|
Almas ardentes pra
chorar nacidas unha cencia que Dios
non quixo darvos; volvoretas xentís,
esparexidas arredor dunha lus
que ha de queimarvos; almas cheas de duda,
de fe espidas; dunha eterna
inorancia eternos
parvos; vermes envoltos no
montón aceso de ósos de mortos
que chamás progreso: Parade un
pouquichiño o
fatigoso paso en que vades a
rodar sin tino, e non ó vento dedes,
enganoso, a balbucente vos dun
peregrino, sombra dun sol que
nace esprendoroso, póla esgallada de
xigante pino, recordo vivo dunha
idá pasada, entre o polvo dos
tempos enterrada. A vos amiga que
hastra vós se
astreve é de xente de paz.
Eu sonvos ave de pío morosiño i
aas de neve, que só aniñar nos
campanarios sabe. Dende eles colle lus,
dende eles bebe o incenso en ondas
que rubiu da nave. e cando cai
esborrallada a
torre, mirra as aliñas, e
piando morre. Cando teñades esta
vos ouído, cal eco de
fantástica viola, xa esta sombra terá
desaparecido, cinza sólo quizais
será esta póla; estonces, que tra-lo
último queixido, sólo será un cadavre
esta ave tola, ¡almas, volvede ó
voso afán, voade, buscade o fin da
cega humanidade! ¡Eu non podo
seguirvos! Si amo
tanto o progreso i a lus,
¿por qué na frente grabado hei de levar
o desencanto desta doce ilusión
que o peito sente? ¿Por qué, cando
profétecos levanto ó porvir os meus
ollos, tristemente, tíreme a sen
remordemento xordo, e dos pasados tempos
me recordo? Medroña queixa
espállase no vento por cibdades e vilas
á redonda, que inda zoa con
tanto sentimento como na praia cando
toupa a onda. Ese triste queixido,
ese lamento, de alguén vos sai
que sofre pena
fonda... iÉ o pasado que
morre! A lira daime, e si canto ese morto...
perdonaime. Sí, eu cántovo-la
vida no pasado; que outros canten a
vida no futuro: eu dun tesouro sei
que está olvidado, e pra sacalo á lus a
terra furo. Si o tempo é sempre
o mesmo, i agarrado vai o presente ó que
pasou, seguro, podia ser, ben na
vila ben na aldea, que útil pra moitos
o meu canto sea.
I
Preto da cibdá de
Ourense, camiño de Celanova, onde é máis tépedo o
vento que a terra gallega
azouta, dun círcolo de
montanas na faldra, sempre
verdosa, esténdese un val
frorido, cuberto de herbas
cheirosas, piñeirales e
arboredos ricos de frutas e
sombra. Alí, pola primaveira, dispois de saír da
escola, van os rapaces
buscar freixós pra comer i
apóutigas; i as nenas, máis
delicadas, e non como eles
golosas, topan alí os
caraveles con que os cabelos
adoman, e fan, con espriego
e néveda, ramiños que logo
esfollan. Deste val no medio e
medio, entre edras e musgo
envoltas, ergue as torres un
castelo, feito alá n'eras
remotas de pedra de
sillería, cáxeque co tempo
roxa. Como este antigo
edificio outro non hai, según
contas, pois diz que foi
levantado por unha princesa
moura dendes da posta do
sol hastra a saída da
aurora; e inda hai vellos
que aseguran, e podia que certo
fora, que debaixo dos
cementos que os altos muros
soportan, deixou a monta
princesa pra que quen se
astreva, morra, sobre unha trabe en
quilibrio dúas cántaras que
asombran: unha de alquitrán
inchida i outra de moedas e
xoias. De sorte que quen
quixere coller a que ouro
atesoura, creba unha cántara e
morre, feito carbón, baixo
a outra, quedándose ó mesmo
tempo sin o santo i a
limosna. A carón deste
castelo, agarimadiñas todas, ou pola veiga
cribadas, como bandada de
pombas, as retelladas
troneiras abertas ó sol que as
doura, alcóntranse as
brancas casas da vila de Vilanova. Vilanova dos
Infantes é vila de grande
sona: n'hai zapateiros no
mundo que batan millo-la
sola; non se cocen en
ningures petadas que aquí non
cozan, e de aquí sán prós
teares as millores
mazarocas. Aquí está a gracia
dos homes i a fror i a nata
das mozas; en fin, sólo aquí
naceron, sólo aquí, Martiño e
Rosa.
II Alá polo ano de
gracia de mil seiscentos e
trinta, era dono do castelo que en Vilanova se
ve inda, don Xácome
Mazcareñas, señor de catorce
vilas. Home de fárragos
vellos, na corte do Rei
vivía, pois gallego como
hai moitos, dáballe noxo
Galicia. Sólo dela se
acordaba, si algunha ves o
faguía, pra cobrar rendas e
foros sin aviso e por
xusticia. Por estas
falcatruadas todos olleira lle
tiñan, e cando cara a
Madril, aló polo vrau, saían, en carros acugulados, diñeiro, graus e
fariñas, os probes dos
levadores, que naqueles carros
vían irse as mizquiñas
ganancias con que seus fillos
mantiñan, de traballar
eslombados, mentres os carretos
se iban, quedaban pra sí
dicindo: "¡Que de solimán che
sirvan!" Entre a baixa
servidume que don Xácome
mantiña pra que lle coide
dos eidos, dos bés e das
regalías, estaban Martiño e
Rosa: el pra faguer as
vendimas, prás sachas e prás
decotas dos xardís, hortas e
quintas, i ela pra gardar o
gando nas carballeiras
veciñas. Dos dous,
solasmentes Rosa dentro o
castelo vivía. Martiño tiña vinte
anos e Rosa dezaséis
tiña, el era un mozo
arrogante, i ela un feitizo de
linda; nunca tiveran
amores, i anque por ela
bebía os ventos Xan de
Ventraces, Rosiña tomábao a
risa. Orfos entrambos a
dous, sin amparo nesta
vida, servindo os dous ó
mesmo amo topáronse certo día. De estonces, Martiño
e Rosa sentiron a alma
ferida, e quizais que se
morreran de mal de malenconía, si unha mañá non
quedaran noivos ó saír da
misa.
III Moito deben de
quererse os criados de
Mazcareñas, moito deben de
quererse cando tanto
parrafean. Tódalas noites
sentados nun grande poio de
pedra, están parolando
solos ó pé do castelo el i
ela. Mentira ou verdade,
il corre dendes da vila
hastra a aldea, que pra no outono
casárense, teñen a roupa xa
feita; pero hai quen xura e
perxura (nunca faltan malas
lenguas) que deica que os
namorados sallan xuntados da
igrexa han de pasar moitas
cousas i han de nacer
moitas herbas... Mala cousa é neste
mundo a condenada da
envexa, mais non van
descamiñados os que o casamento
negan; pois unha noite de
lúa, noite caladiña e
fresca do mes de Santiago,
cando todas son frores as
veigas, todo é, aromas o
campo e doce música a
terra, na praza de Vilanova, do castelo onde a
cancela, Martiño e Rosa
falaban de semellante
maneira: -Martiño, ¿qué diaño tes hoxe? ¿Non falas? ¿Pra estar como o
moucho viñeche da sacha? Si cando te fuches noxado n'estabas, ¿qué frema trouxeche do monte prá casa? ¿Picoute unha cobra? ¿Guindoute unha
galla? ¿Saíronche os lobos? ¿Botáronche a fada?... Respundel, Martiño, ¿qué tes, que te
calas?
-Non sei cómo te oio, garduña eslavada, non sei cómo te oio ¡i estoume con
calma! ¡Qué teño! ¿Qué teño pergúntasme,
maula?... ¡Qué teño! Direicho... Pois... iténoche
lástema! ¡Treidora! -¡Dios mío! -Fiai de rapazas que din que vos
queren... ¡Fiai de
palabras!... -¡Martiño! -O Martiño n'impórtalle a nadia!... -Pero, home, ¿toleas? ¡Asús, qué disgracia! ¡Veciños!... -¡Non berres! ¡Non berres... e
cala! -Pero, home, si
cousas me dis que me
espantan... ¡Si mesmo dás medo! ¡Si os ollos che
saltan! Martiño, ven,
séntate, sosega, descansa; en nada che figuen pra o mal que me
tratas. Soliña no mundo, de nadia mirada ¡faltábaine agora que ti me deixaras!
Pois eu ben te quero... ¡Por eso non marra! -Ti quéresme moito... Rosiña... rosada... Ti quéresme moito... Ti dícelo... e
basta. O mesmo dixeches a Pedro Balada, i a Xan de Ventraces i ó amo da casa, cando hai ano e
medio ven ver a
labranza... ¡Que nunca el
viñera! ¡Que nunca el
chegara! -¡Santísimo Cristo de Ourense me
valla!... -Pra que hoxe te
axude xa é tarde, rapaza. I eu, tolo, quería, i eu, tolo, pensaba casarme contigo... ¡Miniña da casta!... -Martiño, anque
probe, faltar non me
faltas. ¡Pois coida o que
pensas! ¡Pois coida o que
falas! Pra bulra, xa
abondan seis meses de palra... ¿Qué Xan, nin qué
Pedro? ¿Ti seique tes
gana?... No, pois... ¡Esmiólame co rabo da sacha, mais déixame a
honra, que é cousa sagrada! ¡A¡! Ti andas,
Martiño, con malas compañas ti xúntaste agora con xente malvada e crés esas lenguas peores que a rabia. Fas ben, xa que
podes. Dende hoxe n'hai
nada de canto prá boda decirche esperaba... Tocante á limpeza (¿e pois qué
pensabas?), ¡cristal nunca viche que á miña egualara! -Rosiña!... -¡A Rosiña n'impórtalle a nadia! I adiós. Si autra
queres... porveito che faga. Desta sorte
marmurando Rosa, de esconsolo
chea, facendo como que ría entrou no castelo
apresa; pero anque fai que
fagamos pra que se lle non
coneza, ela vai limpando os
ollos mentres que rube a
escaleira. Na porta, como unha
estauta, Martiño mórdese a
léngoa, i anque tose i
asubía, como quen non sente
penas, unha da boca lle sai i outra no corpo lle
queda...
Cando por fin,
acordando, pensou no que lle
arrodea, dixo, falando
consigo: "Ou mente Xan, ou
mente ela". E logo, tirando ó
chau, desesperado, a
monteira, añidíu: "No, pois...
si Rosa ten do cristal a
pureza, ¡xuro a Dios, Xan de
Ventraces, que che hei de
arrinca-la léngoa!
iv Namentres,
icoitadiña!, a nena
namorada, de pena esmorecida,
chorando a fío está; mais vive do castelo
na cámara aleixada e naida dos seus
males se
compadecerá. ¡Miraina! Polo lombo
caíndolle o cabelo, os ollos arrasados,
partido o corazón, meteuse no seu carto,
pechou co taravelo i está, imiña
cousiña!, xemendo
nun rincón. Da alcoba en que ela
dorme pola alta
lumieira, de albahacas
tapizada, mapolas i
alelís, esbara o branco raio
da lúa pracenteira i o recendente aroma
da campesina bris. Dalí, Rosiña escoita
o burbullar do río que do castelo preto
dende us penedos cai, dos páxaros da noite
o resonante pío i a música que o
vento nas alboradas
fai. Mais ten tan
consumido o corazón
de pena, que en nada topar
pode consolo nin
pracer, e chora que te chora,
como unha Madalenal, dá lástema,
abofellas, dá
lástema de a ver. Primeiro desengano
do noso amor
primeiro, que trás contigo o
frío dunha mañá sin
sol, ¡tu rosnos como os
vermes a fror do
laranxeiro, i o corazón nos
trocas en seco
pirifol! Por onde pasas
deixas a baba
corrompida da lesme venenosa,
amarga como a fel, convirtes nun infemo
a máis hermosa vida, detrás de ti non
queda sinón fastío
cruel! No peito remordida
por ese desengano, Rosiña desbautízase,
murchada de pesar; enxúgase as bagullas
ca punta do seu pano i escrama moitas
veces, volvéndoas
derramar: "¡Eu, que así Dios
me salve, si entendo
o que me dixo! De algunha
malquerencia calunia
debe ser, porque cu xurar
xurara, ó pé dun
crucifixo, que a nadia máis
qu'el quixen, nin
penso máis querer. Si probas me el
pidira e darllas eu
pudese; si a arquiña das
virtudes poidéralle
amostrar, vería que, gardada,
anqu'el non lle
interese, aquela virtú teño
que é meu deber
gardar". De solouzar ó cabo e
pelexar cansada con tanto pensamento
que na cabeza ten, a coitadiña Rosa
deitouse apesarado, no cabezal chantando
a fatigada sen. Pouquiño a pouco os
ollos fóronselle
pechando, doíñas acendidas na
lus dun puro amor, i á Virxen entre
dentes unha oración
rezando, quedouse adonnecida
nun sono encantador. Estonces, unha
Señora toda de lus rodeada, de estreliñas
coroada que como diamantes
son, cun mantelo na
cabeza de pano negro, moi
lindo, caladamente,
surrindo, entrou pola
habitación. Nunca se víu neste
mundo máis feiticeira
criatura, nin pra tan grande
hermosura comparación pode
haber: por ollos ten dous
luceiros, por dentes, pelras
dos mares, por greñas, raios
solares, por risa... un
amañecer. Das orellas
pendurados leva us aretes de
lume, e por gallega
costume, dengue de pano
sedán; zoquiños de pau de
almendro nos pés de feitura
enana, i ó cinto unha
muradana con plegues que
xenio dan. Pasiño a paso,
chegouse á cama en que dorme
Rosa, e botándolle
graciosa unha mirada de amor, díxolle cun tono
brando que música parecía: "Rosiña, a Virxe
María traiche consolo e
favor". "Eu ben sei que a
túa ialma está cuberta de
loito; eu ben sei que
sofres moito porque hai quen duda
de ti; pero eu, que dendes
do ceo coido daquél que me
chama, eu farei -¿si?- que
a túa fama quede cal foi hastra
aquí". "Non chores, miña
pequena, non chores máis,
pastoriña; eu velo por ti,
miniña, ti da miña conta
estás. Martiño estará
pesante mañá quizais do que
figo; pasado serei contigo no monte, si ó monte
vas". Calouse Nosa Señora i envolta en dourada
nube, rube... que rube...
que rube, perdeuse na
inmensidá. Rosa quedouse
dormindo a seu pracer e
regalo. Pronto espertará: xa
o galo cantou. ventando a
mañá.
V -Moito madrugas huxe-, dixo Xan de
Ventraces a Martiño, topándoo cunha cara
de forruxe pola mañá moi cedo
nun camiño. -Nunca fun
perguiceiro-, repúxolle Martiño de
mal modo, porque Martiño é
pouco paroleiro. -Pois fillo, así e
todo, outro-lo seu negocio
fan primeiro... -Ande eso... ¡qué
lle queres!... Si foran como ti
tódolos homes... -Olla, a mal non mo
tomes, mais... tes pouco
partido entre as
mulleres. -Xan, levo moita
presa, porque teño que faga
na devesa. Vou pra Porto de
Outeiro, que si non, ten
presente o que che
digo: sobre esas i autras
cousas que me calo moito tería que
falar contigo, moito que agora vale
máis calalo... – ¡Ouga! ¿Xa te
enrabuxas? A¡, Martiño,
calquera que te
escoite e ben non te coneza, dirá que non tes
miolo na cabeza a forza de pensar
dende onte á noite. ó meu conto volvendo, como antes che
decía, non hai unha muller
que non se ría do parviño que es
ti... -En non te entendo. Fala craro, si
sabes; pois, o demo me
leve, si dende que me dis
cousas tan graves me non tes
tiritando, como a
neve. ¿Conque... dis que
as rapazas do
concello falan por ahí de min?
¡ Mirai o diaño! ¡Pois estouche
servido!... Pero teño entendido que inda me qués cal
quer o lobo ó año. ¡Qué lle hemos de
facer! I eu que
creía que nadia que talar
de min tería... -¡Ma... canté! Pero
vives enganado, porque onte á noite
aíña, díxome en certo són
certa veciña falando de que
estabas namorado, que máis sorte que
ti tiñaa calquera, esguízaro mirrado, de pemas tortas e de
cara fera. "l esto ben se
adiviña –dicíame a rapaza do
relato porque despois de
que a levou o gato, é cando el vai en
busca da sardiña..." -Cálate, Xan, e
vaite, que inda é
cedo pra que contigo un
escarmento faga; non afondes a chaga... non me fales xa máis
dise segredo que pesa sobre min
como unha praga... No meu pelexo ponte: ¿non che abondou
canto dixeches onte?... Líscate, Xan,
líscate axiña,
pronto; que sin que nadia o
note nin sospeite, cando me fagas
falla, buscareite... porque che teño que
contar un conto... ¡Ladras ben....
rabearas! Mais, si cal tes
maldá tiveras forza, as probas do que dis
xa me amostraras sin agardar que a
gorxa che retorza. -Martiño, ¿logo
pícaste? Folgárame de ver que
eras valente, porque inda hai quen
che di -¡cousas da
xente!- que cando cún te
atopas...
esfurrícaste... -0 que che diga tal,
dille que mente... Eu nunca de gabarme
fun amigo, nin loitas deprendín,
nin o pau xogo; pero o que me fixo
unha -¡olla o que
digo! quer quixera, quer
non, pagouma logo. Si ti crerme non
queres, o mal será pra ti;
pois che prometo que si de hoxe nun
mes conta non deres da honra de Rosa, á
que furtache o creto, ¡heiche crava-la
lengua nun espeto para escarmento de
homes e mulleres! -¿E verdade o que
dis? -Non cho repito. -Pois entón... ¡hastra
agosto! -O dito... idito! Desta sorte falando Xan de Ventraces i o
infelís Martiño fóronse separando, e sin decir máis
nada colleron cada cal
por seu cainiño, Mairtiño triste, Xan
asubiando. O día crarexaba; do sol, que a
relumbrar
encomenzaba, unha franxa marela polos altos petoutos
se estendía; a brisa nas
silveiras rebuldaba, i alá no ceio -pendurada
estrela chilraba aletexando
a cutuvía. Do lado de Levante de sombra e lume
pabellón flotante, vai correndo mainiña,
mainamente, tapando os
hourizontes, negra
nube, e dela por didiante trévoa de fogo
ardente esparxe húmedo
cheiro a terra
quente. Martiño camiñaba máis triste cada
ves, a toda presa. ¡Cántas bágoas
choraba por aquel camiñiño
da devesa! "Querer unha rapaza
hermosa e pura; pedila por muller
con cortesía; ir forrando prá boda
e máis pró cura; gardarlle lei un día
i outro día; respetala, adorala
con loucura; pegar por ela
choutos de alegría; e cando ún está
lévedo, ceguiño pola amorosa febre, escoitar unha noite
nun camiño: "Non te cases,
Martiño, si non queres levar
gato por lebre... "Traballar toda a
vida; andar bregando
sempre coesta aixada pra conservar sin
lixo, ennobrecida, a limpa fama de meus
pais herdada, e de pronto escoitar
de boca allea unha mañá, no medio
dun camino: "Mira o que fas,
Martiño, que che se rin de ti
por toda a aldea... "¡A¡, coéstes
comparados, nada os tormentos
son dos condenados! ¿Será verdá, Xan de
Ventraces?... ¡Dimo! ¡Ten piedade de min,
destas bagullas, deste infemo en que
ximo, devorado por dentes
como agullas! Eu non sei si te
crea, pero..., ¡Virxe
María!, si dixeses verdade,
en morrería... ¿Sera-lo demo?... i
Arrenegado el sea!" Así decindo o mísero
labrego, sin calma nin sosego, meteuse na devesa
decontado, e do seu sacho
armado comenzou sin refolgo
o seu trafego. Levaba xa Martiño, rapaz de moito
aguante, sete horas de
trabarlo seguidiño, cando nesto, de
vento un remuíño ergueu a terra pola
veiga adiante. A densa polvareira oscurecen o sol por
un istante, i estremecendo val e
carballeira rachou a negra nube
de Levante o rouco són dun
trono frameante. As gárgolas do ceo esgazáronse entón, e
do seu seo tanta chuvia
mandaron que as hortas se
arrasaron, o río esbordou, cheo, i os álbores i as
prantas esfollaron. Na tempestade aquela caía como on raio
cada gota i en ningures se víu
outra como ela. Martiño, arripiado, no ventre se meteu
dunha caflota. ¿Qué lle importa ó
coitado? |
Si está da auga do
ceo agarimado, a¡, non o está da
que dos ollos
bota!... ¡Poidera ser
-decía-, poidera ser que Rosa
me enganara? Rosa, por quen daría canto Noso Señor no
mundo cría, hastra un reino, si
en sorte me tocara? Non pode ser; non
pode ser, de fixo. Pura como un
cristal, dixo onte á
noite. ¡Pura como un
cristal!... Cando mo
dixo. non hai razón pra
que coa duda loite". Brillou entón, de
súpeto, nos ceos un relampo, que esparexendo a
brétema nun raio reventou. Ardeu en fogo a
atmósfera, alumiouse o campo i esnaquizouse o
álbore en que Martiño
entrou. Da labazada
eléutrica que lle espidíu o
raio, Martiño cego,
atóneto, caíu tumbado ó chau. Mais logo,
repoñéndose do natural esmaio, xusgándose cadávere levouse ó peito a
mau. Pouquiño a pouco os
párpados abrindo, persinouse, i ó ver pasada
cáxeque tan forte tempestá, saniño e salvo
véndose, da terra levantouse e da cañota cóncava saíu tranquilo xa. Mais inda ben, ¡meu
ánxele!, non dera unha
zancada, cando trasposto en
xúbilo no chau se
acrequeñou. ¡Nunca eu nacera!
"... díxose, e recadando a
aixada, unha non vista
endrómena da terra levantou. Era unha pediriña
pedra, era unha pedra
pedriña, como un ovo de
galiña tallado en fino
cristal; unha pedra
primorosa, elíptica, limpa,
pura, de artificio e
soldadura sin xiquera unha
sinal. Mirada dendes de
lonxe reloce como un
diamante, parece de algún
xigante ollo sin párpado,
atrós; pero mirada de
preto, sospende, ademira,
espanta, vendo nela a imaxe
santa da bendita Nai de
Dios. Non é un coíño
formado polos gotexos da
terra, nin en canteira nin
serra puido topalo
ninguén. Non é unha pedra de
neve que a calor
derretería, nin salación, que
tería outra forma da que
ten. Non é un aerolito
ardente, anaco de pedra
estrano cuio orixe soberano iña se non
alcontrou. Non é volcánica
lava, que fora de cór máis
louro, estalacta, nin
metouro... nin o diario que o
inventou. Esta é unha pedriña
pedra, ésta é unha pedra
pedriña, tan rara, tan
pulidiña, como outra no orbe
non hai. ¡Mesmo parece unha
bágoa dos ollos de Dios
caída pra se quedar
convertida en cárcere de súa
Nai! ¡Qué hermosa está
dentro dela, qué linda Nosa
Señora! ¡Con qué gracia
sedutora deixa seu sembrante
ver! Por ollos ten dous
luceiros, por dentes, pelras
dos mares, por greñas, raios
solares, ¡por risa... un
amanecer!
Vendo tanta
maravilla metida en tan curto
espacio, en tan pequeno
palacio tanta grandeza de
Dios,
Martiño, pasmado
todo, tomando o cristal a
peso, escramou: -" ¡Ande
por eso!... ¡Ande por eso...
olla¡ vós! " Quíxose pór de
arrudillas, quixo quitarse a
monteira e gardar na
faltriqueira o milagroso cristal; pero dos seus
pensamentos segunda ves
asaltado, decindo: -"¡Estou
rematado!", tirouno dun saque ó
val. "Non, -continou-
Dios non quere que logre a miña
demanda; xa Dios á súa Nai
non manda pra ós namorados
valer. Eses foron outros
tempos... i ese cristalino
gaio foi a chizpa daquel
raio ¡que me debera
fender! " Neste veuse vindo a
noite, i arrematada a
faena, Martiño, sempre con
pena, foise indo cara ó
lugar; e cando entrou pola
vila dixo, de remordos
cheo: "¿Será un aviso do
ceo?... ¡Non che quixera
apostar!"
vi Si a tradición que
sigo nalgo non
mente, das escenas pasadas
ó día siguente pola mañá, dun salgueiriño á
sombra sentada,
fiando, no val de Vilanova
gardando o gando Rosiña está. Inorante de canto
lle acontecía ó probe de Martiño,
por quen sofría soedades mil, Rosa, na cinturiña
cravada a roca, mazaroca fiando tras
mazaroca, pensaba nil. E mentres que en
suspiros lanzaba ós
ventos os ais que lle
arrancaban seus
pensamentos tristes, crués, polo campo os
cabirtos
corretexaban i as vacas i as
ovellas depinicaban toxo e cardés. Coitada pastoriña
sin paz nin calma, icántas feles no
fondo da túa alma deixa o amor! ¡Cántas sombras no
ceo dos teus
encantos! ¡Cántas bágoas nos
ollos -ivállante os
santos!-, cánto delor! Orfa desque naciche,
triste, esfameada, anque probe hastra
agora, túa vida
honrada por ti falou. ¿Qué che importou
das touzas dormir á
sombra? ¿Qué che importou de
espinos pisar
alfombra? ¿Qué che importou? Todo o pasache
rindo... Todo se
pasa mentres que quede a
honra dentro da
casa; pero ¡a¡ de ti!, despreciaches un
home por
pretendente, e destonces túa
fama, de xente en
xente, vai por ahí... ¿Qué fixeches,
Rosiña desventurada, qué fixeches?...
¿Estabas empecatada pra tál faguer? Despreciar por
Martiño, Xan de
Ventraces... Non sabes do que os
homes che son
capaces, ¡probe muller! "Traballar toda a
vida desosegada pra conservá-la
honra de abós
herdada, santa virtú, e cando unha co
noivo ten parrafeo, escoitar que nos
dice: -Xa en ti non
creo, ¡rabearas tu!" "Ir comprando prá
boda tod’os
trebexos, todo o día toparse
do noivo lexos morta de afán, e cando a noite
chega prós
namorados, escoitar que nos
dicen labios amados: ¡Vaite con Xan!" "Non hai pena como
ésta tan horrorosa, non hai pena como
ésta!" -marmura Rosa no salgueiral. E de pronto a
coitada, pró chau
mirando recolleu de entre as
herbas, toda
sembrando, aquel cristal. ¡Asús, qué galanura!
-repuxo- ¿Estarei
cega? ¿Vestida de gallega
a Reina da
hermosura, na miña mau, afé? ¡Non pode ser! i
Toleo!... Rirase o
que llo conte; pero eu soñei
nantronte que viña
dende o ceo da miña cama ó pé". "¿Será verdade,
Rosa? ¿metida nun
oviño tan
piquirriquichiño,
tan linda, tan
hermosa como a mirei entón? ¡A mesma muradana
que lle caía tanto! ¡O mesmo dengue!...
¡o manto de
terciopelo ou pana! Non estou tola....
non". "Si en torno non
pacera, mirándome,
meu gando, que estou inda
soñando dixérase
calquera... i Asús! i Vaia que
ser! ¡Qué olliños, qué
mirada, qué beizos,
qué cabelo, qué orellas, qué
mantelo, qué frente
anacarada, qué diaño de
muller"! "E mira... e
rebuldexa... e rise
a Santa Imaxe... ¡Cómo me amostra o
traxe! ¡Cómo me
parpadexa! ¡Algo me va¡ pasar! ¿,Qué dis?...
¡Falarme quere!
¿Escoitareina?...
¡Cala! ¡Pois é verdá que
fala!... ¿Señora?...
O que quixere... Xa estouvos a
escoitar". ¿Que acoda á cita?
¿E logo? ¿Que ven
por Dios mandada, pra que me vexa
honrada o que en
celoso fogo xusgoume
criminal?... ¡Señora! Unha
pastora, baldón de
toda a xente, non era merecente de
ter tal defensora... Pero... falai, si
tal". ¿Que quer que lle
levanten no val unha
capilla? ¿Que quer que de
arrudilla lle recen
e lle canten? Pois ben, querida,
ben. ¡Pero... calouse...
axiña! ¡Xa non, xa
non a escoito! ¡Quizáis non fale
moito, como é tan
piquiniña!... Pero, ¡qué gracia
ten!" "Pois ela algo me
dixo de que eu non
me recordo... Non teño ouído
xordo, mais eu non
sei de fixo qué palabriñas
son... ¡Mamá!... 'Prós que
non amen serei
sempre invisible -decía- i é
imposible que falte
ós que me chamen de todo corazón...'
" "¿Qué farei eu,
coíño, que agora
máis che agrade? ¿Levarte onda o
Abade? ¿Levarte onda
Martiño? ¿Qué diaños eu
farei?... Teique, ovelliñas,
teique... Tó aquí,
chiviña trenca... ¡Cardosa! ¡Aquí,
xuvenca!...
¿Quéreste bulrar,
seique?... ¡Ei pró cortello,
ei..."
VII Unha noite azul de
agosto como de vrau
regalada; Vilanova dos
Infantes toda é bulla e
algazara. Nunca misteriosa lúa verteu por lus tanta
prata, nin nas silveiras a
brisa esparramou máis
fragancia. Pola praza e polas
rúas as mozas cantando
pasan, i os mozos van
detrás delas dando atruxos e
palmadas. Imporvisando un
turreiro á porta de cada
casa, por todas partes se
escoita són de pandeiros e
gaitas. De legua e media á
redonda os mociños da
montana saúdan aquela festa coa lus dos fachós
de palla. As vellas de toda a
vila sán dos balcós ás
barandas i os nenos
emporranchiños, coa cabeciña rapada, brincando e
choutando enrédense entre as pemas dos
que bailan. Esta noite os
zapateiros non queren collé-la
chaira, nin as rapaciñas
fían, nin os fomeiros
amasan. Esta noite en
Vilanova é noite de fuliada; que así o dispuxo o
Concello i o señor Abade o
manda. O Abade de Vilanova, que don Xan de
Barros chaman, pra
congregar ós
frigueses mandou toca-las
campanas. Encasquetado o
bonete, vestido de estola e
alba, subiuse ó púlpeto e
dixo ós que debaixo
escoltaban: -Hirmauciños, xa
sabedes como fai catro
somanas se dinou Nosa Señora pro medio dunha
rapaza vir visitar esta
vila pra facer nela
morada. De tanta mercé
asombrado como Dios nos
dispensaba, o señor Bispo de
Ourense quixo ve-la imaxe
santa; pero correu tantas
terras neste tempo a súa
fama, que cando o Bispo
faguerlle unha capilla
pensaba, o Rei don Fulipe
Carto que hoxe en paz
gobema España, coidando non fose
certa maravilla tan
sonada, mandouna pedir de
presa pra vela i
adimirala. Eu mandeilla moi
envolta entre outras
reliquias váreas: o Rei mirouna,
tocouna, volveu a vela e
tocala, e con ollos
relampados i a lengua de media
vara, dudaba de canto vía, como Dídimo dudara. ¿I entón qué fixo?
Temendo que o cristal en que
encerrada está a Virxe fose
cousa en que pudese haber
trampa, chamou ós máis
afamados artífices á súa
cámara, díxolles que
saminaran o cristal con toda
calma, e declarasen en
autos canto de raro
notaran. Así se fixo:
prateiros e péretos da Real
Casa, homes de letras e
cencias xuntáronse nunha
sala do seu Pazo, na
presencia de mil xentes
cortesanas, e despois de grande
estudio i adimiraciós sin
tasa, dixeron todos a unha que o que de ver
acababan non tiña no mundo
enxempro i así, que o cristal
i a Santa eran de orixe
divino, pois outro non lle
atopaban. "Despois deste
Juramento todos caíron ás
prantas da nosa Virxe, i
estonces Rei, cabaleiros e
damas fixéronlle ofrendas
ricas de xoias, de ouro e
de prata, pra que se lle erga
unha ermida no eido en que foi
topada. Todos estes
pormenores damos o Rei nunha
carta que unha posta de
Madril mesmo de entregarme
acaba. "A virxe xa volve
estare en Vilanova:
iadoraina! E namentres que os
pedreiros non lle levantan a
casa, vinde rezarlle a
esta igrexa, VIRXE DO CRISTAL
chamándoa. "l agora ídevos con
Dios-, e deste día en
lembranza, hoxe e maiñá, si
Dios quere, ninguén na vila
traballa. O mesmo quer o
Concello, cedendo ás miñas
istancias. De darvos a mesma
orde o pregoeiro se
encarga".
Cando da igrexa
saíron cantos dentro dela
estaban, Martiño foise
rondare de Rosa baixo a
ventana. Rosa estaba no
castelo, de xentes arrodeada, porque como era
bonita e vive en fama de
santa, dendes que gardando
o gando no val á Virxe
topara, a todos lle gusta, e
todos van, pra que peque,
a tentala. Xa fixo un mes que
Martiño tivo con Rosa
palabras, e inda as paces non
fixeron, porque a tesón nadia
os gana. Pero Martiño está
seco de celos, como onhas
pallas, e non pode aturar
máis un mal de que el
mesmo é causa. Por eso, como
arastora, veu moitas veces de
husmada; pero Rosa, ou non o
vía, ou por non velo,
esviaba. Levaba agora de
espera bo anaco baixo a
ventana; pero Rosa non saía; como o outro que
di... nin ganas. Martiño tose que
tose... Martiño canta que
canta... Pasea que te
pasea... Pero o que é
Rosiña... ¡nada! Alá arriba o
coitadiño ouía gromas e
cántigas, e cecais Rosa se ría mentres el se
enrabexaba. Por fin, cando xa
Martiño se iba meter na súa
casa, Rosa somouse, i
estonces trabaron estas
palabras: -Gracias a Dios,
miña Rosa... ¿Dasme un ramiño de
albahaca? -Cando o que podo me
piden, nunca neguei nada a
nadia. -Dios che faga tanto
ben como lle dás á miña
alma; que dende que te non
vexo parece que algo me
falta. -Non te me veñas
coesas, Martiño, que... todo
acaba... ¿Non te acordas xa
da noite que treidora me
chamabas? -¡A¡! Bo castigo me
deches i outro máis grande
esperaba. Dudei de ti.... un
mal amigo díxome... ¿quén non
dudara? Pero ese crime...
custoume si viras... ¡a¡!
¡tantas bágoas!... -¿I arrepentíchete? -Escoita: esa noite malfadada Dixécheme: "Estou
tan limpa como un cristal".
¡Ben falabas! Porque á mañá do
outro día, sin que ti mas
amostraras, Dios mesmo me daba
as probas da pureza da túa
alma. O cristal que ti
alcontraches antes de que ti
alcontraras, eu cho topei, eu cho
tiven nesta mau callosa i
áspora, eu fun quen o vin
caíre i eu quen o tirei
con rabia, Sin conecer.. ¡malos
demos! cánta grandeza
encerraba. ¡Ti sí que sorte
tiveches...! Dio-lo quixo i é moi
sabia súa divina
voluntade. -¡Quén sabe si me
chamaba Dios pra sí desa
maneira, Martiño! -¿Qué dis?... ¿Qué
falas?... -Non xures por Dios,
Martiño. -¿Pensas morrerte,
rapaza? -¡Non, pero a conta
éche a mesma: penso casarme!... -¡Acabaras! Pois o que é por
min... agora mesmo, si queres. -_Fai falla ter dote: o señor
Abade de aportarma deu
palabra. -¿Dote? Ti non a
precisas. -Pois xa che vendín
as saias i o pano de
frores... todo, pra que haxa na
festa gaita. -¿Logo vas casarte
emporra? Si en ves de vender,
compraras... -É que... pró meu
casamento abóndarne unha
mortaxa. -¡Ouga! ¿Casarse é
morrere? -Cando con Cristo ún
se casa, morre pró mundo... -¡Rosiña! ¿Monxa ti? -¡Martiño, cala! ¡Cala... e vaite! Si
eu non puden ¡que outra felice te
faga! -¿I así... me
deixas...,
Rosiña?... -¡Martiño.... a
Virxe mo manda!
viii Nesto, Rosa
arretirouse da ventana do
edificio, deixando teso, na
rúa ó desdichado
Martiño. Páledo, sombrío,
atóneto, como un mámore de
frío, sin pestanexar
xiquera cravado está naquel
sitio. Estonces unha risada bulrona chegoulle ó
ouído, risada de lobo
farto.... risada de
cucudrilo... -¡Raxo de Dios!
-dixo ó punto, todo en cólera
acendido-. ¿Quén se
ri? -Xan de Ventraces. -¿Ti, ladrón de
honras? . –O mismo. -¡Fólgome! Así como
así, teño unha deuda
contigo e vouna cumprir
agora. -Cantas queiras.
Veño listo. -Pois abonda de
parola. -Abonda, o mesmo che
digo. -Cara a Soutoverde,
Xan. -Cara onde queiras,
Martiño.
ix Pola mañá do outro
día, no monte de
Soutoverde, por cima de
Vilanova, non se cabía de
xente. Alí todos
asombrados, rapaces, homes,
mulleres, miraban coa boca
aberta unha cousa que
estremece. Sobre o marco dunha
herdade cravada unha estaca
vese, e dela no cuturiño está unha lengua
pendente. Us din: "Polo que é
de longa a dunha besta
parece". o outros: "Parece a
dun bácoro según o sangue que
verte". Estando nestas e
noutras sin saber cómo,
correuse que era de Xan de
Ventraces aquel cativo
presente. Pois pola maiíá moi
cedo, Xan, derrengado,
morréndose. chegou á vila
mostrando non ter a lengua
entre os dentes. Cando esta nova se
soubo, moitos lástema lle
teñen, pero moitos máis
excraman: i Ben feito, pra que
escarmentes! A xusticia andivo
tola procurando ó
delincoente, mais como Xan non
falaba, non pudo darse
coele. Martiño fígose o
zorro, e cando a que tanto
quere foise a Allariz
meter monxa, el, enamorado
sempre, foise detrás, pra
vivire do seu conventiño
enfrente. ¡Pobre rapaz! Unha
noite do frío e triste
decembre, da profesión de
Rosiña pasados xa cuatro
meses, Martiño, ó pe do
convento, ardendo en morosa
febre, estaba mirando a
reixa da celda en que
moitas veces se lle figurou de
Rosa ver o sembrante
celeste. Pensaba que tra-las
pedras daquel recinto
solene habería quen sentise da mesma sorte que
el sente, sin conocer que as
miniñas que a vida a Cristo
lle ofercen, deixan á porta os
amores cando no claustro se
meten. Nevaba. Mainiñas
mainas, quediña,
quediñamente, iban caíndo....
caíndo... as folepiñas da
neve. Moito os ollos as
regala e moito a cabeza
ergue, pero na reixa da
celda nada Martiño
destengue. Sémper fitando,
fitando, nin a refolgar se
astreve, e por pensar na súa
Rosa hastra do frío se
esquece. Tras unha hora,
outra hora vai pasando
lentamente i el, nin se move do
sitio, nin se coida da
entemperie. De ves en cando o
coitado sin darse conta,
estremécese, arripíaselle o corpo e bate dente con
dente. Vales, outeiros e
montes bórranse e
desaparecen i on branco sudario,
triste, por todas partes se
extende. Acolá enriba, na
reixa, todo é escuridá
entramentres; nada se sinte, nin
nadia detrás dos ferros
parece. Martiño naquel
istante ver a Rosa
parecéndolle, quixo falarlle... e
non pudo... Asuspiróu... e
morreuse. A neve que nel
caíra, foi facendo del a
rentes unha foxa que o
tragaba dendes dos pés
hastra a frente Sobre o seu corpiño
morto, quediña,
quediñamente, iban caíndo....
caíndo... as folepiñas da
neve.
x Leutores, si
olvidando do mundo
os traballiños vos fordes de paseo
de Vilanova ó val, entrade respetosos,
entrade caladiños, na primorosa ermida
da VIRXE DO CRISTAL. Si escasos de
fortuna bicades a
súa pranta, si a visitala vades
faltiños de salú, secorrerávos logo a
milagrosa Santa; no mundo non ha¡
outra que teña máis
virtú. De tristes agarimo,
de probes esperanza, dos namorados guía,
sostén do labrador, canto de Dios
quixere, tanto de
Dios alcanza; non hai quen lle non
deba consolos e
favor. Cando en era
pequeno, por miña
nai levado, da aparición
pedínlle a lenda
celestial; si cal a deixo
escrita non for do
voso agrado, a culpa non botedes
á VIRXE DO CRISTAL
|