Alexandre Bóveda
"O motor de explosión do galeguismo no
mundo enteiro"
Autor: Enrique
Bande Rodríguez.
Publicado na revista "Raigame",
editada pola Asoc. Castro Floxo de Ourense,
impresa pola
Deputación de Ourense
en Abril de 2003 (Nro. 17)


0
día catro de xuño do 2003 fai cen anos que nacía no cidade de Ourense Alexandre
Bóveda Iglesias, o motor de explosión do galeguismo a quen fusilaron os
militares nacionalistas no amencer do 17 de agosto do 1936 despois de facerlle
unha farsa de xuízo.
Con tal motivo a Excma. Deputación de Ourense nomeouno fino pre- dilecto da
provincia e formouse unha Comisión presidida por D. Julio Francisco Ogando
Vázquez, e dela forman porte D. Eustaquio Puga, D. Luís Taboada e D. Enrique
Bande. A comisión no súa última xuntanza acordou programar unha semana cultural
adicada ó prócer do galeguismo e erguerlle un monumento nos xardíns do rúa de
Barreira frente á casa berce de Bóveda. Co gallo da dita reunión o escultor
Manuel de Buciños, presentan o proxecto do escultura que inmortalizará para
sempre a personalidade de Bóveda. Trátase dunha ale- goría simbolizado no tronco
dun carballo troncado pola metade, polo que agatuña un fato de rapaces que son o
froito do sangue de Bóveda e a expresión do galeguismo de hoxe. No soporte ou
pedestal pétreo leva a seguinte inscripción "Bóveda Mártir'.
ENRIQUE BANDE RODRIGUEZ Sande-Ourense, 1936. Licenciado en Xeografía e Historia
pola Universidade de La Laguna, Tenerife. Profesor Numerario nos Institutos de
Cangas e Otero Pedrayo de Ourense, onde exerce na actualidade como Catedrático
de Xeografía e Historia. Membro do Instituto "Padre Sarmiento" de Estudos
Galegos. Adícase á investigación e divulgación de temas históricos,
antropolóxicos e etnográficos relacionados coa nosa raigame, Ten publicados máis
de cincuenta libros sobre estes temas e colabora con asiduidade na prensa local
e rexional, así como en "Cuadernos de Estudios Galegos" e no "Boletín Auriense'.
1. Notas Biográficas
Nacía
o día catro de xuño do ano 1903 na casa número 16 da rúa de Barreira, no corazón
do Ourense medieval, chamado vulgarmente o Ourense vello, no seo dunha familia
de orixe humilde, xa que o seu pai era carpinteiro, coñecido como "o silleiro da
Barreira" e a súa nai era costureira. A primeira ensinanza encetouna na Anexa da
Escola Normal de Maxisterio, pasou despois ó Colexio dos Irmáns Villar, coñecido
como dos Villares. Preparou por libre os cinco anos da carreira de Peritaxe
Mercantil pasando as probas na Escola de Comercio da Coruña. Polas noites
asistía as clases nocturnas de debuxo que impartía D. Luís Xesta no Círculo
Católico. Aprendeu solfeo na Academia Municipal. Foi membro da Coral de Ruada e
do Orfeón Unión Ourensana.Traballou como docente, mestre dos seus compañeiros no
Colexio Irmáns Villar, onde comezou a preparar as oposicións para auxiliar de
contabilidade. Rematado o Peritaxe Mercantil na Coruña preparouse para opositar
a auxiliar de contabilidade do Ministerio de Facenda. Tiña entón 21 anos.
Despois da oposición traballou na Delegación de Facenda de Ourense onde iniciou
a súa amizade con Cuevillas. No ano 1928 trasladouse a Pontevedra como xefe de
contabilidade de facenda. Pontevedra ía ser a súa patria de adopción. Alí
participou nas tertulias da cidade do Lérez que tiñan lugar no café Méndez
Núñez. ó serán ensaiaba na Coral Polifónica. Foi desterrado a Badajoz sen previo
expediente e sen máis motivo que a súa manifestación política e a súa militancia
para reincorporarse novamente despois na Delegación de Facenda de Pontevedra en
1935, logo de pasar por Cádiz e Madrid.
2. 0 galeguista
Os seus primeiros contactos co galeguismo producíronse no grupo NOS. Cuevillas
introduciuno no círculo dos intelectuais galegos e ourensáns no que militaban
Otero Pedrayo, Risco e X. R. Fernández Osexa.
En Pontevedra completa a súa formación galeguista traballando con Castelao,
Iglesias Vilareille, Antón Losada Diéguez. Comezou a participar activamente na
elaboración do Estatuto Autonómico, ano de 1930. Leu ós galeguistas como Brañas
e Risco. Foi un político e un economista integrado na causa nacionalista. En
Pontevedra participou na IV Asemblea do Partido e en Santiago toma parte xunto
con Castelao o día da patria galega. 0 6 de decembro de 1930 decide o Congreso
Fundacional do Partido Galeguista participar na elaboración do programa do
partido galeguista no que Bóveda colaborou no eido económico con conferencias e
mitins sobre o galeguismo por toda Galicia.
3. Papel de Bóveda no Partido Galeguista
En 1931 nacía o partido galeguista. Os días 5 e 6 de nadal do ano 1931
xuntáronse en Pontevedra os persoeiros de 22 agrupacións nunha asemblea que deu
a luz ó partido galeguista pola fusión de distintos grupos como eran: o partido
nacionalista republicano de Ourense, liderado por Otero Pedrayo, o partido
galeguista de Pontevedra, liderado por Castelao, o grupo autonomista de Vigo de
Valentín Paz Andrade e a organización republicana de Buenos Aires. Había en
total 22 grupos locais. No consello directivo do partido quedou incluído como
secretario da organización Alexandre Bóveda Iglesias, adicándose á tarefa da
ampliación da base social do partido galeguista con todas as súas forzas. En
menos dun ano os grupos sociais pasaron a ser máis de 100 e os afiliados pasaron
de 600 a 30.000. En 1932 acadou a secretaría xeral do partido galeguista.
Podemos dicir que Castelao foi o ideador xeral do galeguismo e Bóveda o executor
fiel. 0 home organizador e traballador incansable. Bóveda desde entón só viviu
para facer realidade a liberdade de Galicia. Desde a fundación do partido
participou nas tarefas executivas. No ano 1936 para non perder a carreira do
Estatuto Galego o partido galeguista tivo que escotarse cara o frente popular.
Foi entón cando unha parte da chamada dereita galeguista afastouse. 0 partido
galeguista orientouse cara a consecución da autodeterminación política. 0 6 de
decembro do ano 1930 decidía o congreso fundacional participar na elaboración do
programa do partido no cal Bóveda colabora no eido económico. Foi o máximo
organizador da expresión política concreta do galeguismo e da súa encarnación
nunha actividade partidaria. Desde que chega a Pontevedra Bóveda convértese no
motor de explosión do grupo galeguista. Bóveda era consciente da situación
política que se estaba a vivir no período republicano.
A obra de Bóveda é en gran parte a do partido galeguista. Bóveda destacou por
ser o organizador e o animador do partido. A labor de Bóveda nos anos da II
República asombrou a todos. A maior parte do realizado naquel momento debeuse a
el. Defendeu sempre a necesidade de unión dos partidos políticos. Defendeu tamén
sempre unha situación de centro esquerda. Desplegou unha febril actividade.
Entre as súas responsabilidades figura a organización e o control da actividade
galeguista e por iso fala moitas veces de apuntalar o partido. 0 obxectivo era
darlle unha dimensión social e colectiva a vida cotiá galega en todos os eidos.
Bóveda é o partido galeguista, ten ó seu favor o facer posible o primeiro
Estatuto Galego de Autonomía. A fe no seu traballo e o anhelo de ver plasmada a
realidade de Galicia nun proxecto de Estatuto fixo de Bóveda o máis nitidamente
nacionalista e progresista de todos, un elemento activo na redacción do
Estatuto. Despois do discurso de Bóveda no paraninfo da universidade
compostelana Otero Pedrayo afirmaba admirado: "Endexamais escoltei unha verba
así neste lugar" con aquel discurso cavaba Bóveda o seu cadaleito.
4. Labor de Bóveda na Elaboración do Estatuto de Autonomía
A principal actividade dos galeguistas foi o Estatuto de Autonomía de Galicia. A
elaboración do Estatuto tivo unha longa prehistoria xa que se iniciou no ano
1930. 0 Alcalde de Santiago, Ánxel Casal, convocou unha asemblea de concellos
que tivo lugar o 3 de xuño de 1930. Na dita asemblea foi nomeada a ponencia de
técnicos encargados de redactar o proxecto de Estatuto, figura destacada da dita
ponencia era Bóveda, a quen invitaron a participar, e desde entón adicou a aquel
empeño todos os azos do seu entusiasmo galeguista. A ponencia reuniuse durante
seis meses, informouse e discutiuse en Santiago baixo a presidencia de D.
Enrique Raxoi, secretario da Comisión Redactora do Estatuto para traballar, xa
que a elaboración do estatuto foi obra dun grupo de traballo integrado por
Carballo Calero, Paz Andrade, Tovío e Alexandre Bóveda. Ö longo dese tempo todos
os domingos reuníanse en Santiago. Aínda ben non se acabara de proclamar a II
República Española. A sección de Ciencias Sociais, Políticas e Económicas do
Seminario de Estudios Galegos tiña xa elaborado un proxecto de Estatuto para
Galicia en maio de 1931. Rematado o encargo do Estatuto, o anteproxecto foi
exposto ó público, sometido a información e presentado a debate. 0 proxecto de
Estatuto de Galicia recollía integramente a problemántica facendística galega. A
asemblea de concellos convocou unha xuntanza no paraninfo da Universidade de
Santiago para os días 17, 18 e 19 de nadal de 1932. 0 19 de nadal o discurso de
Bóveda fixo que se acendese na galaxia do Señor Santiago unha nova estrela
producindo un impacto fondo na conciencia galega. Rematado o discurso os 400
delegados dos concellos galegos tributaron unha clamorosa ovación a Bóveda e
aprobaron o Estatuto por unanimidade. Aprobado o Estatuto pola asemblea de
concellos tan só falta a requisito esixido pola constitución, isto é, a súa
aprobación mediante plebescito popular. 0 plebescito do Estatuto celebrouse o 28
de xuño de 1936 e aprobouse por unha votación afirmativa do 74% do censo
electoral. Foi o amencer e a ledicia. 0 15 de xullo unha comisión entregou en
Madrid o texto oficial do Estatuto de Galicia ó presidente das Cortes pero a
situación militar provocada o 20 de xullo por un sector do exército impediu a
súa aprobación.

Tres caricaturas coa mesma expresión
5. Xuízo Sobre a Personalidade de Alexandre Bóveda
Bóveda foi un home con sentido ético vencellado a cultura e tamén á nación
galega. Foi o máximo organizador da expresión política concreta do galeguismo e
o principal animador e organizador da práctica política do galeguismo. Na
historia de Galicia Bóveda cumpriu un papel sustantivo. Era un home con vivencia
ética. Estivo sempre vencellado ó Seminario de Estudios Galegos. Na fundación do
partido participou con conferencias, artigos e mitins, foi o principal animador
da vida política do galeguismo. Bóveda mostrouse sempre non só como antiespañol
senón tamén como antimilitarista. As ideas sementadas por Bóveda foron
esnaquizadas polos militaristas fascistas. A labor de Bóveda na redacción do
Estatuto de Autonomía asustou a todos. Foi un home entregado a causa do seu
país. Foi un galego progresista e nacionalista. Foi a primeira víctima da
traxedia apocalíptica que se aveciñaba. "Home enteiro, soñador desperto e
durmido, dun alto ideal". Dinos o seu curmán Xerardo: "Fuches bo home, bo fillo,
bo pai, bo cidadán". Foi o loitador infatigable do galeguismo. Foi o símbolo do
sentimento galeguista e chegou ata a categoría de símbolo ós 33 anos de idade.
Fixo que os galegos se sentisen galegos nunha terra libre e dona do seu destino.
Foi o mártir da autonomía. Traballou no seu posto oficial, escribiu en xornais e
impartiu centos de conferencias. Con el o renacemento do partido galeguista foi
estrelante. Foi o motor de explosión do partido galeguista
6. Detención e Encarcelamento de Bóveda
0 19 de xullo de 1936 detiveron a Bóveda no Goberno Civil de Pontevedra. Poucas
horas despois deixábano en liberdade baixo a promesa de presentarse no cuartel
de artillería o día seguinte. Pasou aquela noite na casa do seu sogro que lle
suxeriu ou acocharse algún tempo, e Bóveda contestoulle que iso non o facía xa
que él non fixera nada malo. Na mañá do día 20 detivérono de novo na casa do seu
sogro e conducírono ó cárcere de Pontevedra instalado na Escola Normal de
Maxisterio. Anoitecendo para o día 26 sacárono do cárcere e conducírono en
automóvil xunto cunha parella da Garda Civil. Dirixíronse a Pontecaldelas,
intentaron "pasealo", no camiño quixéronlle aplicar a lei de fuga pero Bóveda
non se deixou enganar. Encadeárono en Pontecaldelas e ós poucos días levárono a
Caldas de Reis, despois ingresou novamente no cárcere, instalado na Escola
Normal de Pontevedra e o 17 de agosto foi trasladado ó cárcere civil da dita
cidade de donde o mesmo día sacárono con destino a Caeira para ser fusilado.
7.
Acusación e testemuñas en Contra e a Favor de Bóveda
Detivérono baixo a acusación de que entregara armas á resistencia. Acusación
organizada e argallada con arbitrariedade e con artimañas. Acusárono tamén de
participar na organización dende o Goberno Civil da revolta protagonizada polas
milicias de esquerdas para defender a cidade de Pontevedra contra os feixistas.
As acusacións xa viñan de atrás. As principais testemuñas contra Bóveda foron a
dun velliño, porteiro do Goberno Civil, que dixo que Bóveda era o que mandaba no
despacho do gobernador civil os días 17, 18 e 19 de xullo e que no caso de
fracasar o alzamento "Bóveda y su pandilla lucharían matando a todos los
militares" . Tamén houbo quen testemuñou dicindo que Bóveda era separatista,
comunista e antiespañol, disgregador da unidade nacional e traidor. Tamén houbo
testemuñas a favor de Bóveda que viñan de xentes nada sospeitosas, así os
capitáns Sánchez Cantón e Manuel Casal declararon que cando entraron no Goberno
Civil nin Bóveda nin o gobernador civil deran motivos de queixas, non opuxeron
resistencia e limitáronse a dicir que non se rendían se non era pola forza. Xosé
García Vidal excatedrático de Dereito Administrativo, avogado da Deputación de
Pontevedra, dixo: "Non creo que o Señor Bóveda sexa un separatista y afirmo que
no lo es ni él ni su programa, ni los estatutos de su partido". A pesares de
todo, os militares feixistas inimigos do estado de autonomías fixeron crer ás
xentes que Bóveda era un separatista e que proclamaba a independencia de
Galicia.
8. Interrogatorio Feito a Bóveda
0 día 3 de agosto do 1936 presentouse en Caldas de Reís o comandante D. Xosé
Vila Fano nombrado Xuíz Instructor da causa de Bóveda para facerlle o primeiro
interrogatorio. 0 día 6 de agosto volveu o militar a Caldas de Reis para
efectuarlle o segundo interrogatorio. Bóveda reafirmouse no que dixera na
primeira declaración. Dixo tamén que a noite do día 18 de xullo pasouna toda
enteira no despacho. do gobernador civil. 0 día 13 de agosto cando xa se atopaba
en Pontevedra fixéronlle o derradeiro interrogatorio. Bóveda ante o xuíz, Vila
Fano, fixo unha defensa dos compañeiros da Garda Civil, non quixo facilitar os
nomes que buscaban os militares. Afirmouse no ideario galeguista deixando ben
claro que aquela doctrina non supuña a independencia de Galicia. Dixo tamén que
asistira a mitins do frente popular e que foi ó Goberno Civil o día 19 de xullo
do 36, requerido polo gobernador civil, e que o gobernador nunca estivera
disposto a armar ás masas e que cando decidiu rendirse foino ver ó Goberno
Civil.
9. Desenvolvemento do Xuízo Contra Bóveda
Bóveda estaba detido no cárcere improvisado no edificio da Escola Normal de
Pontevedra. Entre os días 10 e 14 de agosto de 1936 sometérono a un xuízo
militar sumarísimo e procesárono polo delicto de traición. lados os cargos
resultou que Bóveda entorpecerá as operacións do exército nacional co exército
que el fixera e organizara no Goberno Civil. Deu órdenes ás milicias inimigas de
España para que se distribuísen polos puntos estratéxicos da cidade de
Pontevedra e que era un separatista e por todo isto fallamos que debemos condear
e condeamos ó procesado Alexandre Bóveda iglesias a pena de morte como
responsable do delicto de traición. 0 xuízo rematou cos informes da defensa e
coas verbas arrepiantes de Bóveda que dixo que el non cometera ningún crime,
rexeitou o calificativo de traidor á patria e dixo: "Mí patria natural es
Galicia, la amo fervorosamente, jamás la traicionaría aunque me concediesen
siglos de vida, la adoro hasta más allá de mi muerte. Hice cuanto pude por
Galicia y haría más si pudiese. No siento odio a España a la que por derecho
natural pertenezco, solamente he combatido sus errores y a veces sus crueldades
políticas contra mi idolatrada Galicia". Condeárono a morte. En realidade xa
estaba condeado antes de comezar a farsa do xuízo.

10. Fusilamento de Alexandre Bóveda
Parentes e amigos fixeron toda clase de xestións para intentar cambiar a pena de
morte, pero todo foi inútil. Bóveda cando lle falaban de petición de indulto
dicía: "'Os Indultos son cousas de novelas e quedar preso sería aínda unha cousa
pior. Non me soltarían nunca máis" . Bóveda acordouse entón dun discurso de
Basilio Álvarez en Mondariz no cal remataba dicindo: "Cando eu morra quixera
ollar, Señor, unha Galicia leda, farta e ceibe e con tal que así sexa morrería
ledo. ¡Quen me dera un soñador como Basilio! E se hai outra vida mirarei por un
buratiño e verei a realidade luminosa desa Galicia, leda, farta e ceibe, esa
Galicia na que sempre soñei'.
Nas visitas que lle facía a súa dona Amalia ó cárcere, Bóveda sempre lle dicía :
"'Ti ten valor por que xa che quedan catro finos para loitar". A tarde anterior
á súa morte visitouno a súa dona e os seus catro fillos. Alexandre non puido
coñecer ó derradeiro, unha nena, que nacía cinco meses despois da súa morte. Ós
seus catro fillos pequenos díxolles que ía facer unha curta viaxada e que lles
traería xoguetes. Bóveda morreu axusticiado ós 33 anos do mesmo xeito que
Xesucristo por falar con fervor dos pobos e das xentes asoballadas. No mencer do
17 de agosto levárono nunha camioneta de gardas de asalto ó monte da Caeira,
amarrárono a un piñeiro e pegáronlle catro tiros. Do piñeiro ó que o arrimaron
non queda nin rastro. Mandárono cortar cando os pontevedreses comezaron a levar
anacos da súa saca e pitelos como reliquias.
A súa derradeira noite pasouna Bóveda primeiro lendo versiños de Rosalía de
Castro e despois xa na capela improvisada, lendo capítulos de Kempis e
dialogando cos seus compañeiros. Ás catro da mañá do día 17 de agosto de 1936
levárono da Escola Normal onde estaba preso ó cárcere común de Pontevedra.
Entrou na capela improvisada, confesouse, oíu unha misa dita encima dun caixón a
modo de altar, recibiu a sagrada comunión, xa que foi sempre un home que nunca
abandonou a súa fe católica. 0 confesor dixo ós seus familiares: "Era un
iluminado como os santos antigos, iría dereito ó ceo".
Bóveda dixéralle ó confesor: "Eu teño absoluta confianza e seguridade en Deus,
xa pase¡ aquí o purgatorio e dentro duns intres estarei acochado no colo de
Deus". Xosé Sesto dinos que nos momentos nos que se dicía a misa Bóveda chamouno
e díxolle: "Sestiño, ven rezar conmigo en galego e pregaron xuntos as oracións :
Creo en Deus pai, Dios te salve Raíña, Nai, Pai noso, Ave María e despois
díxolle agora déixame meditar un pouco". Escribiu cinco cartas, unha moi longa
dirixida a súa muller, deseñou a súa lápida e pediulle ó xuíz que o enterrasen
envolto na bandeira Galega. 0 xuíz negouse en redondo, pero o desexo de Bóveda
cumpriuse e foi envolto na bandeira galega non por fora da caixa senón por
dentro. Xosé Sesto dinos que acercouse a Bóveda xa morto cando estaba no
cemiterio de San Amaro bicouno e con disimulo meteulle a bandeira debaixo da
chaqueta no peto do chaleco, sobre o seu corpo morto.
11. Valoración de Bóveda o do Seu Centenario
A traxedia que ocasionou o 20 de xullo en Galicia foi cósmica e sanguinaria.
Castelao referíndose ó acontecemento dinos: "Fixérona boa, fixérona grande,
fixérona libre, fixérona boa, fixérona boa, fixérona boa". Bóveda era a primeira
víctima da traxedia que se adiviñaba. Del dinos o seu curmán Xerardo: "Fuches bo
home, bo fillo, bo pai, bo cidadán e bo traballador. Quitáronche a vida cando
algúns bispos xa trocaran o mandato de Deus non matarás noutro que soaba así,
matarás con xustiza".
De Alexandre Bóveda quedou o rastro inmorrente da súa vida exemplar, quedou a
súa casa, o cerne, as razóns fondas, a ramalleira poderosa, quedou un nome
glorioso na historia de Galicia, quedou a visión profética de Castelao. Bóveda
terá que ser nun mañá próximo ou lonxano a bandeira da nosa redención. Castelao
dixo que non morreu definitivamente.
Por iso o escultor Manuel de Buciños no monumento que está a facer en Ourense
para conmemorar o centenario de Bóveda, esculpe unha árbore, un carballo novo
decotado no cal a sabia, sementeira, segue xerminando. Simboliza así, que a
morte de Bóveda non foi inútil xa que os rapaces que agatuñan polo tronco do
carballo descabezado son a semente da galeguidade de Bóveda. Castelao dixo que
Bóveda non morreu definitivamente xa que nós non enterramos cadáveres,
enterramos semente de mártires e de galeguistas. Estou seguro de que a morte de
Bóveda daralle vida a Galicia. 0 día do fusilamento de Bóveda debería ser o día
dos "mártires galegos".
0 espírito de Bóveda segue vivo entre nós. De Bóveda quédanos o seu exemplo, a
súa morte exemplar, o seu sacrificio e o seu martirio, xa que Bóveda foi un dos
mártires pola liberdade da nosa terra. 0 espírito de Bóveda segue en pé. A loita
de Bóveda aínda despois da súa morte segue ganando batallas.
12. Bóveda Víctima dunha Inxustiza Histórica
0 cincuenta aniversario de Bóveda non reparou a inxustiza histórica que está a
sufrir aínda hoxe a súa figura. Moito me temo que no centenario que estamos a
celebrar tampouco se repare de todo, nin se pague a débeda que temos coa figura
senlleira 'do motor de explosión do galeguismo no mundo enteiro.
Pido e esixo que se revise o proceso de Bóveda. 0 primeiro paso para reparar
esta inxustiza deuno a Excma. Deputación Provincial de Ourense nomeando a Bóveda
fillo predilecto da provincia, a proposta do seu presidente Ilmo. Sr. D. Xosé
Luís Baltar Pumar.
www.galespa.com.ar