A DENOMINACIÓN DOS DÍAS DA SEMANA

por César Camoira Vega

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

San Silvestre

 

 

 

 

 

 

I. INTRODUCIÓN

 

Minutos, seghundos, horas, días, meses... suma de intervalos naturais ou convencionais localizados nunhas coordinadas espaciais. Ou o que é o mesmo: os diferentes ghrans do TEMPO. 


Consonte as crenzas e as relacións do ser humano co entorno natural cada linghua tomará unha ou outra denominación para se referir a esas unidades cronolóxicas. Na linghua ghalegha temos dous exemplos claros acerca destes dous parámetros: a denominación tradicional dos meses, por unha banda, e, pola outra, o nome dos días da semana.


II. DESENVOLVEMENTO

En tempos pretéritos coexistían dúas nomenclaturas para facer referencia ós días da semana:

1. O sistema cristián utilizaba os determinantes numerais ordinais acompañados da verba FERIA.

"... S.Stephanus primus martyr revelatur
S.Presbytero Luciano die VI feria, quae fiut tunc III
Non. Decemb. in Hierosolymis S. Joanne Episcopo praesidente,...".
"FASTOS IDACIANOS" (ano 415) de Idacio Lémico

"Alani et Vandali et Suevi Hispanias ingressi,
aera CCCCXLVII Alii III Kal. alii III idus Octobris
memorant die, tertia feria,..."
"CHRONICON" de Idacio (ano 409)


2. O sistema paghán botaba man dos nomes das diferentes estrelas. A alusión ás diferentes deidades (luns / Lúa, martes / Marte, mércores / Mercurio, xoves / Xúpiter, venres / Venus) era a causa da utilización destes nomes. O que se acochaba tras esta referencia era o pensamento mítico-relixioso que asolaghaba cada un dos eidos vitais do ser humano. 


O compartimento do mesmo sistema numérico por parte de Galicia e Portugal débese a unha influencia eclesiástica e, quizais, poida datar da evanxelización de San Martiño na etapa sueva. 

Un testemuño sobre o uso da nomenclatura paghánica témolo nas "Etimoloxías" de San Isidoro onde se expoñían os motivos da divulghación do uso litúrxico e a actitude tolerante sobre as denominacións romanas por parte do autor.


A continuación fagho un pequeno resumo dos seus comentarios:


. O primeiro día recibe o nome do Sol xa que é a principal de tódalas estrelas.
. O seghundo día (LUNS) provén da Lúa debido á semellanza, ghrandeza e brillo deste corpo
estelar con respecto ó astro solar.
. O terceiro día (MARTES) vén da estrela Marte.
. O cuarto día (MÉRCORES) ten a súa denominación da estrela Mercurio.
. O quinto día (XOVES) recibe o nome da estrela Xúpiter.
. O sexto día (VENRES) provén da constelación Venus.
. O sétimo día procede da estrela Saturno.

San Isidoro continuaba comentando o motivo desta denominación por parte dos "xentís": "... os xentís deron estes nomes ós días da semana tomándoos das sete estrelas porque pensaban que ghrazas a elas recibían os seus bens [esta aseveración responde á asociación de cada estrela con determinados valores espirituais e materiais que facilitaban o perfecto desenvolvemento destes].


A esta altura é preciso debullar unha serie de puntos escuros sobre o eido das dúas nomenclaturas: 



SISTEMA NON CRISTIÁ

                       

- As denominacións paghás dos días da semana perderon o elemento inicial.
Exemplo: [*DIA] MARTIS > martes...


- O Papa Silvestre, no ano 316 d.C., prohibiu o empregho das denominacións paghánicas e sancionou como válidas FERIA SECUNDA, FERIA TERTIA... 

Presenza da nomenclatura paghá encontrámola nos seghintes documentos: documentos de Baiona e Pontedeume -SS.XIII e XIV-, un perghamiño de Antealtares -ano 1253-, as "Cantigas de Santa Maria", os diferentes cancioneiros medievais ("Cancioneiro da Biblioteca Nacional de lisboa", "Cancioneiro da Bancroft Library"...), o "Coronicon de Iria", a "General Estoria"...


SISTEMA CRISTIÁN
 

- Feria significaba, na súa orixe, "descanso" e "día de festa".
- O termo "ferias" aludindo a tódolos días da semana data do S.V debido, en boa parte, ó uso litúrxico. Covarrubias recolle un arghumento procedente, posiblemente, daquela época: "... porque en todolos días de la semana se realiza sacrificio a Dios".
- A denominación de "ferias" co paso do tempo pasaría a se referir ós mercados.



III. CONCLUSIÓN
 

Ademais das citadas nomenclaturas, tanto cristián como paghánica, cómpre ter en consideración o sistema
constatado nos calendarios vellos. Nestes almanaques o miolo residía na orde alfabética e, desta maneira,
establecíase unha vinculación entre o día da semana e as sete primeiras letras do alfabeto.

Para rematar este comentario é preciso indicar que na linghua ghalegha actual a reghresión do sistema cristián é absoluta, aínda que observamos a súa presenza en determinadas ghramáticas (de Saco e Lugrís) e dicionarios (como o actual dicionario da Real Academia Ghalegha), mentres que a nomenclatura paghánica ten un asentamento asoballador tanto no ámbito escrito como no terreo da oralidade.

 

 

  

www.galespa.com.ar