os fornos comunais en galicia
Os
fornos son unha construcción que ó igual que as eiras, adegas
ou os
muíños, poden ser
privados ou comunais,
formando parte da casa ou sendo unha construcción independente da mesma.O
forno é unha construcción que evolucionou pouco ó longo da historia.
Os fornos comunais eran moito mais grandes
que os individuais, porque eran usados "a rolda" (pasando de
veciño en veciño)e as fornadas eran mais grandes para que durase o pan ata
que volvese toca-la quenda. Estes fornos eran construídos por toda a aldea
ou por tódolos veciños que o utilizaban.
As diferencias entre os fornos comunais son de tipo formal, destacaremos tres
tipos:
-Rectangulares co forno ó fondo e a porta enfronte, á longa
das outras dúas paredes estarían os "tendais" (pedras colocadas ó longo
facendo unha mesa e que serve para colocar o pan).
-Rectangulares pero con unha parede prolongada formando un
tellado, onde se gardaba a leña.
-Ovalados.
Os fornos situábanse xeralmente preto das fontes para ter a man a auga que se
utilizaba na súa limpeza, tamén se utilizaba esta auga en posibles
incendios. Construíanse no centro da aldea para que ficasen ó alcance de
tódolos veciños que os utilizarían. Hai algunhas aldeas que tiñan fornos por
barriadas, sendo estes de menor tamaño que os das aldeas onde só había un
forno.
DESCRIPCIÓN DUN FORNO TIPICO
Normalmente o tellado era a dúas augas, case sempre cuberta de "colmo"
(palla), tamén había fornos con cuberta de tella, sendo os primeiros os
preferidos pola xente debido ó baixo custe de mantemento (anque nestes
fornos resultaba moi sinxelo desatar un incendio debido ó uso da palla).
Partes do forno:
CAPOEIRA (Cuberta do forno)
CHAPILE (Viseira rompe lapas)
BOCA (Porta de acceso ó interior do forno)
CAPELA (Forno)
LAREIRA (Pedra onde se coloca o pan)
BURACO (Buraco para limpar as cinzas)
FORNALLEIRA (Lugar destinado para a cinza)
A parte do forno na que se cocía o pan presenta as seguintes partes: un
semicírculo chamado "capilla", unha boca
para o acender e para enfornar (depositar o pan), encima unha pedra saínte e
inclinada chamada "chapile", a súa función
é dete-las laparadas que se desatan no quentamento do forno e así evitar
incendios. Enfronte da "boca" hai unha louza chamada "lareira",
con un buraco no centro polo que se fai caer a cinza que se xera no proceso
de quentamento do forno, estas cinzas caen á "fornalleira",
lugar destinado ó almacenamento da cinza (moi apreciada para o estrume da
horta). O forno recóbrese por fora con pedras e barro. A parte superior do
forno chámase "capoeira" (este lugar
normalmente utilízase para almacenar leña). Ó lado do forno pode haber unha
mesa de pedra que recibe o nome de "tendal".
Normalmente o forno é de pedra, de laxe ou de ladrillo (construídos mais
recentemente e polo xeral pequenos e fáciles de quentar).
O andar do forno "lar" está feito con louzas de pedra labrada. A parte
na que se asenta a cúpula está feita con unha serie de pedras chamadas "alzas"
que forman unha especie de tambor. A cúpula faise con pedras denominadas "boutas".
A boca do forno pode ser rectangular aínda que acostuma ser frecuente que
este oco sexa dunha peza de pedra en forma de arco. A porta acostuma ser de
ferro, pero tamén atopamos algunha louza de pedra (difícil de manexar) que
se asenta contra a boca. A porta selábase para evitar perdas de calor cos
excrementos da vaca. (hoxe en día acostúmase utilizar fariña).
Os fornos ademais de face-lo pan con sabor único, tiñan encomendada a función
de servir de refuxio (para durmir) ós peregrinos e ós pobres, sendo este o
motivo de que nunca se pechaba a porta dos fornos.
Hoxe en día son poucas as persoas que utilizan está singular construcción para
coce-lo pan artesanalmente, pero son moitos os que os utilizan para facer
asados de carne (normalmente en días de festa) o que lle dá ó forno a vida
de antano e este agradécenolo deixando na comida un sabor característico que
fai as delicias de calquera comensal.
Mónica Beatriz Suárez Groba
Bibliografía consultada: "Galicia 2000: A
arquitectura popular galega"; Xunta de Galicia.
www.galespa.com.ar