Antonio Baltar Domínguez

Antonio Baltar Domínguez naceu en Santiago de Compostela o 13 de
septembro de 1906. Era fillo do prestixioso médico padronés Anxel Baltar Cortés
quen logra poñer a ciruxía galega ó máis alto nivel daqueles tempos. Antón
pertenceu a unha familia pudente e con moito prestixio. Seu pai foi condecorado
en 1928 coa Cruz de Beneficencia e impulsou a "Fundación Baltar", co obxetivo de
alentar ós estudantes que sobresaíran na especialidade de ciruxía.
Antón seguiu o camiño de seu pai e estudou a carreira de mediciña. No 1929
trasladouse a París para perfecionarse na súa especialidade. No 1933 realizou en
Berlin, Alemania, a especialización de Anatomía Patolóxica.
Coa construcción en Rianxo dun chalet cunha espectacular vista á ría por parte
do pai de Antonio, consolídase a amizade entre as familias Castelao, Baltar e
Dieste. Outros dos amigos de Antonio por aqueles anos era Arturo Cuadrado, Luis
Seone e o médico Rey Baltar.
Coa chegada da segunda republica comeza o seu noivado con Mireya sobriña de
Rafael Dieste.
Logo do estallido da Guerra Civil e despois do fusilamento do destacado médico
Novoa Santos, marchase cara ó exilio.
En Buenos Aires reencontrase cos seus amigos de carreira e militancia.
Sánchez Guisande, Rey Baltar, Luis Seoane, Cuadrado,
Rafael Dieste, etc.
Na capital do Plata ten que homologar os seus estudios. Co título outorgado pola
Argentina funda co seu compañeiro e eminente médico Gumersindo Sánchez Guisande
un sanatorio en Avellaneda e organiza o Laboratorio de Anatomía Patolóxica do
Centro Galego de Buenos Aires. Posteriormente trasladase á Patagonia como médico
dunha mina de carbón. Foi nomeado nesta provincia director de Saúde Publica. Ó
pouco tempo do seu destino no sur argentino trasládase xunto ó seu amigo
Guisande ata a provincia de Mendoza onde exerce ó fronte da Cátedra de Anatomía
Patolóxica da Universidade andina.

Antonio Baltar e a súa dona Mirieia Dieste, retratados con motivo da chegada de
Rafael Dieste a Montevideo.
Xosé Nuñez Búa no seu libro "Revoeira" comenta alghunas anécdotas de
Baltar:
“Recén chegado a Buenos a Buenos Aires en compaña
da súa dona, unha uruguaia noviña e fermosa, Mireia Dieste -filla e sobriña,
respectivamente, dos ecritores Eduardo e Rafael Dieste- adoitaba a se xuntar no
café Richmond da rúa Esmeralda -do que era caixeiro e despóis foi dono o
vilagarcián Eduardo Puceiro- con Manuel Otero Acevedo, Luis Seoane, Federico
Rivas, Sanchez Guisande, Manuel Colmeiro, Xosé Suárez, Quintela Novoa, Luis
Villaverde e o narrador. Il andaba en visperas do ter que revalidar o seu tíduo
de médico. Non era moi falador, pro un día máis silandeiro que de costume. O
narrador inquiríulle:
Véxote moi concentrado. ¿Seica estás preocupado cos exames? -Cos exames non.
Estouno cos dous mil pesos que teño que pagar polos dereitos de examen.
O membro dunha familia pudente de moi antergo señorío fillo de ciruxán de máis
sona de Galiza, Don Anxel Baltar, morto facía pouco, non tiña dous mil pesos pra
poder pagar unhas tasas académicas. E na prensa española decíase a cotío que os
"roxos" vivían no exilio ben mantido polos cartos que recibian de Rusia.
Cando aquela noite os contertulios foronse marchando, Manuel Otero Acevedo,
fillo de padronés, arxentino que deica o 36 tiña sido cónsul na Cruña, pedíulle
a Baltar que se quedase porque tiña que facerlle unha pergunta de carácter
profesional.
Como escoitara cal era motivo da súa preocupación, púxolle na man os dous mil
pesos que precisaba para poder presentarse ás probas de reválida.
Tan logo revalidou na Arxentina o seu título de Doutor en Mediciña, entróu como
médico no
Centro Galego de Buenos Aires, onde créou o servicio de anatomía
patolóxica. Con Sánchez Guisande fundóu un sanatorio en Avellaneda. Traballando
arreo, o exercicio da profesión dáballe dabondo para vivir e ainda aforrar un
pouco...
Mais Baltar tiña un senso social da mediciña e, pasados uns anos, un día
calisquera aceitóu ir como médico dos mineiros de Chos Malal, lugar isolado do
Neuquén, ó pé dos Andes. A maoría dos seus pacentes serían indios araucanos e
mestizos chilenos. Os seus amigos trataron de disuadilo de se ir a vivir nun
lugar aspro e probe. Baltar, rome calmoso, dixo sinxelamente:
-O médico debe ir servir onde faga máiss falla. En Buenos Aires debe haber un
médico por cada 300 habitantes, namentras que en moitos sitios da Arxentina non
chega a un por cada 1000 kilómetros cadrados. Como eu sempre tiven o anceio de
rematar sendo médico rural na miña terra, agora preséntaseme a ocasón de selo
nista onde atopéi pan e liberdade.
Termando da saúde de indios e mestizos, internándose nas serras por dous ou tres
días pra ir atender doentes, pasóu tres anos a fío un médico galego que tiña
feito cursos en universidades alemanas, que se criara en pazos, que tiña na ría
de Arousa, en Rianxo, unha praia de propiedade familiar e un yate de recreo con
mariñeiros uniformados, que ós 24 anos tiña sido nomeado por oposición profesor
axunto da universidade...
¿Un raro? ¿Un idealista?... ¡Un médico!”
Antonio Baltar especializase en Mediciña Social da Organización Mundial da Saúde
e é designado director do equipo internacional na provincia de San Juan. Anos
despois foi trasladado a exercer o mesmo cargo na provincia de Córdoba onde
acaba a súa carreira profesional.
O 22 de xuño de 1956 Antonio Baltar e un grupo de emigrantes galegos
profesionais, funda a
Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA),
entidade esta de carácter galeguista. No seu documento de fundación Baltar
Sinala:
“Recoller, difundir e fomentar os feitos de calquera orixen ou as obras de
todo autor que signifiquen unha exaltación para Galicia ou un enriquecimento do
seu acervo cultural ou das súas posibilidades vitais, auspiciando ou creando
seccións e organismos que tendan ó mellor coñecimento dos valores históricos e
actuais de Galicia e ó estudo e solución dos problemas que lle afecten. Promover
o estudo, desenrolo, perfeccecionamento e exercicio do idioma galego”.
Durante aquel ano AGUEA realizou 57 clases de xeografia, historia, lingua e
literatura galega, dictadas no idioma galego.
Antonio Baltar foi trasladado a Buenos Aires para ser intervido quirúrxicamente,
falecendo antes do intento o 22 de septembro de 1970.
Autor: Lois Pérez Leira
FONTE: Enciclopedia da Emigración Galega,
www.cigmigracion.com
www.galespa.com.ar