oficios artesanais: os cesteiros
O
arte da
cestería
é anterior á cultura dos castros. A súa influencia
pódese percibir, segundo algúns arqueólogos, na decoración trenzada das
olas castrexas, nas
alfaias
prehistóricas e nos sinais de barro que cubrían as
paredes das casas nas citanias.
Hoxe en día é practicada polo campesiño para uso de seu, o que lle permite
inventar ou aproveitar calquera material que o seu contorno lle proporcione. Os
cestos
fanse tanto na vila como no medio rural. No primeiro caso o
cesteiro
traballa nun taller fixo. No outro caso é
traballo estacional e, por veces, ambulante,
que se organiza en dúas temporadas: inverno e verán.
Aínda hoxe en día, cando os costumes cambiaron vertixinosamente, é difícil
atopar unha parroquia de Galicia onde non se sigan a facer cestos deste xeito, o
cal ademais aporta unha gran riqueza de estilos no traballo.
A materia prima é a madeira de castiñeiro,
carballo,
bidueiro , cerdeira,
colmo (palla de centeo), freixo,
salgueiro, etc.; tamén son moi comúns os cestos de vimbios tecidos,
sombreiros de palla ou corozas (impermeables de palla
e xunco, practicamente desaparecidos), tellados de pallozas
e cabaceiros
ou canizos de carros, grades
para alisar a terra, loros para os xugos,
sebes
(peches para as fincas), nasas, etc.
A tipoloxía dos cestos en Galicia é enorme, xa que responde ós costumes de cada
bisbarra concreta. Cada cesto ten unha utilidade e denominación (chegáronse a
recoller máis de 60). Estes son algúns dos
máis comúns:
paxes de vergas, peselos
(Ancares), megos ou gamelos (cestos de vimbio, varas,
vergas ou palla, tecidos moi apertados para conter a semente),
culeiro
(cesto da zona do Ribeiro e outras bisbarras da provincia de Ourense, que mide
aproximadamente un metro de altura e ten a parte inferior cadrada abrindo en
forma de funil cara a boca, ancha e redonda) que se emprega na vendima e na
colleita doutros productos do campo, cesta do palangre
(para colocar esta arte de pesca. Os anzois van
enganchados no bordo da cesta), patela(cesta de vergas
utilizada para transportar o peixe fresco), cestos de colmo
(de palla cosida en espiral con casca de silva, que dá como resultado un cesto
case impermeable), cestos para a roupa, para o pan,
para as patacas, para as conchas, para os ourizos, o cesto para o furón
(utilizado para a caza do coello con furón, prohibida na actualidade), etc.
Os cesteiros teñen un "latín", que se
conservou na zona de Mondariz (Pontevedra) e presenta moitos trazos en común co
dos arxinas (fala usada polos canteiros). O
"verbo", como os cesteiros lle chamaban servía tamén coma
engrenaxe da aprendizaxe do oficio...
Velaquí unha
pequena mostra:
oreta = auga , chumo = viño, raucha = noite, horxe = madeira
Mónica Beatriz Suárez Groba
Bibliografía consultada: "galicia 2000: Cultura popular", Xunta de Galicia.
VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ
www.galespa.com.ar