aquelo, en fin, que
pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco,
unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a
conmoverme, todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro pra desir
unha vez siquera i anque sea torpemente, ós que sin razón nin
conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e
que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente
nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa que, a desir
verdade (por máis que ésta sea dura), demostra a iñorancia máis crasa i
a máis imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia a outra
provincia hirmán por probe que ésta sea. Mais he aquí que o máis triste
nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos
de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis
despreciable e feio de España, cando
acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.
Non quero ferir con esto a susceptibilidade de naide, anque, a decir
verdade, ben poidera perdonárselle este pequeno desafogo a quen tan
ferida foi de todos. Mais eu que atravesei repetidas veces aquelas
soledades de Castilla que dan idea do deserto; eu que recorrín a
feraz Estremadura e a estensa Mancha, donde o sol cai a promo alomeando
monótonos campos donde o cor da palla seca presta un tono cansado ó
paisaxe que rinde e entristece o esprito, sin unha herbiña que distraia
a mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado
como a terra que crobe; eu que visitei os celebrados arredores de
Alicante, donde os olivos co seu verde escuro, sembrados en fila e de
raro en raro, parecen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela
famosa horta de Murcia, tan nomeada e tan alabada, e que, cansada e
monótona como o resto daquel paíse, amostra a súa vexetación tal como
paisaxes pintados nun cartón con árbores postos simétricamente e en
carreiriños para divertisión dos nenos, eu non podo menos de indignarnie
cando os fillos desas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non
na belleza dos campos, búlranse desta Galicia competidora en clima e
galanura cos países máis encantadores da terra, esta Galicia donde todo
é espontáneo na natureza e en donde a man do home cede o seu posto á man
de Dios.
Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos
azues e serenos como os de Italia, horizontes nubrados e melancónicos
anque sempre hermosos como os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres
e sereniñas, cabos tempestuosos que aterran e adimiran pola súa
xigantesca e xorda cólera.... mares imensos... ¿Que direi mais? Non hai
pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en
tódalas estacións de herbiñas e de frores, os montes cheios de pinos, de
robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes i os
torrentes derramándose fervedores e cristaíños, vran e inverno, xa polos
risoños campos xa en profundas e sombrisas hondanadas... Galicia é
sempre un xardín donde se respiran aromas puros, frescura e poesía... E
a pesar desto chega a tanto a fatuidade dos iñorantes, a tanto a indina
preocupación que contra a nosa terra esiste, que inda os mesmos que
poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos dos que se bulran de
nós sin que xamais nos haian visto nin aínda de lonxe, que son os máis),
inda os que penetraron en Galicia e gozaron das delicias que ofrece,
atrevéronse a decir que Galicia era...¡¡un cortello inmundo!!... ¡I
estos eran quisais fillos... daquelas terras abrasadas de onde hastra os
paxariños foxen!... ¿Que diremos a esto? Nada máis sinón que taes
fatuidades respecto do noso país teñen algunha comparanza cas dos
franceses ó falar das súas eternas vitorias ganadas ós españoles. España
nunca, nunca os venceu; polo contrario, sempre saleu vencida, derrotada,
homillada; e o máis triste desto é que «val» antre eles tan infame
mentira, así como «val» pra a seca Castilla, pra a deserta Mancha e pra
tódalas demais provincias de España -ningunha comparada en verdadeira
belleza de paisaxe coa nosa- que Galicia é o rincón máis despreciable da
terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven así a sofrir
España dunha nación veciña que sempre a ofendeu, a misma inxusticia que
ela, inda máis culpabre, comete cunha provincia homillada de quen nunca
se acorda, como non sea pra homillala inda máis. Moito sinto as
inxusticias con que nos favorecen os franceses, pro neste momento casi
lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle
máis palpabre a España a inxusticia que ela á súa vez conosco comete.
Foi este o móvil principal que me impeleu a pubricar este libro que,
máis quenadie, conozo que necesita a indulxencia de todos. Sin gramática
nin regras deningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de
ortografía, xiros que disoarános oídos dun purista; pro ó menos, e pra
disculpar en algo estes defectos, puxen omaior coidado en reprodusir o
verdadeiro esprito do noso pobo, e penso que o conseguín en algo... si
ben dunha maneira débil e froxa. ¡Queira o ceo que outro máis afertunado
que eu poida describir cos seus cores verdadeiros os cuadros
encantadores que por aquí se atopan, inda no rincón máis escondido e
olvidado, pra que así, ó menos en fama xa que non en proveito, gane e se
vexa co respeto e adimiración merecidas esta infortunada Galicia!
Rosalía de Castro de Murguía
|
Prólogo
da
autora
|