|
25 de Xullo : Día da Patria Galega

O 25 de xullo celébrase o día do
noso país.
É
unha data de
fondo contido histórico que supón, en palabras de Castelao:
"a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".
"Cando
a Santa Compaña de inmortaes galegos, que acaba de pasar por diante da nosa
imaxinación, se perde espesura d-unha foresta lonxana, con esa mesma imaxinación
veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de
cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres
innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum
insobornabel da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma
que en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e
costumes, i en fín, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas
centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolle a
todal-as cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito, co que pode
dialogar o noso corazón antigo e panteita. Elas son as que gardan e custodian,
no seo da terra-nai, os legados múltiples da nosa tradición, os xerms
incorruptibeis, da nosa futura hestoria, as fontes enxebres e purísimas do noso
xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos
traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i en fín, a espranza celta,
que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o
que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre.
Velahí o que eu quería dicir n-este Día de Galiza, en loubor da nosa Tradición,
por riba da nosa Hestoria, a todo-los galegos que residen n-esta terra que para
nós é a segunda patria. E nada máis, amigos e irmáns.
Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume
nunca deixe de quentar os vosos fogares."
(CASTELAO, discurso "Alba de Groria" - Bos
Aires, 25 de xullo de 1948).

Escudo deseñado por Castelao
Fonte:
www.vieiros.com
www.galespa.com.ar
|