Agustina Carolina Otero Iglesias
"La Bella Otero"
O 4 de novembro de 1868 nacía en Ponte de Valga, Pontevedra, unha nena a quen a
súa nai lle poría de nome Agustina Carolina Otero Iglesias. A recén nada
Carolina, que levaría os dous apelidos da súa nai, xa que o seu pai non a
recoñecería, sería anos despois a muller máis famosaa do mundo, pasándose a
chamar artísticamente Carolina Otero e os seus admiradores lle dirán "A Bella
Otero".
Carolina tiña nado nunha aldea chamada Ponte de Valga. A súa infancia será moi
dura e triste pola pobreza daqueles anos, a pesar delo, Carolina tiña unha
alegría interior moi grande e unha vocación artística innata. Os que a coñeceron
na súa aldea, contan que cada vez que pasaba algún titiriteiro errante, ela
intentaba imitar o seu espectáculo. En Valga a chamaban "A Cordeirana" mote
este, que a Carolina a puña furiosa. Carolina por aqueles anos, era unha nena,
que se foi criando como pudo. A falla de pai e o seu carácter forte, a levaría a
enfrentarse con todo aquel que se metera con ela. Algunhas desas veces,
respostaba con gritos e escándalos. Desde nena, Carolina foi levada a un
colexio, no que actuaba máis de criada, que de alumna.
Parece ser, que o carácter incorrexible de Carolina, fai que unha destacada
persoalidade compostelán "moi preocupada de velar pola pulcritude e pureza das
costumes" quiso que se fixera cargo dela, unha mestra de Cesures. Intento este,
que non chegou a prosperar. Carolina por aqueles tempos tiña 14 anos e xa se
había enamorado, dun rapaz chamado Paco, o cal non tiña demasiada boa fama na
aldea.
Unha noite, coa complicidade dunha compañeira de colexio, conquire escaparse
para xuntarse con Paco e ir a bailar. Durante esa noite, Carolina se sentía
feliz e ceibe, bailou apaisoadamente, como se tivera a necesidade de expresar
todo o que levaba gardando dentro durante tanto tempo. Conta a historia, que
gustou tanto o seu baile, que o dono da sala, regaloulle duas pesetas e lle
propuso un contrato.
Carolina e Paco frente ó éxito desa noite, deciden escaparse a Lisboa. Carolina
tiña 14 anos, pero parecía unha muller de 18, o seu corpo e a súa beleza
comenzaba a ser sumamente chamativa, Nesta última cidade, traballará como
bailarina, até que se traslada a Barcelona na búsqueda de Paco quen a abandoara.
Este sería o seu primeiro desengano amoroso, a pesar delo, o seu forte espíritu
de loita, a anima a seguir adiante. En Barcelona traballará no Palacio de
Cristal, posteriormente se marchará para Marsella e logo a París.
Carolina chegará a esta gran cidade, coa ilusión de estudiar baile e realizar os
seus primeiros espectáculos. A súa beleza e estilo, rápidamente a consagraron en
París, (que por aqueles anos era a capital cultural de occidente) para logo
consagrarse en todo o mundo. As súas actuacións, logo obtiveron un éxito
rotundo, facendo as delicias dos seus asiduos admiradores de Folies Bergére, que
atoparon nas súas actuacións, o máximo espectáculo de todos os tempos. Carolina
Otero encarna o papel seductor de muller andaluza, a pesar de ser unha emigrante
galega. Este estereotipo imposto de muller, a obrigará a ocultar a súa auténtica
identidade galega, asumindo durante toda a súa carreira, a imaxe de muller
xitana. Dirá o historiador galego Alberto Vilanova "Todos se rendiron a súa
beleza deslumbrante, máis deslumbrante aínda que as valiosas xollas que
adornaban a súa escultural figura, incluso os críticos máis esixentes e
implacables se rendiron. O feroz Bonafoux que chegou a coñecela entón, chamoulle
"a muller española máis grande que vive no estranxeiro". Jules Blois dixo de
Carolina: "Ela desplegou unha gracia fatal, unha calor, unha beleza sensual e
magnífica, unha violencia, unha insolencia que constitúen os dons formidables
que Merimée e Bizet, Meilhac e Harlevy esixen da súa célebre feroína Carmen".
Carolina Otero ou a "Bella Otero" como se lle chamaba na súa época se convirtiu
na muller sexsimbol de "La Belle Epoque" parisina. Corría o 1900, en París se
realizaba a Exposición Universal. Estallaba a guerra ruso-xaponesa. Freud
publica o seu famoso libro "El análisis de los sueños". Isadora Duncan renovaba
a danza. É o momento da "Época Azul" de Picasso. En Rusia se sublevan os
mariñeiros do Potenkin e Lenin comenza a organizar a revolución proletaria. En
España Pablo Iglesias se enfrenta no Parlamento á España oficial. Valle Inclán
publica "Alma española". En A Coruña se homenaxea a Curros Enríquez e Murguía
preside a "Cueva Céltica", dándose os primeiros pasos do nacionalismo galego.
Mentras en Bos Aires o Tango se adueñara dos arrabales e triunfaba o
caricaturista galego Xosé María Cao, coa súa Revista "Caras y Caretas". Mentras
todo isto sucedía no mundo, Carolina Otero triunfaba en todos os escenarios do
espectáculo e do amor. Até as formas dos automóviles de entón, tratan de imitar
os grandes sombreiros de Carolina. A Bella Otero mentras tannto, xoga fortunas
no Casino de Montecarlo, é a máis Raíña entre as Raíñas de París. Posúe unha
enorme riqueza en xollas, as súas diademas, pulseras e pendientes de perlas,
esmeraldas, rubíes e zafiros, adornan o seu corpo. Chegou a ser da súa
propiedade, o collar da ex emperatriz Eugenia, o da emperatriz de Austria e o de
diamantes de María Antonieta. A súa fortuna naqueles anos estaba calculada en
16.000.000 de dólares.
A paixón dos homes por ela, foi irresistible. Según conta nas súas memorias, que
estando de xira por Rusia, ten que escapar por unha fiestra do salón, onde a
pecha con chave, o gran duque Nicolás. Carolina terá que saltar caíndose na neve
coa espalda desnuda, a 20 grados baixo cero, refuxiándose no Palacio do Príncipe
Pedro, onde estivo tres meses con neumonía. Nas súas famosas memorias, chamará
bruto, ó Gran Duque, que lle arrebatara o seu abrigo de cibelina. Un conde se
suicida por ela e tamén o explorador Payen, diante do pabellón "Chinois du
Bois", onde a coñecera. Un empresario norteamericano, Jurgens fará dun gran
desfalco no "Edén Musée" de Nova Iork para atoparse coa Bella Otero en París. O
Emperador Guillermo II escribe para ela unha pantomima, "La modelo", para o
Wintergarten de Berlín. A acompaña o feo e o vello Barón de Ollstreder que se
arruina en Montecarlo. Cean con ela a miúdo Arístides Briand e o banqueiro
Berguen. Eduardo VII de Inglaterra irá a Ostende de incógnito para vela danzar e
lle enviará unha tarxeta coas Armas da coroa inglesa e debuxa para a cita un
círculo que encerra duas agullas de reloxo, que marcan as sete e cuarto.
Según conta Carolina nas súas memorias, O Banqueiro Berguen lle ofrece 25.000
francos por pasar media hora na súa habitación. Carolina Otero acepta. Ás duas e
media da madrugada, o banqueiro chega á luxosa casa, que Carolina Otero ten na
Avenida Kléber. Carolina lle enseña as súas habitacións, fala, lle mostra as
estampas que decoran os muros e cando dan as tres, lle dí o banqueiro: "Meu
querido, non os reteño máis, terminei o noso compromiso": Anécdotas como éstas
se contaban po decenas. "Le Fígaro" o gran periódico francés, nas súas páxinas
describía minuciosamente os modelos que vestía e o "Gil Blas" relata os duelos
dos nobles e ricos que se baten e arruinan por ela. Poetas, pintores, políticos,
toda unha xeración que se rinde, ante a beleza e seducción da Bella Otero. Até
Toulousse-Lautrec lle realiza unha obra en pastel que se conserva no Museo de
Albi e o gran José Martí, que a coñece en Nova Iork, lle adica algúns versos.
Desde París viaxou sucesivamente á Arxentina, Uruguai, Brasil, Estados Unidos,
Inglaterra, Hungría, Austria, Rusia e Xapón.
En 1906 chegou de xira por Bos Aires, presentándose no teatro Nacional
Corrientes, coa pantomima lírica "Reve d' oinum, acompañada de Jacquienet o
bailarín Santos. As crónicas da época, relatan o colosal éxito da Bella Otero en
Bos Aires. Carlos Alonso, o gran dibuxante galego lle adica unha serie de
dibuxos na famosa revista porteña P.B.T.. A outra revista de moda por aqueles
anos que dirixirá o outro gran dibuxante galego Xosé María Cao, lle dedicará
distintas páxinas, para resaltar os perfiles artísticos, da nosa afamada
Carolina.
Carolina se hospedou no Hotel París, da Avenida de Maio. O vestíbulo do mesmo,
se convirtiu nunha especie de "Clube de Cabaleiros", xa que eran decenas de
homes da sociedade arxentina, que se acercaban para ter a oportunidade de
saludar ou agasallar, "Bella Otero".
Conta unha simpática anécdota, que durante unha presentación no teatro, en medio
dun público entusista e rendido ós seus pes, un paisano de Valga, que se atopaba
na sala, emocionado ante a súa paisana, exclama a viva voz, o apodo de Carolina
"A Cordeirana". Días despois, o periodista Lence, do Correo de Galicia, redacta
unha crónica onde lle recorda a Carolina, a súa orixe e o seu povo natal. Contan
que esta famosa crónica, moito fixo chorar a Carolina, xa que por cuestións
profesionais ocultaba a súa orixe galega no máis profundo do seu ser.
Ós 45 anos en pleno auxe artístico a Otero se retira profesionalmente a vivir
plácidamente a Niza. Será recién nesta etapa onde comenzan a recoñecerlle o seu
talento de actriz, séndolle solicitada en varias oportunidades, para que actuara
na Opera Cómica de París, negándose sistemáticamente a voltar ó teatro.
Cando Carolina abandona para sempre o espectáculo e xa non necesita do seu
"Falso andalucismo", din que volveu os seus ollos novamente a súa Galicia natal.
Conta nunha entrevista, o sacerdote galego Delgado Capeans, que nun casual viaxe
en tren, pola Costa Azul, coincide no mesmo vagón con Carolina. Esta xa vella, ó
enterarse de que o cura era paisano, lle suplicaba que lle falara en galego. E
entón o relixioso lle falou na súa língoa, "A Bella Otero"- nos dí o
interlocutor "me escoita con emoción; o seu corazón rexuvenecía, a súa alma
evocaba dulces recordos dos seus primeiros anos. Era a voz de dios que lle
falaba nesta encrucillada do camiño, dos seus ollos brotaron bágoas tan dulces
como nunca llas había derramado. Pai, chegamos á estación onde teño que deixalo.
¡Que feliz me fixo ó escoitarlle falar na nosa língoa tan mimosa!. Deixeme que
lle bique a man. Creo que na miña vida sacerdotal ninguén bicou a miña man cun
bico tan queimante, como o que imprimiu a Bella Otero".
Carolina Otero fallece o 12 de abril de 1965, ós 96 anos de idade, sendo
soterrada no cementerio do Este, en Niza. Centenares de artigos e incluso unha
película francesa interpretada pola atriz mexicana María Félix, continuarán co
mito de Carolina Otero, aquela nena galega que no seu povo a chamaban "A
Cordeirana".
O seu amor pola aldea natal quedou escrito no seu testamento, deixando todos os
seus bens a favor dos máis necesitados de Valga. A pesar das fortunas ganadas,
no momento da súa morte tan só lle quedaba de capital 609 francos.
Anos despois o destacado artista e escritor galego Luis Seoane, quen sentía pola
historia de Carolina Otero unha especial atración escribía nun fermoso artigo:
"Para nós a Bella Otero, foi sempre un dos símbolos da gracia e beleza de
Galicia..."
Biografía: Lois Pérez Leira - Enciclopedia de la Emigración Gallega -
www.cigmigracion.com
www.galespa.com.ar