Cronoloxía de Galicia
AUTORES:
Santiago Bernárdez Martínez (
isihome_santi@yahoo.co.uk
) e outros
3500 A.C. Período do megalitismo.
1200-1000 A.C. Continxente de povos indoeuropeos
establecen-se en Galiza, traendo a cultura do bronce.
1000-300 A.C. Asentamento de pobos de orixe céltica en Galiza.
Comezo da idade do ferro e a "cultura dos castros".

CASTRO DE SANTA TEGRA, PONTEVEDRA
242-230 A.C. Segundo Silicius, mercenários galegos loitan nas filas
dos exércitos de Aníbal contra das lexións romanas.
185 A.C. Unha frota romana chega a Brigantium (A Coruña).
139 A.C Primeiras incursións romanas dirixidas
por Quinto Servilio Cepion no território da Gallaecia.
135 A.C. Decimus Junius Brutus fai incursións na Galiza. Fai
fronte às tribos de Gallaicos na batalla do rio Douro, segundo os
cronistas romanos esta batalla deixou un balance de;
50,000 homes mortos, 6,000 presos e de somente
400 sobreviventes.Tamén avanzou perto as beiras do Miño.
110 A.C. O pretor romano Quinto Calpurnio Pisson organiza unha
campaña militar no território da Gallaecia.
107 A.C. O pretor romano Quinto Servilio organiza unha campaña
militar no território do Gallaecia.
103 A.C. As tropas de Quinto Cepión son masacradas polos "Callaicos"
despois de dous anos de paz.
99 A.C. O pretor da Hispania Ulterior, Decius Junius Silanus obtén
unha grande vitória fronte as tribos céltigas da
Gallaecia e da Lusitania.

CALZADA ROMANA NA PROVINCIA DE OURENSE
97 A.C. O pretor Lucius Cornelius Dolabella obtén outra grande
vitória fronte as tribos galaicas e lusitanas.
61-60 A.C. Xullo Caesar ao mando dunha frota naval chega a
Brigantium co obxectivo de acabar coas constantes rebelións.
47-46 A.C. Fabius Maximus continuará as campañas militares como
delegado de Xulio César.
43 A.C. Campaña militar de Lepidus.
38 A.C. Campaña militar de Domicianus Calvisio.
35 A.C. Campaña militar de Norbanus Flacu.
34 A.C. Campaña militar de Marcus Filipus.
33 A.C. Campaña militar de Claudius Pulcrus.
29 A.C. Campaña militar de Statilius Taurus.
28 A.C. Campaña militar de Caius Cassius Sabinius
29-17 A.C. Cesar Augusto penetra en território galego. Estrabón
escrebe sobre os "Kallaikois" da Gallaecia..
26 A.C. As tropas de Cesar Augusto libran a batalla do monte Medulio
contra os galaicos rebeldes. Os cronistas romanos Orosio e Floro
divulgan esta batalla.
1 D.C. Primeiro ano da era cristiá, a Gallaecia
dividese en tres Conventus; LUCENSE (con capital en Lucus Augusta),
BRACARENSE (con capital en Bracara Augusta) e ASTURICENSE (con
capital en Asturica Augusta).
77 D.C. O censo romano elaborado por Plinius
Secundus Gaius (Plinio o vello) fala de; 285.000
homes livres
no Convento de Braga, 166.000 no de Lugo e 240.000 no de Astorga,
correspondentes ós tres conventos da provincia chamada Gallaecia.
132 D.C. Os cónsules romanos Gneus Iulius Serius e Gneus Trebius
Sergianus, asinan un acordo de paz coa tribo galega dos Coelerni.
268-280 D.C Construcción das murallas romanas de Lugo.

MURALLA ROMANA DE LUGO
289 Diocleciano acomete a reorganización da Gallaecia e suma aos
tres conventos xuridicos anteriores outro novo, o “Cluniacense” na
fronteira leste coa provincia Tarraconense.310 Primeiras evidencias
de cristianismo na Galiza (establecemento de Paleocristián do Temes)
317 Nace en Sabaria (Hungría) San Martiño de Tours, un
dos primeiros eremitas europeos e fundador no monacato galego (do
noroeste).
345 Nacimento de Prisciliano.
381-384 Viaxe da monxa priscilianista Exeria a Terra Santa.
380
Celebra-se o concílio de Zaragoza onde se condena o movimento e
ascetismo das doutrinas priscilianistas.
385 Executan ao bispo
de Ála, Prisciliano, en Tréveris (Alemaña) xunto con seis dos seus
seguidores. Os cregos; Felicísimo e Armenio e os seus compañeiros
Asarino, Aurelio, Latroniano e Eucrócia. A sua doctrina relixiosa
deixará unha herdanza forte na sociedade galega asi coma moitas
consecuencias políticas e culturais.
400-430 Idade de ouro da cultura galega, ensaios filosóficos de
Baquiário e de Idácio, quen viaxa a Oriente. As crónicas de Paulo
Orosio e da monxa Exeria, que escreve o “Itinerarium” livro onde
relata a sua pelegrinaxe a Palestina entre os anos 415 e 418.406 Os
suevos traspasan a fronteira natural do Rhin.
407-410 Os povos
teutónicos dos suevos e dos vándalos asdingos chegan a Gallaecia.
Eles asinan con Roma un tratado (Foedus) polo cal fican acantonados
e federados no território da provincia romana de Gallaecia. Aqui
comeza o primeiro reino feudal de Europa en território do Império
Romano.
A capital foi establecida inicialmente en Bracara
(Braga) e mais adiante perto de Tui. O seu número era de entre
trinta mil e cincuenta mil e o seu primeiro rei foi Hermerico.
Así comeza a Idade Meia Galega.
408 O emperador romano Honório
proscrebe as doutrinas priscilianistas e comeza unha persecuzon
represiva contra dos seus seguidores.
409 Paulo Orosio escrebe o
História Adversum Paganos, traballo dirixido contra o paganismo e as
doutrinas de Prisciliano.
415 Un crego de Braga chamado
Bachiário escrebe o ensaio teolóxico “De Fide”, como retracción
persoal e pública das doutrinas priscilianistas.
419 Os vándalos asdingos que tiñan recibido terras no interior da Gallaecia
enfrontan-se aos suevos nos montes Nerbasios (Ourense). Esta
agresión serve-lle de pretexto ao “Comes Hispaniarum” Astério e ao
“Vicarus” Maurocelo para atacaren aos vándalos asdingos.
422 Un exército Romano é enviado á Galiza para atacar aos asdingos que son
derrotados.
Morre entón Gunderico, Rei dos vándalos asdingos.
427 Idácio Bispo de Chaves.
431 Idácio, viaxa à Galia para pedir ao “magister militium” Aécio
que organice un ataque contra os suevos.435 Grupos de monxes ascetas
provintes do Mediterráneo oriental se establecen en diversos pontos
da Gallaecia e principalmente na costa.
438-448 Reinado do Suevo Requila, sucesor de Hermerico. Requila adopta unha actitude moi
agresiva contra os galaicos (non teutónicos) e a igrexa católica.
Enfronta-se aos bispos e favorece ao clero priscilianista. Tamén
asina un novo “Foedus” con Roma e alizanzas coas tribos Bagudas
(bandoleiros do norte peninsular que traballavan a cotío como
mercenários) . Integrará no seu dominio o total da “Lusitania” e
parte da “Bética”. Conquista “Hispalis” (Sevilla) e fai incursións
na “Tarraconensis”.
446 Os Romanos, dirixidos desta vez por Vito
“Magister Utriusque Militae” (Comandante das tropas compostas por
Romanos e Visigodos) tentan ceivar-se dos Suevos mas son
derrotados.448 Requiário, sucesor de Requila, coverte-se ao
Catolicismo. El establece o primeiro reino independente de Roma no
oeste de Europa. Tamén é o primeiro rei en cuñar moeda ao seu
próprio nome.
449 Requiário se asocia cos Bagudas, dirixidos
estes por un seu chefe chamado Basílio para saquearen xuntos
Zaragoza, Lleida e Tarragona.
453 Acordo de paz entre
hispano-romanos e suevos estabelecido polo “Comes Hispaniorum”
Mansueto e polo Conde Frontán.456 Requiário infrinxe os acordos de
paz e ataca o area “Cartaginense”. Invade tamén a área Tarraconense
atacando ao Conde Frontán.Teodorico II, rei visigodo, atravesa os
Pireneus camiño da Gallaecia, derrotando aos suevos cabo do rio
Orbigo, perto de Astorga. Logo marcha até Braga, que é inteiramente
saqueada sen poupar cidadáns civis cregos ou igrexas. Despois segue
até o Porto vencendo a Requiário novamente e condenando-o a morte.
Finalmente, entrega o reino suevo a Agiulfo, "cliente" seu da tribo
dos Varnas.
Morre Teodorico II, rei dos visigodos. O estado
Suevo entra en crise.
456-457 Frontán proclama-se Rei de
Gallaecia. División temporal do Reino.
456-459 O xefe suevo
chamado Maldras mata ao rei Agiulfo no castro do Porto e proclama-se
rei da dividida Gallaecia.. Fortes conflictos sociais entre a
poboazón Galaica e a clase dirixente Teutónica.
459 Rei Maldras
é asasinado. Remismundo, fillo de Maldras, é proclamado Rei. mas
outro pretendete, Frumário, destrona-o provocando unha nova divisón
até 464.
460 Varios xefes galaicos son masacrados en Lugo
durante a pascua. Remismundo casa coa neta de Teodorico.Outro
exército visigodo, desta vez sen o apoio romano, apodera-se de
Santarém. Frumário prende a Idácio, Bispo de Chaves durante algúns
meses por liderar unha tentativa oculta de negociación entre a baixa
nobreza galaica e Requimundo.
463 Os galaicos envian a Touluse a
Palagório, un membro da antiga aristocrácia senatorial e conseguen
suscitar unha nova intervención visigoda na Gallaecia. El pide a
Reodorico que impoña a paz no seu pais.
464 Morte de Frumário e
Requimundo, chefes das fraccións suevas que luitan polo poder. Son
sucedidos por Remismundo que re-unifica o Reino.
465 Paz cos Visisgodos e nova conversión dos Suevos ao “Arrianismo”. Remismundo
converte ao priscilianismo en favor do bispo Galaico
Ajax. Remismundo casa cunha princesa visigoda e recebe a investidura
das armas do Rei Teodorico. Consolida-se así a alianza
Suevo-Visigótica.
467 Os Suevos saquean Conímbrica, actual Coimbra.
468-550
Período Escuro. Teodomundo Rei (??).
468 Lusídio, governador
romano de Olisipone (Lisboa), entrega a cidade aos suevos.
469
Os Suevos son obrigados a evacuar Lisboa. Eurico, novo rei dos
visigodos, expulsa-os da Lusitánia, recuando eles até os territórios
da vella Gallaecia.
500-550 Emigración de britóns que escapando
da Britania (por mor da invasión de saxons, xutos e anglos), se
establecen en varias áreas da Gallaecia, principalmente no norte,
onde máis tarde fundarán un bispado de seu, que se integra de cheo
nos concilios relixiosos galegos do momento e onde terán
participación con total normalidade.
510 Nacemento de San
Martiño en Panónia (Bulgaria-Hungria).
538 Carta do papa Vixilo
a Profuturo, arcebispo de Braga.
550 Carriarico rei de
Gallaecia. Chegan á Galiza as reliquias de San Martiño de Tours.
Neste mesmo ano desembarca na Galiza San Martiño (de Dumio)
procedente da Panónia (na actual Bulgária), fara-se bispo de Dumio
(actualmente Dume no norte de Portugal) e será a máis representativa
figura da identidade Galaico-Sueva frente ao invasor Visigodo. El
combateu o Priscilianismo e as expresións relixiosas paganas. Entre
as suas obras cumpre destacar “De Correctione Rusticorum”.555 San
Martiño (de Dumio) funda o mosteiro de Dumio, nas aforas de Braga.
556 San Martiño é nomeado bispo de Dumio.
558 Morte de
Carriarico.
558-561 Ariamiro, rei dos suevos.
561-570 Teodomiro rei dos suevos, quenes se converten enteiramente ao
Catolicismo. Alianzas cos Bizantinos e Francos. Celebra-se o
primeiro Concilio de Braga suscitado por San Martiño. O Bispo Maeloc
da sé Britoniense asiste por primeira vez a este Concilio
569 Martiño de Dumio sucede ao bispo Lucrécio de Braga.
570-583
Reinado de Miro.
572 Segundo concilio de Braga. A organizazón
político-relixiosa de Galiza cobra forma nun livro, o “Parrochiale
Suevum”. O bispo Maeloc da sée Britoniense (no norte da Gallaecia)
asiste por segunda vez a este concilio. Leovixildo dá morte a Miro
no campo de batalla. Dende este momento Leovixildo fai-se coa
autoridade sobre a tribo dos Arexenses (do centro-leste da
Gallaecia).576 Eurico sucede a Miro no trono suevo.
579 Morte de
San Martiño de Dumio bispo de Braga. El será depois considerado
santo patrón da Galiza.
584 Revolta do chefe suevo Andeca contra
Eurico, fillo de Miro. Eurico aceita a submisión a Leovixildo, rei
dos visigodos. Andeca pecha a Eurico nun mostéiro e casa con
Sisegúntia, viúva do rei Miro, fazendo-se así co trono dos suevos.
585 O rei visigodo Leovixildo invade a Gallaecia e derrota a Andeca
en Braga e despois en Porto, incorporando-a a territorio visigodo.
Leovixildo prende a Andeca e o pecha nun convento situado en Beja,
no sur da Lusitania. Apodera-se do tesouro real e anexiona o reino
dos suevos. De nada lle vale a intervenzón das tropas burgundas
enviadas polo rei Gontran (de Borgoña) e destrozadas no Cantábrico
nen a tentativa de revolta dun novo chefe suevo, Amalarik (tamén
derrotado). Forte ocupazón militar da Gallaecia
633 O IV
Concilio de Toledo, ao igual que os anteriores, arranxa severas
medidas para corrixir o priscilianismo. Nestes concilios acúsa-se ao
clero galaico de seguir levando a “tonsura pagana” de consagrar
leite e froitas na comuñón, de non manter o celibato e de perpetuar
rituais pagáns.646 O VII Concilio de Toledo condena aos bispos
galegos. En certas épocas “Galego” converte-se en sinónimo de
herexe. 665 Morte de San Froitoso, Bispo de Dume e Braga, quen viviu
en tempos de Rescevinto, rei dos visigodos. Froitoso era fillo do
Dux da Gallaecia e parente do rei Sisnando, de familia visigoda. El
regulou o monacato.
672-680 Wamba Rei dos Visigodos. Durante o seu reinado foron
convocados concilios separados en Braga e Toledo.
675
Celebración do XI Concilio de Toledo e do III Concilio de Braga.
Nestes Concilios se condena novamente o priscilianismo que alguns
bispos e cregos disidentes seguen profesando.
694 O futuro rei dos visigodos Witiza, asociado ao trono polo seu
pai, Éxica, que ten xa a sede do seu poder en Tui.
702-709
Reinado de Witiza.
Na sua corte vivian o nobre Fabila, a súa muller e o seu fillo Paio.
Ao querer Witiza asasinar a Fabila para se apropriar da sua muller,
sendo costume matar a toda a familia do asasinado para evitar
futuras vinganzas, a familia de Fabila fuxe co neno Paio a Bretoña.
708 Witiza recusa o trono ao seu fillo Áquila, Dux da Tarraconense e
o entrega a Rodrigo, Dux da Bética, quen sera o último rei dos
Visigodos.
A facción partidária de Áquila pide axuda ao conde
Xian, governador de Ceuta, quen negocia a intervención dos musulmans
que tiñan conquistado o norte da África. É entón cando os musulmans
do Magreb entran na península Ibérica.
709 Morte de Witiza, que
fora Rei dos visigodos.
711 Final do dominio visigodo.
714 Chegada dos musulmáns a Gallaecia. Algúns grupos de bereberes se
establecen no territorio meridional da Gallaecia.
718-737 Paio
converte-se no primeiro rei da Gallaecia despois da invasión
musulmana, mais tarde será sucedido polo seu fillo Fabila neto do
Fabila de Tui.
737-739 Fabila rei da Gallaecia
739-757 Afonso I (o católico), rei da Gallaecia, recupera a raia polo rio
Douro.
740 Os musulmáns abandonan território galego sen deixar
colónias civís ou militares. O bispo Odário dirixe a repovoazón de
Lugo e restaura alí o bispado.
757 Froila I, rei de Gallaecia.
761 Froila I funda Oviedo sobre un asentamento monástico para
defender a Gallaecia Asturicense (oriental) das constantes
incursións cántabras.
768 Morte do rei Froila I.
768-774
Aurelio, rei da Gallaecia.
774-783 Silo, rei da Gallaecia.
783-789 Mauregato, rei da Gallaecia. El era aliado do Califato de
Córdova.
788 O rei Silo de Asturias, antes só da Galiza,
derrota unha rebelión galega na batalla de Monte Cubeiro (perto de
Castroverde).
789-792 Reinado de Bermudo I, rei de Galiza,
consegue o trono asturiano en 791.
792 Bermudo I é derrotado
polas tropas de Hixem I na batalla de Búrbia.
792 Afonso II,
rei da Gallaecia.
813 Descoberta da tumba de Sant-Iago en Arca
Marmórica (a actual cidade de Compostela).
842-850 Ramiro I, rei
da Gallaecia.
844 Primeira chegada dos viquingos á Galiza. O rei Ramiro I e o
duque Arximiro (señor de Trasancos) reunen na entrada da ría de
Ferrol un exército provisto de “ballistae” (catapultas) pra facer
fronte ás naves inimigas que son rexeitadas e tomarán outro rumo
bordeando a costa.
850-866 Ordoño I, rei da Gallaecia.
850-880 Repoboación da parte meridional da Gallaecia.
858-861 Outra invasión viquinga procedente de Eire, entra a través
da ria de Arousa e chega a Compostela.
862-910 Afonso III "O
Magno", rei da Gallaecia. Levará as fronteiras da Gallaecia até o
Val do Mondego . Constrúe a segunda basílica de Compostela eo
castelo de Lúa en terras de León. Finalmente será derrotado por tres
dos seus fillos, que posteriormente se reparten o reino.
866 Afonso III consegue neste ano a coroa de Asturies e das “Terras de
Foris” sendo até o de entón só rei da Galiza. O Conde de Lugo,
Froila Bermudes, lidera unha revolta contra AfonsoIII. Froila morre
a mans dos partidários do monarca. 876 Albarra Ibne Málique entra na
Gallaecia por Coimbra.
910 Ordoño II, rei da Galiza.
914 Ordoño II muda a residéncia real do trono galego de Compostela a
León.
924-925 Froila II, é elexido en asemblea como rei de
Galiza, el era irmán de Ordoño II e até ese momento só rei de
Asturies. El transformará as sées de Iria e Compostela nunha soa
sée. Os infantes Ordoñez, Sancho e Ramiro, sublevan-se na Galiza co
apoio de nobles galegos.
925 San Rosendo fai-se coa mitra de
Mondoñedo substituindo ao seu tio SabaricoII. San Rosendo introduze
a reforma bieita nos mostéiros da Galiza.
926-929 Sancho Ordoñez, rei de Galiza.
929-930 Alfonso IV, rei de Galiza. El
era até o de entón rei de León desde 926 mas abdicará en beneficio
do seu irmán Ramiro, retirando-se ao mostéiro de San Facundo.
930-950 Ramíro II, reina na Galiza despois de derrotar aos seus
opositores en León e Asturies e destronando alí ao seu irmán Afonso
Froilaz. Depois disto conquerirá Madride e chegará até Santarem e
Badallouce.
937 Ramíro II saquea Lisboa.
939 Ramíro II vence
en Simancas ao exército do califa Abderramén III. Con todas esta
guerras, aseguraron-se as fronteiras da Galiza no val do Modego e
emprendeu-se a repovoazón de Salamanca.
950 Ramíro II emprende
unha vitoriosa expedizón contra o califato cordobés.
951 Morte
de Ramiro II.
950-955 Ordoño III, rei de Galiza. El fixo-lle
fronte a conspirazón do conde castelán Fernán González 953.
955-956 Sancho II, rei de Galiza (primeira etapa). El é derrocado
pola conspirazón de Fernán González de Castela.
956-960 Ordoño
IV, rei de Galiza, en alianza con Fernán González, quen consegue a
independéncia do condado de Castela do soberano galego.
960-967
Sancho II volta ser rei da Galiza.
965 Establéce-se unha
embaixada real galega en Córdova.
966-971 Terceira invasión
viquinga. Penetran novamente pola ria de Arousa e foi Sisnando,
bispo d Compostela quen lles fará fronte na batalla de Fornelos
atopando a sua morte. Os Viquingos vencen na batalla e case que
conseguen transformar a Galiza nunha nova Normandia. Finalmente será
o conde Gonzalo Sánches quen organize un exército coa axuda do bispo
Rosendo (San Rosendo) e conseguen expulsar novamente os viquingos.
967-980 Período de intervenzón do clero e nobreza galega que non
aceitan o rei proclamado en León.
968 Sisnando II, bispo de
Iria-Compostela, morre na loita contra os normandos. O seu succesor,
San Rosendo, será bispo até o 974 . No final deste tempo, el tomou o
título de bispo da apostólica sée. Este feito non ten boa aceptazón
de Roma (que é a única en leva-lo) e coa mesma non consegue o apoio
do rei, ainda así el e moitos dos seus sucesores continuarán a se
chamar con ese mesmo título.
974-983 Batalla naval contra os
viquingos na ria de Foz.
977 Morte de San Rosendo en Celanova,
quen viviu os seus derradeiros dias coma monxe nun mostéiro.
980-999 Bermudo II, fillo do rei Ordoño III de Galiza. Dous anos
mais tarde fara-se co trono de León.
1003 San Pedro de Mezonzo
morre despois de reconstruir o santuário apostólico.
1008 O
Conde galego Gonzales Menendo morre loitando contra os Viquingos que
asolan as costas entre Miño e Douro. Os Viquingos dirixen-se entón a
Braga.
1015 Unha Frota Viquinga dirixida por Olaf Haraldsson ,
quen chegaria ser Rei de Noruega e hoxe santo patrón daquel pais,
entran polo esteiro do Miño e saquea Tui, fazendo preso ao Bispo
desta cidade e cobrando oseu rescate. Antes pasarian por Castropol
(Batalla de Vilameá) e asolarian Betanzos.
1027-1037 Bermudo
III, Rei de Galiza. Morreu ao loitar contra o seu cuñado, Fernando I
de Castela. Castela converte-se en reino . El nomeou a Don Crescónio
como Bispo de Compostela.

COMPOSTELA
1028 Os viquingos penetran novamente pola Ria de Arousa e alian-se
co conde galego Rodrigo Romáriz na sua loita contra do Rei Bermudo
III e os seus partidários. Esta vez estarán comandados por Ulf (O
Galego) un conde
dinamarqués. Toman o Castelo de Labio perto de Lugo mas son
finalmente derrotados por Don Crescónio.
1037-1065 Matrimónio entre Fernando I de Castela e Sancha, filla de
Afonso V de Galiza.. Este rei basco de Castela obtén asi a coroa
galega e proclama-se Imperador. 1056 Don Crescónio convoca concilio
en Compostela.
1063 Don Crescónio convoca outro concilio en
Compostela.
1065-1072 reinado de García. Rei de Galiza. El era un dos tres
fillos de Fernando I . El foi derrocado polo seu irmao Afonso que
era Rei de León . El morreu a preso. Enterraron-o en Santo Isidoro
de Leon. Guillerme II de Normandía "O Bastardo", promete-lle en
matrimónio a sua filla Agatha mas esta alianza entre Galiza e
Normandia nom se chegaria a consumar pois a princesa normanda morre
no camiño a Galiza.
1072 Afonso VI Rei de León, consegue o trono
galego mas cederá a sua soberania a Reimundo de Borgoña en 1092.
1075 Comeza a construcción da catedral do Compostela.
1090 O rei Garcia I de Galiza morre preso no castelo de Lua (León).
1092-1107 Reimundo de Borgoña nomea-se “Conde” de Galiza, mas só da
metade norte do que era entón Galiza. El casou con Urraca, filla de
Afonso VI e foi enterrado no panteón real galego da catedral de
Compostela.
1100 Xelmirez é nomeado bispo de Compostela.
1109 Urraca é proclamada Raíña de Galiza e casa com Afonso, Rei de
Aragón. Esta alianza tivo forte oposizón no Pais.
1110 Afonso Reimundez (AfonsoVII) fillo de Reimundo de Borgoña, é
coroado Rei de Galiza en Compostela.
1111 Revolta popular en Coimbra. Paio Godesteo e Rodrigo Nunes
enfrontan-se à raiña Urraca e a Xelmirez apoiados por unha frota
normanda procedente de Inglaterra. Seram derrotados pola frota do
Bispo frente a praia da Lanzada (O Salnés).
1116-1117 Revoltas comunais en Compostela.
1120 Xelmirez converte-se no primeiro Arzebispo de Compostela. A
capital galega converte-se en metropole substituindo a Mérida.
1126 Afonso Reimundez consegue o trono de León e tamén os
de Castela e Toledo.
1127 Afonso VII cerca o Castelo de Guimaraes pretendendo a vasalaxe
de Dona Teresa de Portucale.
1128-1139 Afonso Enriques, Conde de Portugal, comeza o revolta
contra a sua mai. El derrota aos nobres galegos que apoian
a sua mai na batalla de San Mamede.
1135 Afonso VII obtén o título de Imperador.
1136 Batalla de Cerneja. As tropas de Afonso Henriques vencen às de
Afonso VII.
1137 Tratado de paz de Tui. Afonso Henrriques xura fidelidade a
Afonso VII.
1139 Afonso Henriques proclama-se Rei de Portugal. O rio Miño
converte-se en fronteira entre Galiza e Portugal. Portugal fai-se
independente. División na orde dos Cavaleiros de Santiago como
consecuéncia da independéncia de Portugal. Esta orde unira-se à
portuguesa de Avis en 1147.
1141 A orde do Císter estabelece-se en Galiza e funda o mostéiro de
Oseira.
1143 Tratado de Samora. O Imperador Afonso VII recoñeze a
independéncia de Portugal.
1157-1188 Reinado de Fernando II, Rei de Galiza e de León.
1159 Xerardo de Gales escrebe os “Annales Cambriae”. Neste
documento, fala
dos tres impérios do cristianismo: Alemania, Bizancio e Galiza.
1160 Aymeric Picaud escrebe o Códice Calixtinus.
1173-1175 De esta época data o primeiro documento coñezido escrito
en língua Galega. O acordo entre dous fidalgos, os irmaos Pais.
1179 O Papa Alexandre III recoñece a independéncia de Portugal e
recoñece Afonso Enriques como Rei.
1188-1230 Reinado de Afonso VIII, Rei de Galiza e de León.
1211 Remata-se a construczón da catedral de Compostela.
1213 San Francisco de Assisi peregrina a
Compostela e funda alí o primeiro convento da orde franciscana en
Galiza.
1225-1295 Paio Gomez Charinho. Trovador da lírica Galega medieval.
1230 O fillo de Afonso VIII, FernandoIII, asume primeiro a coroa de
Castela e despois as de Galiza e León. Desde este momento Galiza,
seguirá incorporada à Coroa de Castela. O reino de Castela asume o
papel de líder.
1230-1265 Joam Airas de Santiago. Trovador da lírica Galega medieval
123?-1289 Airas Nunes. Trovador da lírica Galega medieval.
1235-1260 Desta época datan as obras literarias do
Trovador Pero da Ponte.
1270-1320 Joam Meendez de Briteiros. Trovador da lírica galega
medieval.

OBRA PICTÓRICA MEDIEVAL
1280-1352 Estevo da Guarda. Trovador da lírica Galega medieval.
1312 A Orde do Temple é disolta polo decreto do Papa Clemente V. Os
templários son perseguidos por toda Europa e refuxian-se en novas
“Ordes de Cavaleiros” como a de Santiago.
1329 Un grupo de Cavaleiros escoceses ao comando de Sir James
Douglas, peregrinan ese ano a Compostela. Levan con eles o corazón
do que fóra Rei de Escócia, Robert de Bruce, nunha caixiña de prata.
Logo farán con el frente aos musulmans no sur da península Iberica e
deste feito xurde o nome de “Brave Heart”.
1344 Revolta popular en Lugo contra o bispo Xoán Martins.
1348 A peste negra chega a Galiza. Comezan as políticas de
aculturazón castelás promovidas por Alfonso XI de Castela. A língua
galega comeza a perder posicións na sociedade. Galiza tamén perde o
seu voto nas cortes reais.
1366-1387 A nobreza galega implica-se nas guerras de sucesión ao
trono de Castela e nos conflictos entre Castela e Portugal. A
maioria dos nobres galegos toman parte polos portugueses na batalla
de Aljubarrota, gañada por Portugal. Isto acarrea graves
consecuéncias para a orde política e social de Galiza por mor da
vitória do pretendente castelán Henrique de Trastámara.
1369 Fernando I de Portugal invade Galiza sendo recibido con honores
nas cidades. As tropas mercenarias chamadas “Compañías Blancas” ao
servizo de Henrique de Trastámara forzan a retirada do rei portugués
de território galego.
1385 Batalla de Aljubarrota.
1386 John of Gaunt duque de Lancaster arriva na Coruña e é aclamado
como libertador na sua cegada a Compostela. El ficará coas suas
tropas en Galiza até o ano seguinte.
1387 A peste negra estende-se por Galiza. John of Gaunt volta a
Inglaterra.
1400 As evoltas comunais de Lugo lideradas por Maria Castaña dan
morte ao bispo Don Lope.
1418 As clases meias compostelás xuntan-se en
irmandade para se libertar do dominio do arzebispo.
1419 Revoltas en Ourense contra o bispo.
1431 Primeira guerra Irmandiña, revolta das clases meias galegas
contra o poder feudal. Comezan os irmandiños en terras dos Andrade e
afectou principalmente ao norte do pais. O seu principal lider foi
un chefe fidalgo chamado Roi Xordo. Eles tentarán conquerir
Compostela depois de dominar boa parte do norte do pais mas son
derrotados polo Arzebispo e os exércitos das nobreza.
1453-1454 A peste estende-se novamente polo pais.
1455 O concello de Ourense dirixe o asalto ao pazo episcopal sendo
secundado por familias da nobreza.
1458 Varias familias aristócratas de Compostela e o concello da
cidade asinan o pacto de “Antealtares” contra o poder do arzebispo.
1459 O arzebispo de Compostela volta à cidade coa axuda militar dos
condes de Lemos e Benavente.
1460 Moitas presións impeden ao novo arzebispo de Compostela tomar
posesión da sua sede.
1464 O arzebispo cae preso do conde de Altamira que o mantén
apreixadono castelo de Vimianzo por 2 anos.
1465 Organizan-se as irmandades de Ferrol, A
Coruña, Betanzos e Pontedeume.
1466-1469 A segunda guerra irmandiña, “A Fusquenlla” estende-se por
todo o território galego. Mais de oitentamil persoas combaten o
poder feudal.
1467 Cria-se a Irmandade Xeral do Reino de Galiza.
1468 A nobreza cria unha alianza para frear o avance da Irmandade.
Son derrubadas a mayor parte dos castelos galegos o cal fará mais
doado o futuro control militar de Galiza para a monarquia española.
1469 Penetran na Galiza 3 exércitos nobiliarios para rematar coa
revolta. Os Irmandiños sofren a sua primeira grande derrota na
batalla de pedrosa. As tropas do arzebispo arrodean a cidade de
Compostela e rematan por toma-la.
1472 Caen os derradeiros grupos irmandiños. Os nobres galegos toman mayoritariamente parte por Joana “a Beltraneja” no conflicto
sucesório pola coroa de Castela mentres que a igrexa galega apoia a
Isabel “a Católica”. Finalmente vence Isabel.
1480 A Coroa de Castela procede contra a cultura
nacional galega. Os escribáns públicos galegos terán que ser
examinados polo “Real Consejo” en Toledo, mudando os seus
formularios galegos polos casteláns.
1483 Os concellos galegos reclaman a nacionalizazón galega da “Santa
Hermandad”. Intensifican-se as campañas para someter definitivamente
a nobreza galega rebelde. Esta ofensiva foi chamada “Doma y
Castración del Reino de Galicia”. O marechal Pardo de Cela e o seu
fillo xunto con Pero de Miranda son executados en Mondoñedo despois
de 3 anos de resisténcia contra dos “Reis Católicos”.
1485 Diego López de Haro é noeado gobernador
xeral de Galiza, el dirixe a chamada “Xustiza Mayor” contra dos
disidentes. Os reis católicos establecen a “Real Audiencia” como
soporte institucional do gobernador xeral.
1486 Coa batalla de Ponferrada e a caida do Bierzo e coa retirada a
Portugal de Pedro Álvares de Soutomaior (Pedro Madruga) no
sur-oeste, remata a resisténcia frontal da nobreza galega aos “Reis
Católicos”.
A partires de entón a clase dirixente da sociedade galega (nobreza ,
clero, altos carregos da administrazón) será substituida por xente
de fóra. Impon-se o sistema castelá de pesos e medidas. Proíbe-se
toda clase de ligas, confederazóns, confrarias, reunións numerosas
en vodas, velatorios ou baptizos.
1490 Instala-se o primeiro prelo de Galiza en Ourense.
1492 Os xudeos son expulsados de Galiza.
1519 O rei español Carlos I establece a sua corte
real na Coruña e Compostela.
1520 Xuntanza da nobreza galega en Melide.
1523 A condesa de Altamira nega-se a asinar un documento por estar
este en castelán.
1525 Fundazón da Universidade de Santiago de Compostela.
1528 Criazón da Xunta do Reino de Galiza.
1556 O rei de España Filipe II pon baixo dominio astur e leonés boa
parte dos lindes orientais de Galiza. As bisbarras galegas de
Entambasaguas, As Portelas e o Bierzo fican fora do territorio
galego.
1573 Galiza perde o direito a desenrrolar comércio marítimo con
América.
1574 A “Inquisición Española” establece-se en Compostela coa
oposizón do cabildo catedralicio e o concello.
1575 Primeiro “Acto de Fé” da “Inquisición Española” en Galiza.
1576 Nace Pedro Fernández de Castro, VII conde de Lemos. Foi un
importante intelectual e autor de “El Buho Gallego” onde fai un
grande alegato na defesa de Galiza.
1588 A chamada “Armada Invencível” fondea na Coruña xusto antes de
sair para as illas británicas.
1589 O pirata inglés Francis Drake ataca à Coruña
e saquea Vigo.
1598 O Garda do convento Franciscano de Compostela, Frei Mateo de
Oviedo, é nomeado arzebispo de Dublín con residencia en Compostela.
1601 Parten da Coruña 42 navios con mais de 3000 homes, a maior
parte deles galegos, con destino a Irlanda. A expedizón estava
liderada por Frei Mateo de Oviedo. Moitos deles voltarán a Galiza
xunto con moitos refuxiados irlandeses, despois de ser derrotados
polas tropas inglesas da monarquia Tudor. A caida de Cionn t-Sáile
representará o final do sistema social e económico gaélico en
Irlanda.
1603 O Xesuita Thomas White funda en Compostela o Colexio de
Irlandeses, destinado à formazón de misioneiros irlandeses e servir
de centro educativo para fillos de nobres irlandeses refuxiados en
Galiza e noutras áreas de Europa.
1610 Introduce-se o cultivo de millo en Galiza. O Barbanza será a
primeira bisbarra en cultiva-lo.
1617 Cangas do Morrazo e Vigo son atacadas por piratas magrebies.
1622 Dez navios piratas magrebies son destruidos cando atacavan as
vilas da ria de Arousa.
1623 Os esforzos mancomunados das sete grandes cidades galegas, dos
condes galegos de Lemos, Monterrey e de Frei A. De Soutomaior
conseguen a recuperazón do voto de Galiza en Cortes a prezo de
100.000 ducados.
1625-1630 Asedio de piratas ingleses para previr as
navegazóns cara o norte de Europa. Esperimentara-se entón un grande
descenso do comércio marítimo que perdurará algún tempo.
1630 O millo groso substitue ao millo miudo nas rias baixas e logo
no resto da Galiza.
1633 A Xunta do Reino de Galiza constrúe unha flota para a defesa da
costa. Estava formada por 8 navios tiña como dever gardar a costa
galega dos ataques forasteiros.
1639 Perde-se a flota da Xunta no estreito de Dover. Isto acontece
durante a guerra dos 30 anos ao seren atacados por unha flota
Holandesa cando carrexavan tropas a Flandres.
1658 A Xunta do Reino nomea coma 1º cronista oficial de Galiza a
Frei Agostiño Filipe de la Gándara quen en 1662 publica “Armas y
Triunfos de los Hijos de Galicia”.
1662 Revolta popular na Coruña contra das levas militares.
1665 Establece-se o Estudo Xeral de Santiago.
1668 Cria-se a primeira manufractura de Galiza en Sada.
1673 Sublevazón no concello de Refoxos contra o mostéiro de
Celanova.
1676 Nace en Santa Maria de Meliás Frei Benito Jerónimo Feijoo,
intelectual ilustrado.
1685 Os flamengos Adrián Roo e Baltasar Kiel instalan en Sada a
primeira industria textil de Galiza.
1695 Nace en Vilafranca do Bierzo Frei Martín Sarmiento, intelectual
ilustrado.
1696 Revolta labrega contra o mostéiro de Santo Estevo de Rivas de
Sil.
1702 Batalla de Rande na Ria de Vigo, onde unha escuadra
anglo-holandesa na perseguizón dun cargamento de ouro, derrota à
escuadra hispano-francesa que fondeava no porto vigués.

BATALLA DE RANDE
1711 O rei de España nomea un “Intendente de Galicia” . Esta instituizón non terá unha moi longa existéncia.
1719 Naus
inglesas atacan as costas galegas ao tempo que Galiza recebe a
visita de James III pretendente xacobita ao trono de Escócia.
1726 Fundación do estaleiro real de Ferrol.
1741 Fundación de Naturais e Orixinários de Galicia. en Madrid. A
primeira instituizón criada polos emigrantes galegos.
1749 Neste ano empeza a construcción da estrada
de A Coruña a Madrid.
1750 Aparecen os novos métodos de pesca e salgazón.
1763 Real orde sobre os Foros.
1764 Morre en Ovedo Frei Benito Jerónimo Feijoo.
1767 Expulsión dos xesuitas.
1772 Morre en Madride Frei Marín Sarmiento.
1773-1779 Emigrazón de familias galegas cara Uruguay e
Patagónia.
1775 Permite-se a xábega.
1783 Fundazón da Sociedade Económica de Amigos do
País en Lugo. Aos poucos meses e con o mesmo nome constituira-se
outra agrupazón en Compostela da que será unha das primeiras
expresións da “Ilustrazón Galega”.
1785 Revisión da división provincial de España. A rexión de
Valdeorras permanece fóra de Galiza. Criazón do “Real Consulado
Marítimo Terrestre” na Coruña.
1786 A división provincial contabiliza 3652 parróquias en Galiza.
1787 Segundo o censo de Floridablanca Galiza
conta con 1.345.803 habitantes.
1789 A bisbarra de “As Portelas” permanece forra de Galiza.
1790 Fundazón en Buenos Aires duna organizazón afiliada à
“Congregación de Naturales y Originarios de Galicia”. Esta é a
primeira asociazón galega constituida en terras americanas.
Sublevazón dos labregos na Ulloa (perto de Monterroso) contra a
contribuizón única. O gobernó español pretendia ensaia-la na Galiza
para depois extende-la a outras zonas do estado.
1791 Antonio Raimundo Ibáñez instala en
Sargadelos o primeiro forno de fundizón férrea de Galiza.
1797 Segundo o censo de Godoy, Galiza conta con
1.400.000 habitantes.
1800 Asalto británico a Ferrol que falla cando
tentan aterrar pola praia de Doniños (batalla de Brion). El Cantón
Compostelano, primeiro xornal galego.
1801 Os portos de Ferrol e Coruña son bloqueados pola escuadra
inglesa.
1803 Cria-se o complexo industrial da fábrica de louza de
Sargadelos.
1808 Constituizón da Xunta Suprema de Galiza ao se erguer a cidade
da Croruña contra das tropas napoleónicas. Este organo de goberno
asume funzons miltares, legislativas e de relazóns internacionais.
Isto fai que Galiza se auto-governe como estado independente por un
mes no verán deste ano.
1809 Batallas de Elviña e de Ponte San Paio,
Galiza liberta-se das tropas napoleónicas. Morre o marqués de
Sargadelos, impulsor do desenvolvimento industrial en Galiza.
1815 Pronunciamento de Polier na Coruña a prol dun réxime liberal.
Ferrol úne-se ao erguemento. Polier é traizoado por algúns dos seus
homes e despois de ser xulgado é condenado a morte e aforcado.
1820 Os militares rebelan-se na Coruña contra o réxime absolutista.
Unense-lle as tropas d Ferrol, Vigo e Pontevedra. Organizan-se as
primeiras “Sociedades Patróticas Galegas”
1823 Coa caida do réxime liberal, comeza a caza e perseguizón dos
seus partidarios. Son destituidos catedráticos, profesores e
funcionários. Moitos deles exilian-se en Portugal.
1828 É executado en Xibraltar Bieito Soto, derradeiro pirata galego.
1833 Desaparición formal do Reino de Galicia. A coroa española
divide o noso país en catro províncias.Nace unha nova etapa política
en Galiza, “O Provincialismo”, con Rodíguez Terrazo, Antolín
Faraldo, Francisco Añón, Rúa Figueroa, Neira de Mosqueira como
figuras mais relevantes. Este é o primeiro precedente do
nacionalismo galego moderno. Nace Manuel Murguia.
1834 Organizan-se as primeiras partidas carlistas da Galiza.
1835 Desamortización de Mendizabal. Os sectores proclives ao
carlismo tentan constituir en Compostela unha Xunta Suprema de
Galiza presidida polo arzebispo Frei Rafael Vélez.
1836 Os Carlistas crian unha Xunta Superior de Galiza presidida polo
Conde de Ximonde.1840 Revolta das tropas de Vigo e Ferrol en apoio
do xeneral Espartero. As demais tropas da Galiza apoian axiña a
sublevación. Instala-se entón un gabinete progresista en Madrid
1843 Erguemento contra a xeréncia de Espartero. Constituí-se en Lugo
umha Xunta Central de Galiza presidida por Xosé Maria
Suances que reclama a caida do réxime.
1846 Levantamento do comandante Solís en Lugo, quen disolve o
Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta suprema do
Reino de Galiza contra do governo da raíña española Isabel II
reivindicando a liberdade nacional de Galiza. Organiza-se entón o
Comité Supremo do Governo da Galiza, presidida por Pio Rodríguez
Terrazo e tendo como secretário da mesma a Antolín Faraldo, quen
redacta o manifesto patriótico. O levantamento fracasa na batalla de Cacheiras onde Solís e
os rebeldesson derrotados polas tropas do xeneral Concha, enviadas
entón
desde Madride. Solís e outros rebeldes son fusilados en carral e
serán desde entón reivindicados como martires das liberdades
nacionais galegas.
1851 Nacimento dos escritores Curros Henrriquez e Emilia Pardo
Bazán.
1853 Publíca-se en Pontevedra “A Gaita Gallega” de Xoán Manuel
Pintos,
o primeiro livro en galego despois de séculos escuros
para o idioma galego. Levanta-se a proibizón de
emigrar a paises latinoamericanos.
1855 Motíns en Compostela por mor da fame.
1856 Eduardo Aguirre e Eduardo Pondal participan no “Banquete de
Conxo”. Este acontecemento une a estudantes e artisáns na
proclamazón dos direitos nacionais de Galiza. As autoridades temendo
unha revolta ordenaron cercar con tropas o acto, que remata con
fortes represalias.
1859 A colónia galega en Cuba aporta 3 millóns de reais para a
construczón dos camiños de ferro en Galiza (construczón que é logo
retrasada polas autoridades españolas até 1873).
1861 Celebran-se na Coruña os primeiros “Xogos Florais de Galiza”,
que fan unha reivindicazón do idioma galego no que podemos xa
denominar etapa de rexurdimento literário galego.
1863 Rosalia de Castro publica o libro, Cantares Gallegos.

ROSALÍA DE CASTRO
1864 A raiña española Isabel II apresenta a iniciativa de acabar cos
privilexios fronteirizos ente Galiza e Portugal.
1865 É publicado en Ferrol o primeiro volume da História de Galiza.,
por Benito Vicetto.
1868 Erguemento da mariña de Ferrol contra Isabel
II. Comeza a resisténcia á recaudazón de impostos na bisbarra de
Ourense.
Nace en A Fonsagrada o político e intelectual republicano Manuel
Portela Valladares.
1869 Erguemento dos republicanos en Ourense. A revolta estende-se
ate Coruña onde é declarado o estado de Guerra.
1871 Resistencia e revolta de aldeáns contra os impostos
nalgúns lugares coma Dozón, Maceiras, Vilatuxe, Sárria, Queiruga,
Chantada, Monforte, Ponteareas, Becerreá, Nogais, Melide,
Bóveda...). Fúnda-se na Habana a Sociedade de Beneficencia
“Naturales de Galicia” primeira asociazón galega en Cuba.
1872 Erguemento popular en Ferrol a prol da república federal. O
líder dos federais españois, Pi i Margall, condena expresamente a
revolta, o que leva à ruptura entre federalistas galegos e españois.
1873 Proclamazón da primeira república española. Cria-se o Partido
Republicano Federal Galego, que reclama o auto-governo e un estado
próprio para Galiza. Redacta-se a constituizón do “Cantón Galego”,
estatuto de auto-governo que non chegará a proclamar-se. Inaugura-se
a liña dos camiños de ferro entre Compostela e Carril. Revoltas en
Xinzo e Bande por causa dos impostos às que lle seguen mais revoltas
noutras bisbarras galegas polas “levas” (recrutamento militar
forzoso).
1876 Edita-se en Ourense o primeiro xornal escrito integramente en
galego “O Tio Marcos da Portela”.
1879 Establéce-se o centro galego de Montevideo, un dos máis vellos
do mundo. Pouco despois neste mesmo ano, criara-se
o centro galego da Habana.
1880 Curros Henrriquez escreve “Aires da miña terra”. O bispo de
Ourense proibe a leitura deste livro.
1883 Emilia Pardo Bazán cria na Coruña a “Sociedad del Folklore
Gallego”
1884 Desamortizazón de Espartero, procede-se ao sistemático despoxo
patrimonial da Igrexa e a desaparizón de mosteiros e conventos.
1885 Aparece en Cuba “A Gaita Gallega”, primeira publicazón
integramente en galego que se edita en América. Morre Rosalía de
Castro. Manuel Murguia é nomeado cronista oficial do reino de
Galiza.
1886 Manuel Murguia pronuncia o seu discurso a prol da língua en
Pontevedra. Este feito considera-se o punto de arranque do
“Rexionalismo Galego”.
1886 Eduardo Pondal edita “Queixumes dos Pinos” de onde
posteriormente se recollerán os versos para o himno nacional galego.
Nace en Rianxo Daniel Rodríguez Castelao.
1887 O Partido Federal Galego redacta o proxecto de “Constituizón do
Estado Galego”.
1889 Edita-se o livro “El Regionalismo” de Alfredo Brañas.
1890 Criazón da “Asociación Rexionalista Galega” en Compostela,
baixo a presidéncia de Manuel Murguia.
1891 Os restos Mortais de Rosalia de Castro son transladados ao
panteón de Galegos ilustres (en Compostela) no meio dunha grande
manifestazón popular. Constitue-se en Ferrol a primeira Agrupazón
socialista de Galiza.
Xogos Florais en Tui.
1894 Constitue-se na Coruña a “Cova Céltiga”, círculo intelectual
que terá grande trascendéncia no desenvolvimento do rexionalismo nos
anos seguintes.
1901 Creación en Tui da Unión Obreira Galaico-Portuguesa.
1902 Entra en vigor a “Ley Moyano”, decreto polo que se proscribe a
alfabetizazón en calquer outra língua que non sexa o castelán.
1906 Nace a Académia Galega.
1907 Nacen as primeiras organizazóns agraristas. Estrea-se na Habana
o himno nacional galego con música de pascual veiga e versos de
Eduardo Pondal.
1908 More Curros Henríquez na Habana. Asemblea Agrarista en Monforte
de Lemos.
1909 Nace a forza política “Solidariedade Gallega” integrada por
rexionalistas de diferentes tendencias ideolóxicas.
1912 Desaparece “Solidariedade Gallega”.
1913 Ramón Cabanillas publica “No Desterro”.
1916 Constituen-se as “Irmandades da Fala” na Coruña. Edita-se en
segunda época o xornal “A Nosa Terra”, organo oficial das
irmandades. Inícia-se en Pontevedra a loita contra o sistema foral
que atinxe logo toda Galiza.
1918 Asemblea Nacionalista en Lugo. As Irmandades da fala convirten-se en organizazón nacionalista galega. Elabora-se unha
táboa reivindicativa con planos de co-oficialidade para a língua
galega.
1920 Nace en Madride a organizazón xuvenil nacionalista “Mocidade
Céltiga”. Fuco Gómez funda na Habana a Xuntanza Nacionalista Galega.
Publica-se o 1º número da revista “Nós” dando-lle nome a que seria a
mellor xerazón intelectual que deu Galiza.
Vicente Risco publica “Teoria do Nacionalismo Galego” formulazón
decisiva da doutrina nacionalista.
1921 Constitue-se a Federazón de Sociedades Galegas de Buenos Aires.
Fuco Gómez constitue o Comité Revolucionário Separatista Galego en
Cuba.
1922 Funda-se en Galiza a Irmandade Nacionalista Galega.
O C. R A. G. De Fuco Gómez fai a súa primeira declarazón
“Independenza ou Morte” no 25 de xullo deste ano.
1923 Pacto de Barcelona entre nacionalistas galegos, bascos e
cataláns polo que se constitue a “Triple Alianza”. Cria-se o
Seminário de Estudos Galegos.
Comeza a dictadura do Xeneral Primo de Rivera no estado español.
1924 Aparecen en Pontedeume as primeiras coperativas lácteas de
Galiza.
1926 O governo de Primo de Rivera aprova a “lei forzosa” ou decreto
de redenzón dos fóros. Aparece o xornal
independentista “A Fouce” , promovido por un sector da Irmandade
Nazonalista Galega que logo virá a constituir a S.N.P.
1927 Anxel Casal Funda na Coruña a editorial Nós.
Constitue-se a O.R.G.A. (Organización Republicana Gallega).
1930 Pacto de Lestrove entre Nacionalistas Galegos e grupos
republicanos. Constitue-se entón a Federazón Republicana Galega.
Constitue-se na Arxentina a Sociedade Nacionalista Pondal (S.N.P.).
1931 Cae a Dictadura de Primo de Rivera, declara-se entón a 2ª
república española.Funda-se o Partido Galeguista. Álvaro das Casas
crea a “Esquerda Galeguista”. Son escollidos 3 deputados
nacionalistas galegos, Daniel R. Castelao, Suarez Picallo, Otero
Pedraio e 10 da ORGA nas cortes constituintes da 2ª república
española.
1932 Crian-se os “Ultreia”agrupazóns da xuventude
nacionalista. Xoán Xesús Gonzalez funda a Unión Socialista Galega
(U.S.G.), asamblea autonomista en Compostela, que aprueba um
proyecto de estatuto de autonomia.
1933 Alvaro das Casas promove un novo grupo a Vangarda Nacionalista
Galega e a revista “Máis!” ambos de carácter independentista.
Asina-se o 25 de xullo o pacto de Compostela entre o nacionalismo
galego, basco e catalán, nace dese xeito GALEUZCA. Constitue-se a
Federazón de Mocidades Galeguistas.
1934 Fundan-se as mocidades galeguistas, organización xuvenil do
Partido Galeguista.
1935 Cisón no Partido Galeguista. Vicente Risco inspira a criazón de
Direita Galeguista.
1936 Celebra-se a Asemblea Nacional da Federazón de Mocidades
Galeguistas en Ourense. Xosé Velo secrtário da organizazón e
Arximiro G. Gándara lideran a
corrente independentista que contará co apoio da metade dos
delegados. Isto dará lugar a criazón de 2 novas organizazóns a
independentista, Mocidade Nacionalista Galega e as Mocidades
Galeguistas.
Triunfa o referendo do estatuto de autonomia galego. As
cortes da republica estudan o estatuto de Galiza.
Nace em Barcelona a revista Nova Galiza promovida por escritores
galegos anti-feixistas. O dirixente nacionalista Alexandre Bóveda e
moitos outros patriotas e anti-feixistas son fusilados polos
feixistas.
1936-1939 A guerra de España. En Madride son criadas as Milicias
Galegas para combatir o fascismo. A finais de 1936 comeza a
actividade da guerrilla anti-feixista nos montes
de Galiza. Milleiros de demócratas e nacionalistas galegos son
apreixados e executados, outros, os menos,
conseguen fuxir ao exilio ou às montañas e unir-se alí à guerrilla.
1938 As cortes da República reunidas em Montserrat (Cataluña)
debaten e aprovan o estatuto galego. Castelao visita a URSS e USA.
Nos montes
da Galiza acentua-se a actividade guerrilleira. Disolve-se a
Sociedade Nacionalista Pondal que pasa a chamar-se Sociedade da Arte
Pondal.
1939 Castelao chega a Arxentina procedente dos USA. Cría-se a
organizazón nacionalista Galega de Arxentina , Irmandade Galega.
Constitue-se a Alianza Nazonal Galega en Mexico.
1941 Fuco Gómez comeza a edizón mensal da revista “Patria galega”.
1943 Primeira organizazón galeguista de resisténcia à dictadura
franquista. Frente de Liberción Galega, integrada por antigos
membros das mocidades galeguistas. Constitue-se en Francia o Bloque
Nacional Republicano Galego.
Edita-se o livro “Sempre en Galiza” de Castelao.
Constitue-se en Buenos Aires o Consello de Galiza., como Governo
Galego no exilio. Ese memso ano reune-se o C. de Galiza en
Montevideo.
Recompon-se “GALEUZCA”en B.Aires como alinza entre os
nacionalismos basco, catalán e galego.
1945 Reune-se en México o Consello de Galiza.
1946 Castelao incorpora-se como ministro ao goberno da Republica no
exilio presidido por Giral.
1950 Castelao morre en Buenos Aires. Alonso rios asume entón a
presdéncia do consello de Galiza. Funda-se a editorial Galaxia.
Comeza a emisión en rádio Carve de Montevideo do programa Sempre en
Galiza, o mais antigo programa radiofónico en língua galega. Ramón
Piñeiro disolve o Partido Galeguista.

DANIEL A- CASTELAO
1951 O mais popular dos guerrilleiros galegos, Benigno Andrade
(Foucellas), é executado.
1953 Xosé Neira Vilas refunda en Buenos Aires as Mocidades
Galeguistas. O padroado da cultura galega de México edita a revista
Vieiros.
1954 As novas Mocidades Galeguistas proclaman-se independentistas na
revista galerista “Adiante” publicada na Arxentina.
1955 Celebra-se en Buenos Aires o primeiro congreso da emigrazón
galega.
1955 Morte de Ramón Cabanillas, “O Poeta da Raza”. Funda-se a
Asociazón Cultural “O Galo” de Compostela. Cria-se a “Asociación
Argentina de Hijos de Gallegos”. Aparece en B. Aires a revista
“Loita” organo de expresión do “Movimento Galego de Liberdade
Nacional”.
1955 Protestas de labregos contra a concentrazón parcelária en
Mazaricos. Un comando do DRIL (Directorio Revolucionário Ibérico de
Libertaçao) integrado por galegos e portugueses secuestra o
trans-atlántico Santa Maria. Esta aczón pretende chamar a atenzón
internacional na oposizón às dictaduras de Franco e Salazar.
1955 Constituizón do “Consello da Mocidade”.
1958 Nace en Madride o grupo intelectual “Brais Pinto”, antecedente
da criazón de forzas políticas da posguerra.
1963 Celebra-se por primeira vez o dia das letras galegas. Nace o
Partido Socialista Galego (PSG), con Xosé Manuel Beiras entre os
seus fundadores. Cria-se a asociazón cultural “O Facho” da Coruña.
1964 Cria-se inicialmente como fronte patriótica a Unión do Povo
Galego (UPG). Nace en Montevideo o Padroado da Cultura Galega.
1965 Morre “O Piloto”, guerrilleiro anti-franquista, en
enfrontamento coa “Guardia Civil”. Primeira actuazón pública da UPG
polos chamados “Tércios de Asalto” no conflicto polo encoro de
Castrelo de Miño. Celebra-se a primeira misa católica en galego.
1966 A UPG deixa de ser fronte patriótica e pasa a se constituir
como partido político de carácter nacionalista e marxista-leninista.
1967 Morre “O Curuxas” derradeiro guerrilleiro anti-franquista.
1968 Mobilizazóns estudantis en Compostela.
1969 O galego é declarado língua liturxica. Enfrontamentos coa
policia no Dia da Pátria en Compostela.
1970 Constitue-se en B. Aires o « Instituto Argentino de Cultura
Gallega). Cria-se a “Fronte Armada” da UPG
1971 Funda-se o Instituto da Língua Galega na universidade
Compostelá.
1972 Grandes folgas e mobilizazóns obreiras en Vigo e Ferrol. Morren
dous traballadores dos estaleiros “Bazán” e ducias resultan feridos
en enfrontamentos coa policia. Morre en Compostela abatido pola
policia o estudante Xosé Maria Fuentes Fernández. A Universidade
declara-se en folga xeral.
Nacen os grupos políticos “Organización Obreira” e “Galiza
Socialista”. Nace a organizazón estudantil “Estudantes
Revolucionarios Galegos” (ERGA).
Morre en La Habana o patrióta e intelectual galego Fuco Gómez.
Asina-se a Carta de Brest.
1973 Constituen-se as Comisións Labregas (CC.LL.) sindicato labrego
nacionalista. Primeira mostra de teatro galego en
Rivadavia.
1974 Edita-se o primeiro numero da revista “Fouce” das (CC.LL.).
Primeiras aczóns da “Fronte Armada” da UPG. Cria-se a Unión
Social-Democrata Galega que pasará a chamar-se constituirá mais
adiante no Partido Galego Social-Democrata.
1975 Constituen-se os sindicatos nacionalistas “Sindicato Obreiro
Galego” (S.O.G.) e a Unión de Traballadores do Ensino de Galiza
(UTEG). Funda-se a
Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e o P.D.G.
Morre o militante da UPG Moncho Reboiras Noia en
enfrontamento armado coa policia. Descarga-se entón unha forte
represión contra a insurxéncia nacionalista.
Mobilizacións pola construczón da central eléctrica de ENDESA en As
Pontes.
Coa morte de Franco inicia-se o proceso de apertura democrática no
estado español.