|
A sociedade galega
dos comezos do XX seguía a se caracterizar pola concentración do poder
económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal
e por unha crecente emigración que ía baleirando o país.
Aparecen
asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran
resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria de Acción
Gallega".
A toma de consciencia dos campesiños, fomentada polo seu acceso á
propiedade da terra, unida á evolución do galeguismo cara ó
nacionalismo, provoca un salto cualitativo na utilización da língua.
Entre todos aqueles homes e mulleres de Galicia, solidariamente,
mantense a idea de que a lingua galega constitúe unha reivindicación
primordial. Trátase do máis rico tesouro do pobo galego. O día 5 de
xaneiro de 1916, Antón Villar Ponte, dende a Voz de Galicia, comeza unha
campaña a favor da creación dunha
Liga de Amigos do Idioma Galego.
As ideas do Provincialismo e do Rexionalismo tiñan o seu eco nesta
proclama e así, o 18 de maio de 1916, nunha reunión na Real Academia
Galega, acórdase a creación da Irmandade dos Amigos da Fala. A
Nosa Terra, nesta segunda época, presentábase como "O boletín, o vocerio
do ideario das Irmandades da Fala en Galicia e nas colonias galegas de
América e de Portugal"
As
Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación e
cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916.
Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia
(Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago..). Para difundiren o seu ideario
editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra.
Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada
Diéguez, Vicente Rísco, Ramón Cabanillas, etc.

En 1916 na casa número 38 da rúa Real (A Coruña) dos irmáns Antón e
Ramón Vilar Ponte créanse "As Irmandades da Fala"
Cortesía de Foto Blanco
En 1918 celebran a "I Asamblea Nazonalista Galega" que tivo como
conclusións a reivindicación da autonomia integral, a oficialización da
língua e o pedimento de inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de
Xenebra.
No ano 1920, o 25 de xullo, celébrase por primeira vez o
DÍA DE GALICIA. Vicente Risco expresou daquela que o día do
Apóstolo constituía a festa da Patria Galega, a festa nacional de
Galicia. Os días 30 e 31 de agosto, no Balneario de Mondariz, a Real
Academia Galega recibe como membros a Rei Soto e a Ramón Cabanillas.
Xa no século XVIII, xorden as voces de denuncia dos chamados
"ilustrados", que demostran a súa inquedanza polo subdesenvolvemento de
Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e
cultural. Créanse organismos como as Sociedades Económicas de Amigos do
País e a Academia de Agricultura do Reino de Galicia.
Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta con forza a
figura do Padre Frei Martín Sarmiento, personaxe polifacético
(naturalista, linguista, bibliófilo...) que defendeu o uso do galego no
ensino, na Administración e na Igrexa, isto é, a súa normalización como
língua propia dos galegos. O contexto socio-político contrasta coa
prolífica actividade cultural. A sociedade galega dos comezos do XX
seguía a se caracterizar pola concentración do poder económico en
sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha
crecente emigración que ía baleirando o país.
Aparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e
acadan gran resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria
de Acción Gallega".
As
Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios e gramáticas,de
estubios linguísticos e reivindicaron a presencia do galego na
Administración e no ensino. Déronlle pulo á actividade editorial nas
principais cidades galegas: Céltiga en Ferrol, Lar na Coruña,Alborada en
Pontevedra, e moitas outras,ademais de frecuentes seccións en galego na
prensa en castelán. Neste contexto aparece a revista Nós, da man de V.
Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, que conforman o coñecido
"Grupo Nós". A eles lígase a figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Os membros de "Nós", cunha ampla formación intelectual, marcan como
finalidade a eliminación do lastre folclorista da cultura galega,
mediante a súa actualización, normalización e universalización. A
revista contaba coa colaboración de autores estranxeiros (portugueses,
irlandeses, cataláns, franceses...), que a poñían en contacto coas
correntes europeas, ademais de traduccións variadas e artigos, tanto de
carácter científico (arqueoloxía, etnografía, antropoloxía,
socioloxía...) coma literarios.
A obra literaria destes intelectuais, que recuperan campos como o
ensaio, outórgalle á prosa galega un grao de desenvolvemento pleno e
integra a nosa cultura no contexto europeo: Arredor de si, Devalar ou Os
camiños da vida, de Ramón Otero Pedrayo e Os europeos en Abrantes e O
porco de pé, de Vicente Risco, son títulos que forneceron a nosa
literatura de novas técnicas de creación que se estaban a desenvolver na
literatura europea incorporándolle temáticas universalistas, lendarias e
exóticas, urbanas e pensamentos filosóficos.
A feble tradición do xénero dramático recibiu un pulo coa creación,
desde as Irmandades, do Conservatorio Nacional de Arte Galega, en 1919,
que logo pasa a ser Escola Dramática Galega.
Os movementos europeos de vangarda inflúen de maneira importante na
producción poética galega. Os autores da chamada "Xeración do 25",
(Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey) demostraron unha grande
vontade de orixinalidade creativa, que pasa polo enfrontamento aberto
coas formas tradicionais de poesía.
Merece mención á parte a figura polifacética de Castelao, clásico da
literatura galega en tódolos
xéneros que cultivou: novela, teatro, narrativa breve e ensaio político
(Sempre en Galiza, obra mestra do pensamento nacionalista galego) e
outros titulos que reflicten conxuntamente a súa capacidade como
debuxante e literato. A figura de Castelao entraña unha grande
significación política plasmada na súa obra ensaística e na súa
participació nactiva e directa na política do país (foi deputado da
República nas filas do Partido Galeguista).
En 1931 créase o Partido Galeguista,que consegue a aprobación do
Estatuto de Autonomía de Galicia, no que a língua galega adquire por vez
primeira o recoñecemento de "idioma oficial de Galicia". Este
logro importantisimo non chegou a ter aplicación na práctica por mor do
estoupido da Guerra Civil (1936), que supuxo o principio da máis crúa
etapa para as línguas minorizadas do Estado español.
** Fontes de información: CRTVG,
www.crtvg.es
(Esp. Día das Letras Galegas) e
www.diadasletrasgalegas.com
|