|
|
Como acendida lámpara en estreito
pechado camarín
así no santuario do meu peito
arde unha lus sin fin.
Cando a súa llama gunizando lenta
boquea e vai morrer,
sopro de fe seu pábilo alimenta
e vólvese acender.
Mais do meu peito na sinistra calma
non hai altares... ¡Ah!
A lámpara do tempro da miña alma,
¿a quen alumará?...
Si algún topás, viaxeiros desta vida,
en que creades vós,
poñeino ante esta lámpara acendida,
que está esperando un Dios.
|