De profesión afiador: elementos do oficio e espacios de vida
por Xosé Antón Fidalgo
Santamariña
Artigo publicado na revista "RAIGAME",
Nro. 5, Novembro 1997 (editada pola
Asoc. Castro Floxo de Ourense,
impresa pola Dep. de Ourense)
XOSÉ ANTÓN FIDALGO
SANTAMARIÑA:
Sobrado dos
Monxes, Coruña, 1946 Doutor en filosofía e Profesor titular de Antropoloxía
Social na Universidade de Vigo: Campus de Ourense; é membro da Sección de
Etnografía do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos do C.S.I.C e da
European Association of Social Anthropologists (EASA). Entre as súas
publicacións atópase a obra Antropologia de una parroquia rural (Ourense, 1988),
que mereceu o premio Otero Pedrayo 1984, O Afiador (Ir Indo, 1989) e as
compartidas Traballos Comunais no mundo rural (Ourense, 1987) e Cinco profesións
ambulantes ourensáns (Ourense, 1988).

Debuxo: Luis Cid
Nas sociedades tradicionais as xentes a penas renovan as súas ferramentas
cortantes, as súas navallas barbeiras, as tesoiras e demais artigos de
coitelería, e precisan dos servicios do popular afiador ambulante, que chega a
todas partes portando o instrumento de traballo típico, a roda de afiar, e a
técnica artesá na punta dos seus hábiles dedos.
Na práctica cotidiana do oficio, o afiador ambulante presentouse historicamente
como un modesto artesán que percorre co instrumento de traballo as aldeas, pobos
e cidades importantes afiando calquera utensilio de punta e fio que lle
presentan os clientes.
Entre o colectivo dos afiadores ambulantes galegos un bon número deles tamén se
adican a recomponer recipientes de barro e, sobre todo, paraugas, de aí o nome
de afiador-paragüeiro que tamén se lles dá. Trátase dun profesional que no
desenrolo da súa especialidade aparecen implicados os tres elementos que lle
confiren a súa especial peculiaridade, e sobre os que imos deter a nosa
atención.
Ditos elementos son:
a)
O
instrumento de traballo ou
"Roda de Afiar".
b) A técnica específica do Afiador tradicional.
c) O personaxe popular que fai efectiva esta técnica sobre o típico instrumento
profesional, a roda de afiar, nos espacios de acción profesional.
No desenvolvemento práctico da súa actividade artesan, o afiador ambulante
tradicional combina estes tres elementos de tal xeito que chegan a constituir
unha auténtica simbiose técnica, que imprime, ao oficio que practica, ese
tipismo que lle deu identidade propia e sobrada popularidade.

unha das primeiras representacións do
instrumento atribúese ao ourensano Antonio Puga que, no século XVII, deixou
constatada a imaxe do noso afiador ambulante nun cadro que se conserva no museo
de Ermitage de San Petesburgo.
1.- A "Roda de Afiar":
O principal instrumento do afiador ambulante galego é a Roda de afiar,
tamén chamada
"tarazana", carretón, afiadora, máquina de afiar, e vehículo
de afiar. Desde o inicio do século XVI os gravadores e imaxineiros alemáns,
ingleses, franceses, italianos e españois, deixaron constancia das pegadas
fisicas das rodas de afiar que estes profesionais empregan no esenvolvimento do
oficio, nas prazas e rúas das cidades máis importantes dos paises que visitan,
circunstancia que hoxe posibilita coñecer a súa evolución até as formas que
presentan na actualidade.
Aínda que de configuración arcaica e nada adaptada para circular polos camiños,
si podía o profesional transportalo dun lado a outro polas rúas empedradas das
nosas cidades e vilas de fai tres séculos. Outra variante da roda de afiar é a
que aparece nun interesante debuxo do século XVIII da autoría do valenciano
Antonio Casasnovas, no que aínda que a "Roda" aparenta ser pesada, xa é posíbel
transportala sobre os ombreiros, condución que permite ao profesional unha maior
mobilidade.
Moitos outros observadores deste popular personaxe recolleron o seu instrumento
de traballo, no decurso dos séculos XIX e XX, nos lugares máis variados do chan
ibérico. Neste sentido, é obrigada a cita daquela imaxe que aparece no cadro "El
Afilador" (1808-1812) do universal Francisco de Goya, ou a figura que reproduce
o fino lapis de Federico Guisasola, en 1880, e o pontevedrés Agustín Portela en
1906, até as máis recentes imaxes do personaxe coa roda de afiar que reproduce a
obra doutro colectivo de observadores, escultores e pintores galegos, que se
teñen ocupado de deixar constancia dos rasgos máis salientábeis deste lexendario
e popular personaxe, o afiador ambulante tradicional. A diferencia de outros
colectivos de afiadores ambulantes, como os austro-húngaros dos que nos fala
MayerhoferC.:"Dorfizjenner" en .: "Dorfizjenner" en Estudes Tsiganes, nº1. 1988,
que construían as súas propias rodas de afiar, os afiadores tradicionais de
Galiza autoabastécense de rodas de afiar en talleres de carpintería que dominan
a técnica de construcción do instrumento. Un destes primeiros talleres, do que
temos referencia na provincia de Ourense, no que se construían rodas de afiar
tradicionais, foi, -segundo os datos aportados polos informantes-, o nomeado "taller
de Liñares", asentado na aldea de Liñares (Nogueira de Ramuín, 67 ~
Ourense).
Se facemos caso da información dispoñíble sobre o taller, semella que foi desde
el, que a técnica se difundiu a outros localizados dentro e fora da provincia de
Ourense a través dos sucesivos operarios que se independizaron e instalaron o
seu propio obradoiro de carpintería noutros lugares. Os vellos "naceiros"
(mestres-afiadores) encargaban as rodas de afiar directamente a estos artesanos
coñecidos, que o construían á medida, e os afiadores xóvenes e algúns "mutilos"
(aprendices do afiador) con ánimo de independencia, soíano mercar usado a algún
vello "naceiro" decidido a abandonar o oficio ou ben a prescindir da roda usada
para mercar unha nova.

Afiador faenando na rúa. Gravado de F. de Guisasola (1880)
Un examen de conxunto dos instrumentos de traballo do afiador ambulante aos que
tiven acceso, durante un tempo de investigación do tema, permite distinguir os
diferentes modelos que se sucederon durante a xa dilatada historia profesional
do colectivo de afiadores galegos. As primeiras rodas de afiar citadas polos
informantes son as "Tarazanas" (rodas de afiar portatis). Constitúen antigos
instrumentos de traballo dos afiadores galegos, que transportaban dun lugar a
outro sobre os ombros. Aparecen asociadas a un egrexio colectivo de "afiadores
lexendarios",que seguen conservando o honor de telas recibido de profesionais do
oficio foráneos. Constátase que unha destas "Tarazanas" portatis -a primeira da
que se ten noticias certas-, entrou na provincia ourensana "para ser reparada no
taller de Liñares", e que nel "confeccionan unha maqueta dela" que logo
empregarían os operarios para reproducila.
Máis tarde, estos operarios introducíronlle as modificacións pertinentes que
posibilitaron o seu transporte a rastras, empuxándoa. Nacía así a hoxe popular
"roda de afiar tradicional", que moi pronto se xeneralizou entre os compoñentes
doutro antigo colectivo de afiadores ambulantes que os informantes agrupan baixo
o nome de "vellos naceiros'". Anque segue sendo considerada como a roda de afiar
máis clásica, se otorgamos credibilidade ás testemuñas dos nosos informantes
máis versados, este modelo de "tarazana" non supera os cento cincuenta anos. A
súa adecuación ás esixencias de quen traballan nas áreas xeográficas diferentes
traduciráse en outras tantas pequenas variacións do modelo patrón axustadas a
estas necesidades.
Transcurrido o primer cuarto do actual século XX, todas estas versións da roda
de afiar inician unha competencia desigual cos novos modelos de bicicleta.
Trátase do "vehículo de afiar" preferido polos afiadores máis innovadores,
integrados no colectivo dos chamados "novos naceiros". Pero tal como acontecera
co instrumento precedente, pronto surxirían diferentes variantes deste modelo
básico de bicicleta profesional que se adaptan aos gustos e obxectivos
profesionais de quen as solicitan. Pola súa parte, a introducción deste modelo
de instrumento de traballo pode considerarse importante na historia do
oficio,por canto con el invírtese por primeira vez a relacción que o afiador
ambulante viña establecendo coa súa ferramenta principal de traballo, ao deixar
de ser o afiador quen deba transportala sobre as súas costas ou rodando polo
espacio de acción profesional, en canto é o "vehículo de afiar" o que desde
agora transporta ao profesional a maior parte do traxecto, ademais de empregalo
no exercicio da súa especialidade.
A partir do ecuador do actual século, pero especialmente en toda a década dos
60, estos modelos de bicicletas profesionais soportarán a nova competencia das
modernas motocicletas que agora se extenden, con esmeriles e pulidores
instalados, ademais dun ou dous caixóns que se lles agrega para transportar
materiais e ferramentas. Trátase dunha máis actualizada "máquina de afiar",
preferida por quen integran o grupo dos "últimos aprendices", nome que se lles
aplica por ter recollido a técnica e "secretos" do oficio do colectivo de "novos
naceiros" que lles precedeu, sen que eles poidan xa transmitilos por carecer de
aprendices dispostos a continuar esta tradición artesana. Moitos dos que todavía
seguen traballandocontinuaron mellorando esta "máquina" profesional con novas
adaptacións até introducir, na década dos 80, o último vehículo profesional que
chaman "coche taller" do afiador. Trátase dun confortábel automóvil con furgón,
no que algúns afiadores ambulantes transportan a súa "roda de afiar" tradicional
até os lugares de traballo, pero a maioría leva instalado un auténtico taller
ambulante cos materiais e erramentas apropiadas para un eficiente desenrolo da
especialidade, sobre un amplo radio de acción profesional.
2.- A técnica artesana específica:
Por canto a técnica de traballo os afiadores ambulantes galegos recibírona
directamente doutros "naceiros" (afiadoresmestres) aos que acompañan
algún tempo. Ás veces eran os mozos pobres da "chaira" ou os seus
familiares máis achegados, quen se achegaban a estos "naceiros" coñecidos, para
que lles aceptasen como compoñentes do seu microgrupo profesional. Outras veces
son os mesmos "naceiros" os máis interesados en rodeárense dalgúns aprendices
aos que se encargarán de explotar durante o tempo que permañezan na súa compaña.
Mentras se permañece fora da "chaira" os compoñentes destas células ambulantes
traballan codo a codo uns como "mestres-afiadores" e outros como afiadores en
potencia. Todos asimilaban a técnica e modo de vida participando dunha cultura
común, provista duns reglamentos e unhas diferencias estatutarias con vigor só
entre os membros destos microgrupos profesionais. Da transmisión das habilidades
técnicas propias do oficio, o mesmo que dos códigos de conducta internos ao
microgrupo, dos hábitos de apoio e solidaridade, da xerga espe cial de oficio,
etc, ocúpanse os vellos mestres ambulantes afiadores e aqueles aprendices cunha
maior destreza e experiencia ambulante, de tal modo que o neófito vaia avanzando
gradualmente nas habilidades do oficio e na asimilación das principais
convencións, regras, e aspectos básicos do modo de vivir, pensar, e ser un
afiador ambulante. "Evitar meterse en problemas" coa poboación residente, "dar a
razón ao cliente".
Transcurrido o primer cuarto do actual século XX, todas estas versións de roda
de afiar tradicional inician unha competencia desigual cos novos modelo sde
bicicleta que agora "non practicar o engaño entre os compoñentes do grupo",
"axudar a sair do problema no que un colega se metese", "obedecer ao "naceiro"
mentras se permañeza baixo a súa tutela", aparecen como outras tantas regras
básicas de conducta que os aprendices de afiador deben interiorizar xunto coas
técnicas profesionais, anque, se fago caso de todos os informantes de que
dispoño, non sempre a súa conducta se axustara a elas. Tamén nas miñas notas de
campo aparecen frecuentes alusións a "naceiros" con fama de irascibles e
mezquinos para cos seus "mutilos" aos que, unha vez fora a "chaira" natal,
chegaban a tratar como se foran seus escravos. A súa autoridade sobre eles era
total. Facíaselles transportar a roda de afiar coas ferramentas de traballo até
os povoados, visitar as casas pedindo traballo, e mendigar comida que debían
entregar aos amos. Tal como apuntan varios informantes: "algúns "naceiros" até
nos forzaban a abrir a boca para comprobar se no camiño nos coméramos algo do
que as "belenas" (amas de casa) nos tiñan dado", e, tamén, "revisábannos os
bolsillos mentras dormíamos para ver se nos quedáramos con algo do que
cobrábamos", polos traballos entregados.Nos tempos clásicos desta ambulancia
galega, que polos nosos datos situamos no derradeiro cuarto do século pasado e
na primeira metade do actual, estos aprendices vivían do que mendigaban nos
lugares que visitaban. Pola súa colaboración, os amos nada lles pagaban, e a
sucieade e miserias de toda clase eran as súas fieles compañeiras da forzada
viaxe. Inmersos en tan particular contexto, o proceso de aprendizaxe das
técnicas e cultura de oficio do afiador ambulante galego, iba transcurrindo
sempre conformado a unhas fases progresivas durante as que estos "mutilos"
conseguían asimilar as variadas habilidades técnicas e "secretos" propios da
especialidade. Pero para alcanzar un dominio completo da técnica artesana, ao
neófito deberá gustarlle este modo de vida, amar a profesión e sentirse
realizado practicando este oficio para permañecer moito tempo nel. Cando se dan
estas actitudes pódese dicir que nos achamos ante un potencial afiador artesano
con ribetes de artista, que empeza moi cedo a lucir o seu estilo propio na forza
e no ritmo que imprime o seu pé sobre o pedal da "tarazana", no coñecemento das
cualidades fisicas dos utensilios que lle son depositados para reparar, na
colocación e no temple dos seus dedos, na concentración e nos xestos expresivos
de desagrado, satisfacción e doutra clase que imprime mentras desenrola o seu
traballo, nos movimentos que fai, nas conversacións que sostén cos variados
clientes sobre os espacios de acción profesional.
3.- O personaxe ou profesional da ambulancia:
Os afiadores ambulantes galegos puxeron en práctica as súas técnicas de traballo
e a súa destreza no manexo do oficiosobre todo como profesionais independentes.
Nos tempos tradicionais chegaban, regularmente, aos diferentes enclaves de
traballo transportando a súa roda de afiar portátil e coa técnica artesna na
punta dos dedos. Non faltaron vellos afiadores informantes aos que lles agradaba
Pero paraalcanzar un dominio completo da técnica artesana, ao neófito deberá
gustarlle este modo de vida, amar a profesión e sentirse realizado practicando
este oficio para permañecer moito tempo nel. mostrarse como uns verdadeiros
heroes do camiño, que ocuparon a maior parte da súa vida activa recorrendo as
comarcas máis diversas da nosa xeografía antes de decidirse por traballar nos
países de Hispanoamérica. Un 25 por cento do máis do centenar de afiadores
entrevistados reveláronme ter traballado de afiador nalgunha cidade de
Iberoamérica, despois de facelo algún tempo por Galiza e outros territorios de
España e Portugal.
Pero onde fora que chegasen practicando o oficio, o seu ritmo de vida e
traballo foi semellante. Unha vez fora da "chaira", a súa xornada de traballo
transcurría empuxando a súa "tarazana" polas estradas que desembocan nas cidades
e vilas, e polos camiños carreteiros que levan aos máis alonxados povoados de
montaña. Non todos os afiadores galegos cos que contactei mostraron preferencias
na orientación das súas saidas profesionais. Aqueles oriundos do municipio de
Nogueira de Ramuín (Ourense), e colindantes, sentiron unha maior inclinación
polas cidades e comarcas rurais de Galiza e do Norte de España e Portugal.
Pola súa parte, os afiadores de Castro-Caldelas (Ourense), e localidades do seu
entorno, tiveron unha maior predilección por povos e cidades do centro e sur
peninsular. Estos diferentes ámbitos de traballo van a ter moito que ver cos
servicios que uns e outros chegan ofrecendo aos seus clientes ocasionais. Así,
quen recorrían a Iberia húmida salpicada de asentamentos rurais dispersos e
tradicionalmente aillados,unen moi a miúdo o seu oficio de afiador aos de
paragüeiro e lañador como un modo de facer máis rentabeis as súas saídas
profesionais; e quen se recorreron a Iberia seca empregaron o tempo case en
exclusiva reparando os máis variados obxectos de punta e fío, castrando gatos e
outros animais domésticos caídos en desgracia, e ofrecendo aos seus clientes un
limitado mostrario de productos de tocador, utensilios de corte e artículos de
bisutería. Con todo, aínda deixando constancia desta diferente ocupación de
ambos colectivos, debo engadir que ningún rechazará nada do que un cliente lle
presenta para reparar. Nos espacios de traballo, especifican, "non se dicía
nunca que non se sabía" e " a todo se atrevía un", ao obxecto de maximizar até o
posíbel as súas ausencias transitorias da "chaira" (terra) natal ourensana.
Como é lóxico pensar, tamén o xeito de elexir e de se introducir nos enclaves de
traballo, a extensión dos mesmos, a frecuencia das visitas ao fogar
familiar, a repetición das saídas de traballo, etc., varían segundo as
circunstancias persoais de cada profesional, e é pouco o que se pode xeralizar
para todos os afiadores ambulantes oriundos de Galiza. Con todo, sobresaen
certos rasgos que considero de interés consignar. A saber:
1.- Unha vez determinada unha zona de traballo, o principal empeño do afiador
ambulante oriéntase a se facer coñecidodos seus habitantes até conseguir que
éstos lle consideren "como un máis" deles. Lograr este obxectivo é dificil pero
quen o conseguen ven incrementada a rentabilidade da saída estacional. Os
clientes até agora ocasionais, consolídanse convertíndose en persoas coñecidas
que valoran o seu bon facer artesano, respectan a súa persoa e agardando a súa
chegada, xa quelle teñen reservado traballo. Sempre que se dan estas
circunstancias a estancia polos diferentes asentamentos a se converter en algo
agradábel.
Propiedade:
Máximo Vázquez ou Xosé González, bisavós de Florencio de Arboiro.
Lugar de orixe: Arboiro-San Xoán de Río-Ourense. Traballou en: Por toda
Castilla. É a roda máis antiga da colección, de finais do século XVIII. É unha
máquina de afiar que non pode rodar, polo que saía de Arboiro ben ao lombo do
afiador ou ben nun burro e botaba periodo de até máis dun ano fora da casa. Co
paso do tempo, os afiadores desplazaron a roda para adiante, posibilitando que
rodara, evitando deste xeito ter que cargar con ela.
Debuxo: Luís Cid
2.- Con respecto á extensión da área xeográfica que un afiador ambulante chega a
cubrir nas saídas profesionais non é fixa, e semella dificil achar un criterio
capaz de delimitala con claridade. Se tomamos en consideración as referencias
que fan da súa área os afiadores ambulantes que consultei, diríamos con eles que
un área de traballo "é pequena ou é grande segundo se considere". Un dos
informantes enxuiciaba así a que el recorreu traballando durante a súa vida de
afiador: "Pódese dicir (que é) moi grande porque en cuestión duns meses movíame
dun lado a outro de España. Podemos dicir (que é) moi pequena porque acostumaba
a traballar nos portos, e un porto é unha zona moi pequena" (exafiador de
sesenta e nove anos. Loña, Nogueira de Ramuín).
Con todo, en base aos datos proporcionados polos informantes, pódese reconstruir
os tres prototipos seguintes de áreas de traballo que recorreron os afiadores
ambulantes oriundos de Galiza, e que denominarai As áreas de acción de
largo alcance, As áreas de acción de alcance medio, áreas de acción de reducida
extensión.
a) As áreas de acción de largo alcance, propias de aqueles afiadores que nunca
se preocuparon por poñer un rumbo definido ás súas saídas profesionais, nen de
concretar a data de retorno ao fogar familiar. Nestes casos, os seus recorridos
profesionais consistían nunha itinerancia de tipo pendular de grande alcance,
cunha primeira fase de progresivo alonxamento da "chaira" até chegar traballando
ao punto máis distante, desde o que se inicia outra de aproximación á "chaira"
até chegar a un asentamento en que decide viaxar directamente ao fogar. O tempo
invertido no fai esta modalidade de percorridos pode ser duns meses, uns ano s,
e, aún de toda unha vida. En cada asentamento urbano ou rural do camiño, o
profesional facía notar a súa presencia co característico pregón de oficio, e o
florido sonar do seu chifle profesional. Mesóns de acollida de
transeúntes, pensións e fondas humildes, casas de confianza, palleiros e
cobertizos rurais convértense para eles nuns estimados refuxios onde pernoctar,
difundir as novidades e intercambiar os seus "secretos" de oficio na súa xerga
especial, "o
barallete", con outros afiadores e demais ambulantes coñecidos
oriundos da "chaira". Verdadeiros heroes anónimos de historias aún non escritas,
algúns destes afiadores conseguiron visitar medio mundo levando como seguro
inseparábel a roda de afiar, e os recordos da súa "chaira" como leais
compañeiros do camiño.
b) As áreas de acción de alcance medio, resultado xeralmente da división dunha
previa "área de acción de gran alcance".
Decididos por un sector xeográfico máis ou menos amplo que lle ofrece
posibilidades de traballo, o afiador dedica
a tempada a percorrelo desde algunha localidade onde habitualmente conserva
habitación, lávanlle a roupa e proporciónanlle comida.
c) Por último están as áreas de acción de reducida extensión, propias do
conxunto de afiadores que optan por traballar soamente os núcleos urbanos e os
seus arredores, ou nalgún barrio dunha grande cidade a onde chegaron un día e
botaron raíces. Para estes afiadores que un día decidiron facerse sedentarios e
trasladar alí a súa familia, o que antes era a súa área de acción convértese
desde agora en área de clientela que lle trae a recompoñer os utensilios
domésticos.
No seu taller permanentemente instalado en calquera barrio de capital de
provincia, o afiador repara os utensilios de corte ao centrais de invemo antes
de reanudar a súa actividade profesional, tempo que suministra uns variados
artículos de coitelería e de agasallo. Noutros casos estes profesionais inverten
unha parte da xornada atendendo a súa clientela nas carnicerías, pescaderías,
restaurantes, hoteis, residencias, colexios e domicilios particulares, ante os
que instalan o seu típico instrumento despois de ter identificado a súa
presencia por medio do "arpegio" típico que xurde do seu "apito" (frauta), e o
seu exclusivo pregón deste tipo: "Afiador, afía coitelos, tesoiras,
navallas. O afiadooor", que emite de viva voz.

3.- Tocante á frecuencia das visitas ao fogar desde as áreas de traballo, é
tamén pouco o que se pode considerar válido para todos os afiadores ambulantes
oriundos de Galiza. Pódese tomar como norma que canto máis lonxe van a traballar
menos visitas fan e máis tempo permañecen nel cando a realizan. Quen traballaron
en cidades e localidades moi alonxadas, radicadas no teritorio peninsular, soían
visitar a familia unha ou dúas veces ao ano: Unha no verao, durante os meses de
Xullo e Agosto, unha vez rematada a reparación das ferramentas de corte que
empregan os campesiños nas
segas de cereais e de herbas, e con motivo de contribuir á realización dos
traballos estivais do campo, asistir ás festas patronais, e ás romarías que se
celebran nos santuarios da comarca de orixe. A outra faise a partir de mediados
de Novembro, en que os días curtos, fríos, e chuviosos fan moi duro e pouco
rentábel o traballo na rúa. Os afiadores aproveitan esta volta ao fogar para
realizar a "matanza" anual do porco, celebrar o Nadal en familia e deixar que
transcurran os meses centrais de invemo antes de reanudar a súa actividade
profesional.
Un aspecto máis para rematar: Os variados espacios de traballo sobre os
que o Afiador ambulante desenvolve o seu oficio artesano, a cotío e de sol a
sol, constitúen o mellor escenario sobre o que proxectar a súa figura física de
artesano e a imaxe social que a sociedade circundante se foi facendo del.
Tocante á primeira, trátase en todas as partes dun personaxe popular que aparece
evocándolle ao observador circunstancial unha dura historia persoal e unha
modalidade de existencia inconfundíble e nada invidiábel.
Respecto da imaxe social, o modo de vida que o caracteriza nos espacios de
traballo, tamén suscitou unha serie de xuizos sobre a súa persoa que
contribuiron á elaboración de estereotipos asociados á profesión e dos que aínda
non foron capaces de se liberar. Entre os negativos atópanse as asociacións que
se establecen entre afiadores ambulantes e campesiños pobres de “homes de
mundo”, portadores duns valores morais debilitados, que os levan a persoas nas
que un non debe confiar. Entre os positivos están aquelotras asociacións que
presentan os afiadores tradicionais como unhas persoas libres e sen ataduras,
amantes a toda costa da liberdade e portadores daqueles rasgos identitarios que
mellor definen aos membros do seu país natal, a saber: ruralidade, capacidade de
aforro, espíritu de sacrificio e afán de superación, entre outros moitos que
igualmente poderíamos constatar.

FLORENCIO MARTÍNEZ VÁZQUEZ, “FLORENCIO DE ARBOIRO”
1947, Arboiro, Ourense. Escultor e monitor de artes plásticas no Sanatorio
Psiquiátrico de Toén. Herdou do seu avó Nicanor o amor pola escultura, así como
o taller de Arboiro, lugar onde dun xeito autodidacta comezou a aprender esta
arte. Os seus materiais preferidos son a pedra e o bronce, e a súa fonte de
inspiración é a natureza, a vida da súa terra. Esto queda plenamente
representado na súa obra. Esculturas como a escola, o segador, o afiador, o
serranchín, as aguias, as meigas, dan exemplo da identificación de Florencio co
lugar que o viu nacer. Dentro desta compenetración naceu o interese por
recuperar ferramentas de traballo da nosa terra, e dentro destas ferramentas
unha en especial, A RODA DE AFIAR.
O autor deste artigo coa última roda recuperada para a súa colección.
Ler máis:
O "barallete", a lingua dos afiadores
Muiñeira do Afiador (Ben-Cho-Sey)
www.galespa.com.ar