DIANTE UNHA IMAXE DE ÍÑIGO DE LOYOLA

(Manuel Curros Enríquez)

 

A místeca alegría no sembrante, 
no peito a ira, o sono na mirada, 
ben te conezo, Euménide sagrada, 
trenca virtú, católico bergante.

Treidora do Evanxelio á lei amante, 
a Esposa dos Cantares, desleigada, 
tivo tratos co demo e desta allada 
naciches ti, ¡parásito trunfante!

Mais ¿que fas nese altar roubando preces, 
xenio da intolerancia soberano,
ti que tan sólo maldiciós mereces?

¿Ti, que trocache a Cristo nun tirano, 
ós saiós i ós verdugos en xueces,
i en fouce a Dios do pensamento humano?

 

 


("Aires da miña terra", 1880)


www.galespa.com.ar