A derradeira carta á súa muller
Esta é a carta que Alexandre Bóveda escribiu á súa muller na madrugada do 17 de
agosto, minutos antes do seu fusilamento.

Fonte: "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda", X. Álvarez Gallego, Ediciones
"Nós", Bos Aires, 1972
Texto da carta
Madrugada do 17 de agosto de 1936
Choliñas, Miña Peque, Vidiña:
Quixera escribirche moito. Mais xa sabes canto puidera decirche.
Perdoame todo, que os peques me lembren sempre; que cumplas todol´os meus
encargos.
Eu, almiña estarei sempre con vós como che prometín.
Faltan uns minutos e teño valor, por vós, pola Terra, por todos. Vou tranquío.
Adeus, Vidiña: Vive para os peques e os vellos, abrázaos, confórtaos. Sé Ti,
miña Pequeniña ademirable, a máis valente de todos. Alá sentirei ledicia e
satisfacción de Ti e de todos.
Lembrareivos sempre, velarei sempre por vós.
Adeu. Contigo, cos peques, cos vellos todos, estará sempre na lembranza, na máis
grande, máis fonda, máis infinda das apertas, o voso,
Xandro.
P.S: Recei contigo.
www.galespa.com.ar