|
CANCIÓNS POPULARES GALEGAS
(Daniel Alfonso Rodríguez Castelao)
Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)
Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos
Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.
Dame alento das túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume das túas miradas,
dame vida co teu dulce amor. (bis)
Lela, Lela....
....
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.
|

Castelao e a súa dona Virxinia
|
Esta fermosa canción, emblemática da música galega formou parte da única
obra de teatro que Castelao escribiu: "Os vellos non deben de
namorarse". Esta obra ironiza sobre o paso do tempo e o amor dos
vellos polas mozas. Foi escrita en diversos momentos da década dos trinta,
rematada a finais desta en Nova York e estreada en Buenos Aires en 1941 coa
participación do actor galego Fernando Iglesias, "Tacholas".
Castelao deulle ao teatro galego un pulo netamente renovador; proba diso é
que se preocupase non só polo aspecto textual mais tamén polo visual: el foi
o encargado do deseño dos escenarios, do vestiario e das caretas dos
actores.
"LELA"
foi pensada por
Castelao á maneira dunha serenata estudiantil compostelá cantada por un
nostálxico coro de boticarios (persoaxes da obra teatral) tendo ó xeito dun
bello fado de Coimbra (música tradicional portuguesa).
|