IN MEMORIAM
"Ya va a venir el día, ponte el alma.'
CÉSAR VALLEJO.
Ti convocache ó día dende a tebra,
amigo morto polo ferro airado,
cando chegou Caín, cando a pavura
cubriu de noite ó pobo sin guieiros.
0 dia vai a vir, poreime a alma,
mais non me esquecerei das horas torvas,
cando o terror i o sangue, cando o medo,
cando a treición vencéu, cando a carraxe,
irmau maor, sacrificado á sombra.
A nosa obriga é seguirche os pasos,
mais por outros caminos que non leven
os bosques dos supricios,
as selvas dos coitelos afiados,
sinon ás terras outas onde temos
a casa vinculeira.
0 dia xa está pronto, alma que agardas,
faite bandeira, berra o teu dereito
a ser estrela cando os tempos cheguen,
cando as gaitas trunfás soen nas rúas,
cando a irmandá, cando a ateigada artesa.
cando os homes da terra señan río
de liberta, cun gran cachón no meio,
cando tódolos nenos de Galicia
sepan por qué mataron a Alexandre,
esforzado Amadís, capitán noso.
CELSO EMILIO FERREIRO
Caracas, xulio, 1971.
www.galespa.com.ar