Plásticos  galegos

 

MANUEL CORDEIRO MONTEAGUDO

 
 
 

 Autorretrato

 

MANUEL CORDEIRO 

Manuel Cordeiro Monteagudo naceu na cidade de A Coruña o 19 de xaneiro de 1927 y reside dende hai máis de cincuenta anos na Arxentina. Cursou os seus estudios primarios na escola herculina e dende rapaz comezou a facer o seu nas carreiras pedestres. Foi así que alcanzou o grado de subcampeón fondista, representando a Galicia. E foi da man do Real Club Deportivo da Coruña que percorre gran parte de España.

Xa en 1952, chega a Bos Aires coma un galego máis en terras americanas. 

 

.
 

 

Lonxe da terra instálase nel unha forte morriña, pola que comeza a liberar as súas ideas artísticas, gañadas primeiramente na escola de Francisco Vales Villamarín. Foi na Arxentina donde comeza a súa máis importante laboura nas áreas do debuxo e a pintura nos principais centros na colectividade galega.
Tivo unha forte participación nas "Mocedades galleguistas", e foi fundador do coro "Brétemas e Raiolas". No ano 1956, representou ao Centro Coruñés na Intersectorial Galega e no Congreso da Emigración de América.
Tamén foi uns dos fundadores do "Conxunto Artístico Breogán". No seu carácter de debuxante e pintor de arte fixo moitas exposicións en Galicia, e tamén no Centro Coruñés de Montevideo, o Centro Lucense, Coruñés, Ourensano e Pontevedrés de Bos Aires, Hogar Galego para Ancianos, e no Centro Galicia e Galego porteños. A maioría dos centros galegos da Arxentina mostran nas súas presentacións o traballo de Manuel Cordeiro Monteagudo, gracias á laboura feita nos estandartes das distintas entidades.

 .

 

*  Agradecemos a Javier Vence quen nos achegou este material.

 

www.galespa.com.ar