TEN A SERENA O CANTO

(Manuel Curros Enríquez)

  

 

 

Ten a serena o canto, 
i a serpe o alento;
o lago ten a onda, 
Dios ten o inferno. 
Ti tes abondo
co que tes escondido 
neses teus ollos.

O trono dos monarcas, 
do sabio os trunfos,
a groria do poeta, 
o ouro do mundo:
Dera eso todo, 
por sólo unha mirada 
deses teus ollos.

Buscan os pitorreises 
pra faguer niño,
a herba santa que nace 
veira dos ríos. 
Eu busco sólo
unha mirada meiga 
deses teus ollos.

Cando se pon a lúa 
tras dos penedos,
choran as estreliñas 
todas do ceo. 
Tamén eu choro
cando non me alumean 
eses teus ollos.

 

(

 

"Aires da miña terra", 1880)

 

 


www.galespa.com.ar